Asociación Europea de Atletismo
A Asociación Europea de Atletismo (AEA), en inglés, European Athletic Association (EAA), é a institución que organiza e rexe o atletismo en Europa.[1]
Funcións
A AEA representa ás federacións nacionais europeas de atletismo a nivel competitivo perante a Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF).[1]
Así mesmo, é a responsábel de organizar periodicamente as competicións atléticas continentais.
Sede e presidencia
Ten a súa sede na cidade de Lausana (Suíza). O seu presidente na actualidade é o noruegués Svein Arne Hansen.
Federaciós nacionais asociadas
A AEA conta coa afiliación de 50 federacións nacionais do continente europeo.
Historia
Foi fundada o 24 de setembro de 1933 en Berlín, baixo o nome de Comité Europeo de Atletismo. O 1 de novembro de 1969, nun congreso celebrado en Bucarest (Romanía), acordouse facer unha reestruturación da organización, cambiando a súa denominación pola actual. Posteriormente, en 2003, foi reconstituída de novo.[2]
En 1934 realizouse o primeiro Campionato de Europa de Atletismo na cidade de Turín (Italia). O primeiro Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta levouse a cabo en 1970 en Viena (Austria), e o primeiro Campionato de Europa de Campo a Través en 1994 na localidade inglesa de Alnwick.[2]
Eventos
A AEA organiza anualmente numerosas competicións internacionais, das que as máis importantes son as seguintes:
- Campionato de Europa de Atletismo
- Campionato de Europa de Atletismo Sub-23
- Campionato de Europa de Atletismo Sub-20
- Campionato de Europa de Atletismo Sub-18
- Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta
- Campionato de Europ de Campo a Través
- Copa de Europa de Clubs
Organización
A estrutura xerárquica da Asociación está formada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Congreso (que se reúne cada dous anos), o Comité Executivo, o Consello e os Comités Técnicos.
Presidentes
Desde a súa constitución como AEA en 1969:
Nº | Mandato | Nome | País |
---|---|---|---|
1969 – 1976 | Adriaan Paulen | Países Baixos | |
1976 – 1987 | Arthur Gold | Reino Unido | |
1987 – 1999 | Carl-Olaf Homen | Finlandia | |
1999 – 2015 | Hansjörg Wirz | Suíza | |
2015 - actualidade | Svein Arne Hansen | Noruega |
Federacións nacionais
As federacións afiliadas á Asociación Europea de Atletismo son:
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Structure". European Athletics (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "History". European Athletics (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2018.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés).