Saltar ao contido

Le nozze di Figaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de novembro de 2018 ás 18:50 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (13))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Le nozze di Figaro
As vodas de Figaro
Libreto da estrea na Ópera de Praga.
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaLorenzo da Ponte
Fontes literariasBeaumarchais: As vodas de Fígaro
Estrea1 de maio de 1786
Teatro da estreaHofburgtheater
Lugar da estreaViena
Duración3 horas
Música
CompositorWolfgang Amadeus Mozart
Orquestración1 clavicémbalo
2 timbais
2 frautas
2 óboes
2 clarinetes
2 fagots
2 trompas
2 trompetas
3 trombóns
Instr. de cordas: * violíns (primeiros e segundos)
* violonchelos
* violas
* contrabaixos
EditorialImbault 1795 aprox.
Personaxes

Conde de Almaviva (barítono lírico)
Condesa Rosinna de Almaviva (soprano)
Susanna (soprano lixeira)
Figaro (baixo barítono)
Cherubino (mezzosoprano)
Marcellina (mezzosoprano)
Don Bartolo (baixo buffo
Don Basilio (tenor lixeiro)
Don Curzio (tenor)
Antonio (baixo
Barbarina (soprano)

Le nozze di Figaro é unha opera buffa en catro actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, As vodas de Fígaro. Foi composta entre 1785 e 1786 e estreada en Viena o 1 de maio de 1786 baixo a batuta do propio compositor.

Escrita en italiano, é considerada como unha das mellores creacións de Mozart e como unha das óperas máis importantes da historia da música. A pesar de recibir moitas críticas na súa época, logrou grandes éxitos nas súas representacións. Le nozze di Figaro é unha das óperas máis destacadas do repertorio operístico estándar e aparece como a número 5 na lista de Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo para o período 2005-2010.[1]

A trama ten lugar en Sevilla, España.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco o 1 de maio de 1786
Director: Wolfgang Amadeus Mozart
Conde de Almaviva (aristócrata sevillano) barítono lírico Stefano Mandini
Condesa Rosinna de Almaviva (dona do Conde) soprano Luisa Laschi
Susanna (doncella da Condesa e prometida de Fígaro) soprano lixeira Ann Storace
Fígaro (criado do Conde) baixo barítono Francesco Benucci (1)
Cherubino (paxe do Conde) mezzosoprano Dorotea Bussani (3)
Marcellina (criada da Condesa) mezzosoprano Maria Mandini (4)
Don Bartolo (médico) baixo bufo Francesco Bussani (2)
Don Basilio (profesor de música) tenor lixeiro Michael Kelly
Don Curzio (notario) tenor Michael Kelly
Antonio (xardineiro) baixo Francesco Bussani
Barbarina (filla de Antonio) soprano Anna Gottlieb (5)
Cidadáns, vendedores, servintes etc.
(1) Francesco Benucci (1745-1824) foi o creador, dous anos máis tarde en Viena, do personaxe de Leporello (Don Giovanni, Mozart).
(2) Francesco Bussani, responsable da posta en escena.
(3) Dorotea Bussani, dona de Francesco Bussani (Don Bartolo)
(4) Maria Mandini, dona de Stefano Mandini (Almaviva).
(5) Anna Gottlieb, que daquela contaba con doce anos de idade.

Instrumentación

[editar | editar a fonte]

A partitura de Mozart require da utilización de:

Instrumentación de Le nozze di Figaro
Madeiras
2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes e 2 fagots.
Metais
2 trompas, 2 trompetas.
Percusión
2 Timbais.
Cordas
violíns primeiros, violíns segundos, violas, violonchelos e contrabaixos

clavicémbalo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]