Saltar ao contido

Montse Dopico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMontse Dopico

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
A Pontenova, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 5628597


Montse Dopico, nada na Pontenova en 1977, é unha xornalista galega. Dende 2018 é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.[1][2]

Traxectoria

Estudou Xornalismo e Historia, Antropoloxía, Socioloxía e Ciencias Políticas. En 2012 colaborou co xornal El País.[3]

En 2014 promoveu o espazo de xornalismo cultural Magazine Cultural Galego[4] e participou no XI Simposio O libro e a lectura 2014: O libro e a lectura nos medios, na xornada A mediación cultural de Internet e no encontro 30 anos de novela negra galega organizado polo Consello da Cultura Galega.[5]

Entre 2012 e 2019 traballa co xornal Praza Pública.[6]

Recoñecemento

En 2017 recibiu o Premio de Xornalismo Johán Carballeira pola súa reportaxe "Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural", publicada na revista Luzes.[7][8]

Notas

  1. "Horario". USC. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  2. Horario do profesor para o curso académico 2018/2019
  3. "Montse Dopico". El País. Consultado o 2 de maio de 2015. 
  4. Lorenzo Gil, César. "Montse Dopico: “A maneira de demandar información cultural é lela, non chorar cando desaparece”". Consultado o 2 de maio de 2018. 
  5. "Montse Dopico". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  6. "Montse Dopico". Praza Pública. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  7. "O XIV Premio Johán Carballeira de Xornalismo premia a Montse Dopico e a María Obelleiro". AELG. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  8. "HISTÓRICO DOS PREMIOS DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU" (PDF). Concello de Bueu. Consultado o 2 de maio de 2018.