Río Branco, Acre
| |||
Estado | Acre | ||
Superficie | 7 925 km² | ||
Poboación Densidade |
314 127 (2006) 39,64 hab./km² | ||
Fundación | 28 de decembro de 1882 | ||
Altitude | 136 m sobre o nivel do mar | ||
Latitude | 9 °58’29" S | ||
Lonxitude | 67° 48’36" O | ||
Distancia de Brasilia | 3105 Km (por estradas) | ||
Código postal (CEP) | 69900-000 | ||
Administración local: | Prefeitura Municipal de Rio Branco - Rua Coronel Alexandrino, 301 Bosque | ||
Internet: | http://www.riobranco.ac.gov.br | ||
Alcalde (Prefeito) | Raimundo Angelim | ||
Rio Branco no Brasil | |||
---|---|---|---|
Rio Branco é a capital e cidade máis importante do estado brasileiro do Acre, sitúado na Rexión Norte do Brasil. Orixinouse a partir de un pequeno poboado creado para extración de caucho na rexión, o Seringal Empresa, en 28 de decembro de 1882.
O seu nome débese a unha homenaxe a José Maria Paranhos Junior, Barón do Río Branco, diplomático brasileiro que negociou coa Bolivia o Tratado de Petrópolis, o cal garantiu a pose da rexión para o Brasil. En 1920 a cidade pasou a ser capital do entón Território do Acre.
Rio Branco é a capital de estado sitúada máis a oeste do Brasil, non moi distante das fronteiras con Perú e Bolivia. Ligase ós puntos de fronteira e tamén a Brasilia por estradas asfaltadas. A cidade vive principalmente do comercio e servizos, e ten unhas poucas industrias. Non é moi coñecida polas persoas do sueste e do sur do Brasil (principais orixes dos turistas brasileiros, por seren tamén as rexións economicamente máis ricas) debido á súa grande distancia destas rexións (ata São Paulo, por exemplo, son 3.642 km), e a non constar de grandes roteiros turísticos do país. Espérase que terá un grande crecemento cando concluirse a ligazón por estrada asfaltada entre Brasil e Perú, dando acceso ós portos peruanos no océano Pacífico.