Saltar ao contido

Dourados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de agosto de 2006 ás 14:01 por 200.180.172.84 (conversa)
Dourados
Estado Mato Groso do Sur
Área 4096,98 km²
Poboación 179 810 (2004)
Altitude 430 m sobre o nivel do mar
Latitude 22° 13' 16 S
Lonxitude 54° 48' 20 O
Distancia de Campo Grande 225 Km
Código postal (CEP) 79800-000
Administración local: Prefeitura Municipal de Dourados
Rua João Rosa Goes, 395 - centro
Internet: http://www.dourados.ms.gov.br
Alcalde (Prefeito) Laerte Tetila (PT)

Dourados é unha cidade do estado brasileiro de Mato Grosso do Sul situada a 225 km ao sur de súa capital, Campo Grande.

As súas principais actividades económicas son a agricultura e a creación de animais: é o principal produtor de millo e mel de abella do estado, e o segundo en produción de soia, feixón, en granxas de porcos, polos e galiñas. Tamén produce ovos, trigo, leite, e ten criadeiros de verme da seda. As industrias locais son principalmente de transformación de produtos agropecuarios, sobre todo alimentos, como a FRANGOSUL.

A cidade non ten moitos atractivos turísticos naturais. Aínda así, posui 32 hoteis para recibir os visitantes atraidos pola súa exposición agropecuaria (EXPOAGRO), ou polos eventos científicos da súa universidade, ou tamén polo Campionato Brasileiro de Motocross, ou mesmo que a utilizan como escala en viaxes ata Pedro Juan Caballero, no Paraguai, ou para o turismo de negocios (comerciantes que se dirixen á rexión para comprar produtos agropecuarios e pernoitan na cidade). Polo seu tamaño, a cidade funciona tamén como un pólo de comercio e servizos para municipios veciños.

Modelo:Link FA