Saltar ao contido

Cohorte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de outubro de 2021 ás 00:14 por MAGHOI (conversa | contribucións) (elimino a Categoría:Roma antiga; engado a Categoría:Exército romano mediante HotCat)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Na Roma antiga, unha cohorte era unha subdivisión da infantaría. En orixe, era unha subunidade da lexión romana, formada por 600 homes (seis centurias de 100 homes, comandada cada unha por un centurión). Nas forzas auxiliares do Imperio Romano, había cohortes individuais de 500 homes (quingenaria) e de 1000 (miliaria), así como unidades mixtas de infantaría e cabalaría (cohors equitata) que existían en paralelo.

Cada cohorte dispuña de tres manípulos de douscentos homes (dúas centurias), divididos en triarii, príncipes e hastati: un total de trinta manípulos e trinta centurións cos seus lugartenentes.