Saltar ao contido

Cabo Frio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de maio de 2006 ás 17:59 por Rembiapo pohyiete (bot)~glwiki (conversa | contribucións) (robot Añadido: sv)
Cabo Frio
Estado Rio de Janeiro
Área 404,5 km²
Poboación 153 735 (2004)
Altitude 4 m sobre o nivel do mar
Latitude 22º52'46"S
Lonxitude 42º01'07" O
Distancia de cidade do Rio de Janeiro 155 Km
Código postal (CEP) 28900-000
Administración local: Prefeitura Municipal de Cabo Frio - Pr. Tiradentes s/nº - Centro
Internet: http://www.cabofrio.rj.gov.br
Alcalde (Prefeito) Marquinho Mendes

Cabo Frio é unha cidade brasileira do estado de Rio de Janeiro sitúada no litoral, a 155 km da cidade do Río de Xaneiro. Ten como principal actividade económica o turismo polas súas praias de augas quentes. Unha das máis coñecidas é a Praia do Forte, urbanizada e próximo ó centro da cidade, que recibe ese nome debido ó Forte Sao Mateus, construído polos portugueses en 1620 para protexer a rexión do ataque dos piratas. Pequenos paseos en barco para os turistas, a pesca e os mergullos para coñecer as belezas do seu mar son outros dos seus atractivos.

O comercio da cidade atende os seus moradores (máis de 150 mil persoas) e de cidades viciñas (Arraial do Cabo, Búzios, Sao Pedro da Aldeia) e tamén os turistas. Para estes últimos, destaca o comercio de roupas de baño, fabricadas na rexión por pequenos obradoiros de confeccións familiares. Tamén hai algún comercio de artesanías para os turistas.