Saltar ao contido

Bathurst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de marzo de 2013 ás 15:04 por TjBot (conversa | contribucións) (r2.7.2) (Bot: Engado: el:Νήσος Μπάθερστ)
Bathurst
Vista da illa
Datos
Capital
País Canadá
Localización Océano Ártico
Arquipélago Illas Árticas (Canadá)
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 16.042 km²
Densidade
Coordenadas 75°46′N 99°47′O / 75.767, -99.783
Maior Altura
Localización
Localización da illa

A illa de Bathurst é unha illa canadense que forma parte das Illas da Raíña Isabel no territorio de Nunavut. Ocupa unha superficie estimada de 16.042 km².

Foi descuberta por Sir William Edward Parry no ano 1819 e debe o seu nome ao Conde Henry Bathurst, Secretario de Estado británico para a guerra e as colonias (1812-1827). A illa foi poboada pola tribo Thule cara ao ano 1000, probablemente debido a que nesa época houbo un clima máis cálido (nesa época chegan os viquingos a Vinland).

A altura máxima da illa é de 330 metros. As boas condicións do chan producen bastante vexetación e manteñen unha fauna maior que outras illas árticas. Na illa atópanse a área Nacional do Paso do Oso Polar e o futuro Parque Nacional de Tuktusiuqvialuk.

Véxase tamén

Illas Árticas (Canadá)