Saltar ao contido

Robin Lopez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de setembro de 2017 ás 16:06 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Profesional: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web)

Modelo:Xogador da NBA Robin Byron Lopez, nado o 1 de abril de 1988 en Val de San Fernando, California, é un xogador de baloncesto estadounidense que pertence ao cadro de xogadores dos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros, e xoga na posición de pivote. É irmán xemelgo de Brook Lopez, elixido polos New Jersey Nets no mesmo draft, e actual xogador dos Brooklyn Nets. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]

Traxectoria

Universidade

Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán nos "Cardinals" da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 7,5 puntos, 5,5 rebotes e 2,2 tapóns, liderando a Pacific Ten Conference nese apartado. Xunto co seu irmán, puxeron máis tapóns nunha tempada que 7 equipos da súa mesma conferencia.[2] Na súa segunda tempada fixo 10,2 puntos, 5,7 rebotes e 2,3 tapóns (2º da Pac-10). Foi elixido no mellor quinteto defensivo da súa conferencia.

En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[3] No total da súa traxectoria universitaria fixo 8,9 puntos e 5,6 rebotes por partido.[4]

Estatísticas

Ano Idade P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB TAP FP %TC %TL %3P
2006-2007 18 31 24.0 7.5 5.5 0.9 1.5 0.63 0.2 2.4 2.3 .480 .545 0.00
2007-2008 19 36 24.5 10.2 5.7 0.6 1.8 0.33 0.5 2.3 2.6 .534 .652 1.000

Profesional

Foi elixido na 15ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Phoenix Suns, equipo polo que asinou contrato en xullo de 2008.[5]

O 27 de xullo de 2012, os New Orleans Hornets adquiriron a Lopez dos Suns mediante un sign-and-trade.[6]

O 10 de xullo de 2013, New Orleans traspasou a Lopez ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós Sacramento Kings.[7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas