Dafydd ap Gwilym
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1320 Ceredigion, Reino Unido |
Morte | c. 1380 (59/60 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Período de actividade | (Con vida en: 1340 (Gregoriano) ) |
Familia | |
Nai | Ardidvil |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Encyclopædia Britannica |
Series de |
Mitoloxía celta |
---|
Mitoloxía gaélica |
Mitoloxía britónica |
Relixión |
Festivais |
Dafydd ap Gwilym, nado entre 1315 e 1320 e finado entre 1350 e 1370,[1] está xeralmente recoñecido como o meirande poeta galés de todos os tempos e como un dos mellores poetas europeos da Idade Media.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Existe unha tradición de que naceu en Brogynin, Penrhyn-coch (daquela parroquia de Llanbadarn Fawr), Ceredigion. O seu pai, Gwilym Gam ap Gwilym ab Einion, e a súa nai, Ardudfyl, eran os dous de familias nobres; o seu tío Llywelyn ap Gwilym ab Einion, foi condestable en Castell Newydd Emlyn. Como membro dunha familia nobre semella que Dafydd non pertenceu ao gremio de poetas profesionais no Gales medieval, e mesmo a tradición poética foi moi forte na súa familia durante xeracións.
Segundo Robert Geraint Gruffydd morreu en 1350, posibelmente vítima da Peste Negra. A tradición di que foi soterrado no recinto da abadía cisterciense de Strata Florida, Ceredigion.
Obra
[editar | editar a fonte]Crese que se conservan sobre 170 dos seus poemas, aínda que lle atribuíron outros moitos ao longo dos séculos. Os seus principais temas son o amor e a natureza. Na poesía de Dafydd pódense ver claras influencias de ideas europeas moi estendidas na época como o amor cortés, tal e como aparece na poesía dos trobadores provenzais.
Foi un poeta innovador e pódeselle atribuír o mérito de ter popularizado o metro coñecido como "cywydd" e ser o primeiro en empregalo para a louvanza. Pero, se cadra, a súa meirande innovación foi a de facer da súa persoa o foco principal da súa poesía. Pola súa propia natureza, a maioría da obra dos poetas cortesáns tradicionais galeses mantiveron a súa propia personalidade lonxe da súa poesía. A obra de Dafydd está chea dos seus propios sentimentos e experiencias. O seu tema principal é o amor, e moitos dos seus poemas están dirixidos a mulleres, pero en especial a dúas, Morfudd e Dyddgu. tamén obtén recoñecemento como un fino poeta da natureza. Entre as súas obras máis coñecidas están os seguintes poemas:
- Morfudd fel yr haul (Morfudd como o sol), un poema á esposa dun mercador de Aberystwyth que parece que tivo unha longa relación con Dafydd; dedícalle moitos poemas.
- Merched Llanbadarn (As mozas de Llanbadarn), no que fala de ir á misa o domingo só para mirar as mulleres do lugar.
- Trafferth mewn tafarn (Problemas nunha taberna), no que conta un incidente nunha taberna digno dunha película cómica.
- Y Rhugl Groen (O bolso ruidoso), no que se ve cruelmente interrompido un encontro sexual de Dafydd cunha moza.
- Cywydd y gal (Un poema en louvanza do pene), unha arriscada peza de puro erotismo medieval. Ata hai pouco non constaba nas antoloxías de Dafydd por razón de delicadeza editorial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Para as súas datas de nacemento e morte o estudoso de Dafydd ap Gwilym R. Geraint Gruffydd suxire c. 1315 - c.1350; outros estudosos sitúano un pouco máis tarde, c. 1320 - c.1370.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dafydd ap Gwilym na Wikisource
- Dafydd ap Gwilym e a tradición literaria galesaArquivado 15 de maio de 2006 en Wayback Machine. na páxina web de BBC History. (en inglés)
- Trafferth Mewn Tafarn - Dúas traducións inglesas da 'Trafferth Mewn Tafarn'
- Mis Mai a Mis Ionawr - Tradución inglesa do seu poema 'Mis Mai a Mis Ionawr'
- Unha nova edición da obra de Dafydd ap Gwilym Arquivado 28 de abril de 2007 en Wayback Machine. por un equipo de académicos da Universidade de Gales. Nesta páxina podemos atopar unha edición do texto orixinal, os poemas lidos, unha tradución ao inglés, imaxes dos manuscritos,...
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rachel Bromwich, Dafydd ap Gwilym, Writers of Wales series. (Cardiff, 1974, University of Wales Press). (en inglés)
- Rachel Bromwich, Aspects of the Poetry of Dafydd ap Gwilym (Cardiff, University of Wales Press, 1986). (en inglés)
- Rachel Bromwich (ed.), Dafydd ap Gwilym : poems, Welsh Classics series (Llandysul, 2003, Gomer Press). ISBN. (en inglés)
- Helen Fulton (ed.), Selections from the Dafydd ap Gwilym apocrypha, Welsh Classics series (Llandysul, 1996, Gomer Press). (en inglés)
- Helen Fulton, Dafydd ap Gwilym and the European context (Cardiff. 1989, University of Wales Press). (en inglés).
- Richard Morgan Loomis, Dafydd ap Gwilym: The Poems. Medieval and Renaissance Texts and Studies, Center for Medieval and Early Renaissance Studies, Binghamton, Nova York, 1982. (en inglés)
- Thomas Parry (ed.), Gwaith Dafydd ap Gwilym (2nd revised ed., Caerdydd, 1963, Gwasg Prifysgol Cymru). Segue a ser a edición stándard da obra de Dafydd; contén os textos editados acompañados con amplas notas.
- Gwyn Thomas (ed.), Dafydd ap Gwilym: his poetry (Cardiff, University of Wales Press, 2001). ISBN. Inclúe unha tradución dos poemas ao inglés e unha útil introdución.