Saltar ao contido

Wikipedia en náhuatl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de outubro de 2021 ás 11:39 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
Wikipedia en náhuatl
Logo da Wikipedia en náhuatl.
Portada da Wikipedia en náhuatl en marzo de 2017.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasNáhuatl
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento10 de agosto de 2003
Na rede
https://nah.wikipedia.org/

A Wikipedia en náhuatl (en náhuatl: Huiquipedia nāhuatlahtōlcopa) é a versión da Wikipedia en lingua náhuatl. Foi creada en agosto de 2003. Esta versión da enciclopedia contén a cifra de 4.296 artigos e 23.173 usuarios, dos cales 16 son activos, sendo a terceira Wikipedia máis grande das linguas americanas despois da quechua e da navajo.[1]

Historia

O usuario Piolinfax, de orixe belga, creou a primeira páxina da Huiquipedia o 10 de agosto de 2003 e chamouna Ātl (mais despois trasladouse a Atl; en galego "auga") o cal foi traballado xunto co usuario español Youssefsan quen se encargou de buscar usuarios hispanofalantes que se interesaran polo proxecto e que colaborasen co mesmo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas