José Sánchez Bregua
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1818 A Coruña, España |
Morte | 19 de xuño de 1897 (78 anos) A Coruña, España |
Senador vitalicio | |
1893 – 1896 | |
Capitán xeneral de Galicia | |
13 de xaneiro de 1886 – 27 de setembro de 1890 ← Enrique Enríquez García (en) – Adolfo Morales de los Ríos y Septién (en) → | |
Capitán xeneral de Galicia | |
27 de febreiro de 1881 – 22 de febreiro de 1884 ← José María Chacón Fernández (en) – Enrique Enríquez García (en) → | |
Senador vitalicio | |
1881 – 1891 | |
Capitán xeneral de Galicia | |
12 de maio de 1879 – 16 de setembro de 1879 ← Enrique Enríquez García (en) – José María Chacón Fernández (en) → | |
Senador de España | |
1879 – 1881 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Senador de España | |
1877 – 1878 Circunscrición electoral: Lugo (en) | |
Capitán xeneral de Galicia | |
31 de xaneiro de 1874 – 10 de xaneiro de 1875 ← Enrique Enríquez García (en) – Enrique Enríquez García (en) → | |
Ministro da Guerra | |
9 de setembro de 1873 – 3 de xaneiro de 1874 ← Eulogio González Íscar (mul) – Juan Zavala de la Puente → | |
Capitán xeneral de Galicia | |
febreiro de 1870 – 9 de maio de 1873 ← Antonio López de Letona y Lamas (pt) – Enrique Enríquez García (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Sánchez Bregua (José), p.414) |
José Sánchez Bregua, nado en Santa María de Oleiros (Oleiros) en 1818 e morto en Madrid o 19 de xuño de 1897, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era de familia humilde e entrou no exército coma soldado raso, en 1835, loitando contra os carlistas na primeira guerra civil. Dende 1844 ata 1850 estivo coma alférez en Filipinas, e en 1852 ascendeu a capitán. Durante a guerra de África desempeñou o negociado de campaña no Ministerio da Guerra, e, a partir de entón, grazas ás súas dotes como militar e organizador, a súa carreira foi rápida e brillante. En 1868 ascendeu a xeneral de división.
Foi Subsecretario da Guerra con Prim, e á morte deste, Capitán Xeneral de Galicia. Neste último cargo reprimiu persoalmente a insurrección federal do Arsenal de Ferrol, polo que foi ascendido a tenente xeneral. Foi Ministro de Guerra no Gabinete de Emilio Castelar, cargo que ocupaba ao se producir o Golpe de Estado do xeneral Manuel Pavía. Despois da Restauración foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1877, deputado a Cortes polo distrito de Huesca nas eleccións de 1879, senador pola provincia da Coruña (1879-1880) e en 1881 foi nomeado senador vitalicio.
Foi soterrado na Coruña o 20 de xuño de 1897. A gravación do seu enterro, coñecida como Entierro del General Sánchez Bregua, está considerada o primeiro filme cinematográfico rodado en Galicia, se ben a cinta non se conserva.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Sánchez Bregua |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Antonio López de Letona |
Capitán Xeneral de Galicia 1870 - 1873 |
Sucesor: Enrique Enríquez García |