Saltar ao contido

Los protegidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de abril de 2022 ás 18:40 por Estevoaei (conversa | contribucións) (retiro ligazón externa xa tomada de Wikidata e ligazón rota)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Los protegidos
FormatoFantástico-Drama
IntérpretesAntonio Garrido
Angie Cepeda
Ana Fernández
Luis Fernández
Mario Marzo
Priscilla Delgado
Daniel Avilés
Maxi Iglesias
Gracia Olayo
Esmeralda Moya
Javier Mendo
Raúl Mérida
María Cotiello
Roger Coma
Manuel Navarro
Óscar Ladoire
Eduardo Espinilla
Marta Torné
País de orixeEspaña España
Episodios41
Produción
Duración80 min. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeAntena 3
Primeiro episodio12 de xaneiro de 2010
Derradeiro episodio13 de xuño de 2012
Na rede
http://www.antena3.com/series/los-protegidos
IMDB: tt1534370 Filmaffinity: 599998
Facebook: A3losprotegidos Twitter: a3losprotegidos Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Los protegidos foi unha serie de televisión producida por Ida y Vuelta para a cadea nacional privada Antena 3, e que se estreou o 12 de xaneiro do 2010, inda que a cadea a preestreou o día anterior na súa páxina web.[1] A serie combina elementos de drama e fantasía e foi unha das series revelación da tempada televisiva 2009/2010.

A primeira tempada finalizou o 12 de abril do 2010 cunha media de 3 360 000 de espectadores e cun 18,1% de share. O 16 de xaneiro de 2011 estreouse a segunda tempada, que contou coa incorporación de Maxi Iglesias e coas baixas de María Cotiello e Roger Coma. Devandita tempada finalizou o 17 de abril, cunha media de 3 025 000 espectadores e cun 16,1% de share.

A terceira e última tempada tivo 14 capítulos e novas incorporacións como Marta Torné, Javier Mora, Marta Calvó, Natalia Rodríguez, Luisa Gavasa e Angy Fernández, aínda que tamén baixas como as de Angie Cepeda, Maxi Iglesias, Esmeralda Moya e Javier Tolosa. A tempada, promocionada como El Origen estreouse o 8 de marzo de 2012 e acabou o 13 de xuño do mesmo ano.

Os protexidos narra a historia dunha serie de persoas que viven na localidade ficticia "Valle Perdido" facéndose pasar por unha familia, os Castillo Rey. O motivo, os poderes sobrenaturais que bardante os "pais", posúen os membros desta familia. Devanditos poderes, fan que os rapaces sexan perseguidos por un grupo de persoas con intencións descoñecidas.

Os seus membros son Mario (Antonio Garrido) e o seu fillo Carlos (Daniel Avilés), un neno que domina a telecinesia; Jimena (Angie Cepeda), cuxa filla Blanca, dotada de poderes precognitivos, foi secuestrada pola xente dos que se acochan; Cobra (Luis Fernández), un adolescente coa capacidade de se facer invisible cando lle pete; Sandra (Ana Fernández), posuidora dun poder relacionado coa electricidade; e a pequecha Lucía (Priscilla Delgado), filla adoptiva dun traballador social e que ten a habilidade de le-los pensamentos das persoas. A posterior chegada de Lucas (Mario Marzo), un rapaz de 14 anos coa facultade de se transformar noutras persoas, completa tan senlleira familia, a cal tras fuxir dos seus respectivos fogares deberá oculta-lo seu segredo de cara ós seus veciños e novos compañeiros de traballo e mais de escola.

O seu obxectivo será convivir coma se se coñecesen dende sempre, levar unha vida normal no posible, sen que os seus veciños e mailos seus compañeiros enxerguen que non son tal familia e que os raparigos posúen tan peculiares poderes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Capítulos e audiencias

[editar | editar a fonte]
Tempada Capítulos Espectadores Share
Primeira 1-13 3 361 000 18,1%
Segunda 14-27 3 025 000 15,1%
Terceira 28-41 2 142 000 12,1%
Ano Categoría Resultado
2010 Premio 'Pasión de Críticos' ao descubrimento do ano Gañadora
Ano Categoría Resultado
2010 Mellor serie Gañadora
Ano Categoría Resultado
2011 Mellor serie Gañadora
Ano Categoría Receptor(a) Resultado
2010 Serie Must! do ano Candidato
Interpretación feminina do ano Esmeralda Moya Candidata
Revelación Must! Luis Fernández Gañador
Raúl Mérida Candidato
  1. "El Lunes 11 antena3.com preestrena "Los Protegidos"". Konecta TV (en castelán). 9 de enero de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2010. Consultado o 26 de xaneiro de 2010.