San Francisco Giants
San Francisco Giants | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1883 En San Francisco desde 1958 | |||
| |||
Afiliacións de Grandes Ligas | |||
| |||
Uniforme actual | |||
Dorsais retirados | 3, 4, 11, 20, 24, 25, 27, 30, 36, 44, 42 | ||
Cores | |||
| |||
Nome | |||
| |||
Alcumes | |||
| |||
Estadio | |||
| |||
Títulos das Grandes Ligas | |||
Series Mundiais (8) | 1905, 1921, 1922, 1933, 1954, 2010, 2012, 2014 | ||
National League (23) | 1888, 1889, 1904, 1905, 1911, 1912, 1913, 1917, 1921, 1922, 1923, 1924, 1933, 1936, 1937, 1951, 1954, 1962, 1989, 2002, 2010, 2012, 2014 | ||
División Oeste (8) | 1971, 1987, 1989, 1997, 2000, 2003, 2010, 2012 | ||
Wild card (3) | 2002, 2014, 2016 | ||
Administración | |||
Dono(s) | San Francisco Baseball Associates LLC | ||
Adestrador | Bruce Bochy | ||
Director xeral | Vacante | ||
Presidente | Farhan Zaidi |
Os San Francisco Giants (do inglés: Xigantes de San Francisco) son un equipo de béisbol con sede en San Francisco, California, que actualmente xoga na División Oeste da Liga Nacional (MLB). Sendo un dos equipos máis antigos do béisbol, os Giants teñen gañado máis partidos que calquera outro equipo na historia do béisbol. Os Giants xogaron en Nova York até a tempada de 1957, trala cal se desprazaron cara ao oeste, a California, para converterse nos San Francisco Giants. Os Giants gañaron as Series Mundiais en oito ocasións, a máis recente en 2014.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia dos San Francisco Giants iníciase en 1883, baixo o nome de New York Gothams, e involucrou algúns dos máis grandes xogadores de béisbol, entre eles Willie Mays, Juan Marichal, Gaylord Perry e Barry Bonds.
1885-1957
[editar | editar a fonte]Na tempada de 1885, a franquía cambia de nome aos New York Giants. Esta época inclúe a vitoria nas cinco World Series que xogou a franquía até o día de hoxe (1905, 1921, 1922, 1933 e 1954), ademais de 17 dos seus 20 campionatos da Liga Nacional. Durante a maior parte dese tempo, os Giants xogaron os seus partidos como locais no estadio Polo Grounds, na rexión de Upper Manhattan da cidade de Nova York.
1958-presente
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que durante os seus anos de Nova York, a sorte dos San Francisco Giants foi desigual. Aínda que recentemente o club tivo un éxito relativamente constante, tamén sufriron prolongadas épocas de mediocridade, xunto con dúas ocasións en que os propietarios da franquía ameazaron con trasladar o equipo lonxe de San Francisco. Aínda que o máis decepcionante para a gran cantidade de fans que mantiveron desde a súa chegada na cidade, foi que os Giants non puideron gañar ningún título de World Series dende a marcha de Nova York, a pesar de acadar a final en 1962, 1989 e 2002. En 2010 gañaron o seu primeiro campionato norteamericano dende a súa chegada á Costa Oeste, gañando tamén en 2012 e 2014, para un total de tres vitorias nas Series Mundiais en cinco anos.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Xogadores no Salón da Fama
[editar | editar a fonte]Os Giants teñen máis xogadores no Salón da Fama que calquera outra franquía.
Números retirados
[editar | editar a fonte]Bill Terry: 1B, 1923–36; Adestrador, 1932–41 |
Mel Ott: OF, 1926–47; Adestrador, 1942–48 |
Carl Hubbell: P, 1928–43 |
Willie Mays: OF, 1951–72 |
Juan Marichal: P, 1960–73 |
Orlando Cepeda: 1B, 1958–66 |
Gaylord Perry: P, 1962–71 |
Willie McCovey: 1B–OF, 1959–73 & 1977–80 |
Jackie Robinson |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Francisco Giants |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial Arquivado 02 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.