Saltar ao contido

Sednoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de agosto de 2020 ás 19:44 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Sedna, o epónimo e primeiro sednoide coñecido.

Un sednoide é un obxecto transneptuniano cun perihelio maior de 50 UA e un semieixo maior maior de 150 UA.[1][2] Só se coñecen dous obxectos que pertenzan a esta categoría, (90377) Sedna e 2012 VP113, ambos con perihelios superiores a 75 UA,[3] mais sospéitase que hai máis. Estes obxectos atópanse fóra dunha fenda aparentemente case baleira do Sistema Solar a partir dunhas 50 UA e non teñen interacción significativa cos xigantes gasosos. Inclúense dentro dos obxectos separados.

Algúns astrónomos, como Scott Sheppard,[4] consideran que os senoides son obxectos da Nube de Oort Interior (OCOs), aínda que a nube de Oort interior, ou Nube de Hills, foi proposta orixinariamente polos astrónomos máis aló das 2000 UA, varias veces o afelio dos dous sednoides coñecidos.

As órbitas dos sednoides non se poden explicar por perturbacións dos xigantes gasosos[5] nin pola interacción coas mareas galácticas.[1] Se se formaron nas súas localizacións actuais as súas órbitas tiveron que ser circulares; do contrario a acreción (fusión de corpos máis pequenos con outros máis grandes) non sería posible debido a que as grandes velocidades relativas entre planetesimais tiñan que ser demasiado destrutivas.[6]

As súas órbitas elípticas actuais poden explicarse por varias hipóteses:

  1. Estes obxectos puideron ter as súas órbitas e perihelios distanciados polo paso dunha estrela próxima cando o Sol estaba aínda incrustado no seu cúmulo estelar de nacemento.[7]
  2. As súas órbitas puideron ser perturbadas por un corpo de tamaño planetario, aínda descoñecido alén do cinto de Kuiper.[8][9]
  3. Puideron ser capturadas por estrela próximas de paso, moi probablemente na nube de nacemento do Sol.

Obxectos coñecidos

[editar | editar a fonte]
Sednoides
Nome Diámetro (km) Perihelio (UA) Afelio (ua) Descubridor Ano Imaxe
Sedna 995±80 76,0917 ≈ 936 Michael E. Brown, C. Trujillo,
D. Rabinowitz
2003
2012 VP113 ~500 80,5 ± 0,6 446 ± 13 Scott Sheppard, Chad Trujillo 2012

Os dous sednoides, igual que todos os obxectos separados extremos (cun semieixo maior > 150 UA e perihelio > 30UA), teñen unha orientación similar (argumento do perihelio) de 0° (338°±38°). Isto non se debe a un nesgo na observación e é inesperado, xa que a interacción cos planetas xigantes debera ter argumentos do perihelio (ω) aleatorios. Isto suxire que pode existir no Sistema Solar exterior un perturbador masivo non descuberto.

Coñécense doce obxectos cun semieixo maior de máis de 150 UA, un perihelio máis aló de Neptuno, e un argumento do perihelio de 340°±55°.[10]

O 10 de novembro de 2015 informouse dun posible sednoide a 103 UA, pero está clasificado só como obxecto transneptuniano porque o seu arco de observación é moi curto para confirmar se o perihelio está fóra da influencia de Neptuno.[11]

  1. 1,0 1,1 Trujillo, C. A.; Sheppard, S. S. (2014). "A Sedna-like body with a perihelion of 80 astronomical units" (PDF). Nature 507 (7493): 471–474. doi:10.1038/nature13156. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-12-2014. Consultado o 14-11-2015. 
  2. Sheppard, Scott S. "Known Extreme Outer Solar System Objects". Department of Terrestrial Magnetism, Carnegie Institution for Science. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2015. Consultado o 17 de abril de 2014. 
  3. "JPL Small-Body Database Search Engine: a > 150 (AU) and q > 50 (AU) and data-arc span > 365 (d)". JPL Solar System Dynamics. Consultado o 15 de outubro de 2014. 
  4. Sheppard, Scott S. "Beyond the Edge of the Solar System: The Inner Oort Cloud Population". Department of Terrestrial Magnetism, Carnegie Institution for Science. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2014. Consultado o 17 de abril de 2014. 
  5. Brown, Michael E.; Trujillo, Chadwick; Rabinowitz, David (2004). "Discovery Of A Candidate Inner Oort Cloud Planetoid" (PDF). Astrophysical Journal 617 (1): 645–649. Bibcode:2004ApJ...617..645B. arXiv:astro-ph/0404456. doi:10.1086/422095. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2006. Consultado o 02 de abril de 2008. 
  6. Sheppard, Scott S.; Jewitt, D. (2005). "Small Bodies in the Outer Solar System" (PDF). Frank N. Bash Symposium. University of Texas at Austin. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de agosto de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2008. 
  7. Morbidelli, Alessandro; Levison, Harold (2004). "Scenarios for the Origin of the Orbits of the Trans-Neptunian Objects 2000 CR105 and 2003 VB12 (Sedna)". Astronomical Journal 128 (5): 2564–2576. Bibcode:2004AJ....128.2564M. arXiv:astro-ph/0403358. doi:10.1086/424617. 
  8. Gomes, Rodney S.; Matese, John J.; Lissauer, Jack J. (2006). "A distant planetary-mass solar companion may have produced distant detached objects". Icarus 184 (2): 589–601. Bibcode:2006Icar..184..589G. doi:10.1016/j.icarus.2006.05.026. 
  9. Lykawka, P. S. & Mukai, T. (2008). An outer planet beyond Pluto and the origin of the trans-Neptunian belt, the astronomical journal 135:1161–1200
  10. "JPL Small-Body Database Search Engine: a > 150 (AU) and q > 30 (AU) and data-arc span > 365 (d)". JPL Solar System Dynamics. Consultado o 09 de abril de 2014. 
  11. Witze, Alexandra (10 de novembro de 2015). "Astronomers spy most distant Solar System object ever". Nature News. doi:10.1038/nature.2015.18770.