Henrique I de Luxemburgo
Modelo:Ficha de nobre Henrique de Nassau-Weilburg e Borbón-Parma é o actual gran duque de Luxemburgo.[1] Polo tanto, correspóndelle asumir a función de xefe de Estado do país.
Nado o 16 de abril de 1955 no Castelo de Betzdorf, Luxemburgo, é fillo do anterior gran duque Xoán de Luxemburgo e da súa esposa, a princesa Xosefina Carlota de Bélxica, irmá dos reis Balduíno I e Alberte II de Bélxica.[1]
Acadou o título o 7 de outubro de 2000 ao abdicar o gran duque Xoán,[1] reinando co nome de Henrique I de Luxemburgo.
Traxectoria
Estudos
Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Xenebra, onde se graduou en 1980,[1] ao igual que a súa esposa. Precisamente en dito centro universitario se coñeceron e iniciaron a súa relación.[2]
Matrimonio e descendencia
O 14 de febreiro de 1981, Henrique casou na Catedral de Santa María de Luxemburgo con María Teresa Mestre Batista, orixinaria de Marianao, A Habana, Cuba.
A parella reside no Palacio Gran Ducal de Luxemburgo (residencia oficial) e no Castelo de Berg (residencia privada), e ten catro fillos e unha filla:[1]
- Príncipe Guillerme de Luxemburgo]] (11 de novembro de 1981), herdeiro do Gran Ducado.
- Príncipe Félix de Luxemburgo (1984).
- Príncipe Luís de Luxemburgo (1986). Casado en 2006 con Tessy Antony, coa que ten dous fillos, Gabriel Miguel (2006) e Noah Guillerme (2007).
- Princesa Alexandra de Luxemburgo (1991).
- Príncipe Sebastián de Luxemburgo (1992).
Recoñecmentos
O gran duque Henrique é doutor Honoris causa en Letras pola Universidade Sacred Heart de Fairfield, Connecticut, Estados Unidos, en Dereito pola Universidad Miami de Oxford, Ohio, Estados Unidos, en Economía pola Universidade Khon Kaen, Tailandia, e en Ciencias Políticas pola Universidad de Trier, Alemaña.[1]
Entre outras distincións, foi nomeado o 13 de abril de 2007 cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro.[3]
Outras funcións
Desde 1998 é membro do Comité Olímpico Internacional e da Fundación Charles Darwin para a preservación das illas Galápagos. Ultimamente centraou as súas actividades nunha fundación patrocinada pola Organización Mundial da Saúde dedicada á prevención dos abusos de menores.[1]
-
Henrique (esquerda) cos seus pais e irmáns en 1963
-
De esquerda a dereita: o gran duque herdeiro Guillerme, o gran duque Henrique e a súa consorte María Teresa
-
O gran duque Henrique con Vladimir Putin
-
Os grandes duques na voda da princesa herdeira Vitoria de Suecia
Predecesor: Xoán |
Gran Duque de Luxemburgo Desde o 7 de outubro de 2000 |
Sucesor: No cargo |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Enrique de Luxemburgo Biografía en CIDOB (en castelán).
- ↑ Familia de Henrique I Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. (en francés).
- ↑ Boletín Oficial del Estado .
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |