Libio Severo
Libio Severo foi emperador romano desde o ano 461 ao 465.
Coa morte de Maioriano, ábrese un interregno no que nan hai candidatos para ser emperador. Ricimero convértese de xeito real no gobernante de Italia, que era o único territorio ao que fora constrinxido o Imperio Romano. Durante meses, dende agosto de 461, o trono esta baldeiro.
Teodorico II propón o seu candidato e como tal envia embaixadas a Oriente para que sexa aceptado. O mesmo fai o vándalo Genserico, que propón o seu neto, xa que o seu fillo Henerico casara coa irmá de Honorio, Eudocia, raptada no saqueo de Roma. Porén, é Ricimero quen nomea en Ravena o novo emperador na persoa de Libius Severus, coñecido coma Serpentius e natural de Lucania. Foi un 19 de Novembro do 461.
Pero León I propoñiase de tomar o control dos restos do Imperio de Occidente, e non recoñeceu este nomeamento, xa que tiña o seu propio candidato con Antemio, xenro de Marciano.
O seu reinado
Libio Severo estaba baixo o control total de Ricimero, que era de xeito quen controlaba o estado. Ainda que as posesións do Imperio estaban case limitadas a Italia, tivo que lle facer fronte á rebelión de Aegidus, partidario do emperador Maioriano, quen non recoñece o nomeamento e se rebela contra o novo emperador.
No 462, diríxese a Narbona para atopar unha alianza dos visigodos na loita contra Aegidus, e chega a un acordo co conde Agripinus, rival de Aegidus. Este morre no 465 en Arlés e a autoridade romana queda restaurada.
Poucas das accións ocorridas baixo o seu reinado son coñecidas, xa que a maoir parte delas foron atribuidas a Ricimero, converténdose este emperador nun títere nas mans do xeneral arriano. Os ataques de parte dos vándalos ás costas de Italia por parte de Genserico, para empurrar polo nomeamento do seu candidato Olybrius. A pesar das embaixadas enviadas a Oriente, non é recoñecido, e como os ataques dos vandalos contra as costas italianas continuaban, estas embaixadas eran imperiosas, xa que os ataques se estenden ao Peloponeso grego, o que fai que León I nomee como emperador do Oeste o seu candidato Antemio no 467. Pero antes, Libio Severo xa deixara de serlle util a Ricimero.
A sua Morte
A desaparición de Libio Severo ocorre no outono do 465. Non obstante, alguns historiadores romanos datan a sua morte en Agosto, o dia 15, aínda que tamén se observa que algunhas leis firmadas por el foron publicadas o 25 de Setembro. Segundo Casiodorus, foi envelenado por Ricimero no seu Palacio de Roma, mentres que o historiador Sidonius Apollinaris, case o seu contemporáneo, data a sua morte no 468 de xeito natural. O certo é que Libio Severo non deixou pegada algunha e forma parte da lista dos emperadores sen sombra.
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Libio Severo |
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Maioriano |
Libio Severo | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Imperio do Occidente |