Saltar ao contido

A Pobra de Trives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 1 de xullo de 2018 ás 17:01 por Martinho12 (conversa | contribucións)
A Pobra de Trives
Escudo da Pobra de Trives
Casa do Concello
Situación
Xentilicio[1]trivés / trivesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Trives
Poboación1.977 hab. (2023)[2][3]
Área84,2 km²[3]
Densidade23,48 hab./km²
Entidades de poboación19 parroquias[4]
Capital do concelloA Pobra de Trives
Política (2015)
AlcaldeFrancisco Fernández Blanco (ATI)
Concelleiros
PPdeG: 3

Outros: ATI 7, Son de Trives 1
Eleccións municipais na Pobra de Trives
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes59,67%
Na rede
http://www.concellodapobradetrives.gal
BNE: XX454936
editar datos en Wikidata ]

A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2017 tiña 2.150 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense» ou «trivés».

Demografía

Censo total 2.150 (2017)
Menores de 15 anos 179 (8.33 %)
Entre 15 e 64 anos 1.223 (56.88 %)
Maiores de 65 anos 748 (34.79 %)
Evolución da poboación da Pobra de Trives   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5 541 5 446 5 713 5 305 2 721 2 664
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

A Pobra de Trives sitúase nas estribacións occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1 500 m (Cabeza dos Bois, 1 707 m e As Chairas de Maceda, 1 685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara o oeste e as ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.

O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1 840 m. de altitude e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.

Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediteráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2 000 mm das montañas.

Historia

Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas. Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.

A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte do Bibei.

A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos. Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.

Economía

O concello dedícase ao comercio e ao turismo. Neste ámbito é de salientar o complexo hoteleiro de Cabeza Grande de Manzaneda e a súa estación invernal. Abundan os hoteis e hai un camping. Entre os cultivos destaca o castiñeiro.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Pobra de Trives

Barrio (San Xoán) | O Castro (San Nicolao) | Cotarós (Santiago) | Cova (Santa María) | A Encomenda (Santo Antonio) | Mendoia (Nosa Sra. da Concepción) | Navea (San Miguel) | Pareisás (Santo Antonio) | Pena Folenche (Santa María) | Pena Petada (Santo Estevo) | Piñeiro (San Sebastián) | A Pobra de Trives (Sto. Cristo da Misericordia) | San Lourenzo de Trives (San Lourenzo) | San Mamede de Trives (San Mamede) | Sobrado (San Salvador) | Somoza (San Miguel) | Trives (Santa María) | Vilanova (Santa María) | Xunqueira (San Pedro)

Lugares da Pobra de Trives

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra de Trives vexa: Lugares da Pobra de Trives.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Pobra de Trives".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:ConcellosTerradeTribes