Saltar ao contido

Tía (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de decembro de 2020 ás 19:48 por MAGHOI (conversa | contribucións)

Na mitoloxía grega, Tía, a Divina, Tea ou Teia [1] (en grego Θεία), tamén chamada Eurifaesa (Ευρυφαεσσα Euryphaessa, 'a de amplo brillo' [2] era unha Titánide, filla de Xea (a Terra) e Urano (o Ceo). Considerouse deusa da vista e a que dotaba ó ouro, á prata e ás xemas do seu brillo e valor [3].

Mitoloxía

Uniuse a Hiperión, un dos seus irmáns, do que tivo tres fillos: Helios (o Sol), Eos (a Aurora) e Selene (a Lúa).

"Tea, dominada polo amor de Hiperión, enxendrou ó grande Helios, á brillante Selene e a Eos, que luce para todos os que habitan na Terra e para os inmortais deuses que ocupan o anch ceo"
(Hesíodo: Teogonía 373-374)

Noutras tradicións, Tía é o nome dunha ninfa que se uníu a Apolo, con quen tivo un fillo chamado Delfo. Outras fontes fana amante de Poseidón ou do mesmo Zeus, con quen tivo dous fillos: Magnes e Macedón.

Trala Titanomaquia, na que as Titánides permaneceron neutrais, foi vivir ó palacio do seu fillo Helios.

Notas

  1. Tamén escrito Thea, Thia ou Theia.
  2. Segundo Homero no chamado Himno homérico.
  3. Píndaro di de Tía: Madre do Sol, Tea de moitos nomes, por ti os homes honran o ouro por riba de todo o demais.

Véxase tamén

Bibliografía

  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
  • Universidad de Salamanca [1]
  1. [1]