Tía (mitoloxía)
Aparencia
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Lameiro (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 4 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tea (planeta).
Na mitoloxía grega, Tía, a Divina, Tea ou Teia [1] (en grego Θεία), tamén chamada Eurifaesa (Ευρυφαεσσα Euryphaessa, 'a de amplo brillo') era unha Titánide, filla de Xea (a Terra) e Urano (o Ceo). Considerouse deusa da vista e a que dotaba ó ouro, á prata e ás xemas do seu brillo e valor.
Mitoloxía
Uniuse a Hiperión, un dos seus irmáns, do que tivo tres fillos: Helios (o Sol), Eos (a Aurora) e Selene (a Lúa).
Noutras tradicións, Tía é o nome dunha ninfa que se uníu a Apolo, con quen tivo un fillo chamado Delfo. Outras fontes fana amante de Poseidón ou do mesmo Zeus, con quen tivo dous fillos: Magnes e Macedón.
Véxase tamén
Bibliografía
- ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
- Universidad de Salamanca [2]