Presidente Hayes
Aparencia
Estatísticas | |
---|---|
Capital: | Villa Hayes |
Área: | 72.907 km² |
Poboación: | 81.876 (2002) |
Densidade demográfica: | 1,1 hab./km² |
ISO 3166-2: | PA-15 |
Mapa | |
Presidente Hayes é un departamento do Paraguai. A súa capital é a cidade de Villa Hayes, en virtude dunha lei do Congreso Nacional de 1999, que substituíu a antiga capital, Pozo Colorado.
O departamento foi bautizado así en homenaxe ao presidente dos Estados Unidos Rutherford B. Hayes, que arbitrou a disputa de límites entre Paraguai e Arxentina despois da Guerra do Paraguai.
Limita polo norte co departamento de Alto Paraguay, polo sur con Arxentina, polo leste cos departamentos de Concepción, San Pedro, Cordillera e Central, e polo oeste co departamento de Boquerón.
Distritos
O departamento divídese 7 distritos:
- Benjamín Aceval
- Nanawa
- Pozo Colorado
- Puerto Pinasco
- Villa Hayes
- Puerto Falcon
- Teniente Irala Fernandez