Esgos
Esgos | |
---|---|
Casa do concello | |
Situación | |
Xentilicio[1] | esgosence (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Ourense |
Poboación | 1.220 hab. (2015)[2][3] |
Área | 37,8 km²[3] |
Densidade | 32,28 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Política (2015) | |
Alcalde | Mario Rodríguez González (PPdeG) |
Concelleiros | PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Esgos | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 75,49% |
Na rede | |
http://www.concelloesgos.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2015 tiña 1.220 habitantes (1.318 en 2003).
Poboación
Evolución da poboación de Esgos Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.100 | 3.089 | 3.580 | 2.717 | 1.304 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo total | 1.220 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 92 (7.54 %) |
Entre 15 e 64 anos | 678 (55.57 %) |
Maiores de 65 anos | 450 (36.88 %) |
Xeografía
O concello de Esgos está situado ao norte da provincia de Ourense. Limita ao norte con Nogueira de Ramuín, ao sur con Paderne de Allariz e Maceda, ao leste con Xunqueira de Espadanedo e ao oeste co Pereiro de Aguiar. Ten 37,8 km² de superficie, e abrangue 7 parroquias.
Cara ao noroeste esténdense a Cabeza, con picos de 1.147 e 1.128 metros no límite con Nogueira de Ramuín. Cara ao leste está a serra dos Chairos (793 m) e os montes de Rocas, co Outeiro de Arcos (893 m) O Castelo (721 m) ou O Barbeirón, onde se asenta o mosteiro de Rocas. No pico do Birbiza (790 m) está o límite cos concellos de Paderne de Allariz e Maceda. No sueste está o alto do Couso (710 m).
O curso fluvial máis importante é o río Loña, afluente do río Miño en Ourense. Á súa vez, dous afluentes do Loña son o regato do Porto -que atravesa Lobaces e Gomariz- e O Grañal. O regato de Pazos que cruza a aldea de Esgos.
Historia
O topónimo vén dado polo rego de Esgos, citado na documentación de San Pedro de Rocas en 1007 e 1175 como rivulo Alesgos e en 1227 como Aesgus.
Durante a idade media esta zona estivo vinculada ao mosteiro de San Pedro de Rocas. Coa fin do antigo réxime e a constitución dos concellos estableceuse a capitalidade na aldea de Esgos, lugar de paso na estrada real cara a León, actual OU-536.
Oficios tradicionais desta zona son os de albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador ou oleiro.
Patrimonio
Entre o patrimonio do concello destaca o mosteiro de San Pedro de Rocas, recoñecido en 1923 como Ben de Interese Cultural.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Esgos.
-
Mosteiro de San Pedro de Rocas
-
Mosteiro de San Pedro de Rocas. Parte da fachada da antiga igrexa rupestre co arco románico de entrada á capela da Epístola, e o nicho cos sepulcros de dous cabaleiros xacentes.
Parroquias
Lugares de Esgos
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Esgos vexa: Lugares de Esgos.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Esgos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esgos |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |