Asfalto
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Asfalto (homónimos).
O asfalto é un material viscoso, pegañento e de cor negra, usado como aglomerante en mesturas asfálticas para a construción de estradas ou autoestradas. Tamén é empregado en impermeabilizantes. Está presente no petróleo cru e composto case por completo de bitumen. O seu nome recorda o Lago Asfaltites (o Mar Morto), na cuenca do río Xordán.
Ademais do sitio mencionado, atópase en estado natural formando unha mestura complexa de hidrocarburos sólidos en lagoas dalgunhas concas petroleiras, como sucede no lago de Guanoco, o lago de asfalto máis extenso do mundo (Estado Sucre, Venezuela), con 4 km² de extensión e 75 millóns de barriles de asfalto natural.