Saltar ao contido

Banato Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 22 de maio de 2022 ás 22:34 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.7)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Средњебанатски округ
Srednjebanatski okrug
Banato Central
Siuación
Situación do distrito en Voivodina.
Situación do distrito en Voivodina.
Siuación do distrito do Banato Central en Voivodina.
Administración
Capital Zrenjanin
Comisionado s/d
Municipios 5
Asentamentos 55
 - Cidades e vilas 4
 - Pobos 51
Sitio oficial
Estadísticas
Superficie 3 256 km²
Poboación (censo 2002) 208 456
 - Densidade de poboación 64,0 hab./km²
Vojvodina
Municipios do distrito do Banato Central.
Mapa étnico do Banato Central (censo de 2002.
Distritos de Voivodina.

O Banato Central (en serbio Средњебанатски округ, Srednjebanatski okrug), é un distrito do norte de Serbia, na povincia autónoma de Voivodina, na rexión do Banato. A súa poboación en 2011 era de 186 951 habitantes.[1] A capital do distrito é Zrenjanin.

Ademais do nome serbios citado anteriormente, o distrito coñécese en croata como Srednjebanatski okrug, en húngaro como Közép-bánsági körzet, en eslovaco como Sredobanátsky okres, en romanés como Districtul Banatul Central e en ruteno como Стредобанатски окрух.

Municipios

[editar | editar a fonte]
Nome Superficie
(en km²)
Poboación 2002 Poboación 2011 [2] Estatuto
Žitište 525 20.399 16.786 Municipio
Zrenjanin 191 132.051 122.714 Cidade
Nova Crnja 273 12.705 10.222 Municipio
Novi Bečej 609 26.924 23.847 Municipio
Sečanj 523 16.377 13.282 Municipio
Total 3.254 208.456 186.851

Demografía

[editar | editar a fonte]

De acordo co censo de 2002, no distrito vivían:

No distrito hai moitos edificios que destacan pola súa beleza: a igrexa ortodoxa da Asunción, construída en 1746; a igrexa católica de Arač, que data do século XIII, e a catedral católica, de 1868.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do distrito é diversa: industria, agricultura, forestal, industria da construción e transportes. La rama principal é a industria alimentaria, integrada no complexo industrial "Servo Mihalj" - Combine.

Outras industrias de produtos derivados da agricultura son a cerveceira "ZIP" DD, o DD "Luxol" industria química e do azucre.

Porén, moitas instalacións están en moi malas condicións, excepto a industria petroleira de "Dijamant" e a central leiteira de "Mlekoprodukt".

A cidade de Zrenjanin era o cuarto maior centro industrial da antiga Iugoslavia.

  1. Oficina Estatística da República de Serbia (en serbio), (en inglés) Consultada o 12/1/2012.
  2. Statistical Office of the Republic of Serbia Arquivado 24 de marzo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/1/2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]