Clemente V, papa
Clemente V (nado en Villandraut en 1264 e falecido en Avignon o 20 de abril de 1314) foi o Papa nº 195 da igrexa católica, sendo o primeiro que instaurou a sé papal en Avignon.
De nome Bertrand de Got, realizou estudos de dereito canónico en Orleans e Bolonia. Tra rematalos foi nomeado canónigo en Burdeos, vicario xeral en Lyon, capelán do papa Bonifacio VIII, bispo de Commninges e, en 1299, arcebispo de Burdeos.
Elección
A súa elección tivo lugar o 5 de xuño de 1305, tras un interregno de once meses ocasionado polas desputas entre cardeais franceses e italianos no cónclave, celebrado en Perugia.
Chamado para a súa coroación, xa que ó non ser cardeal non estaba presente no cónclave, non se desprazou a Italia, senón que elexiu a cidade de Lyon para a súa entronización, que tivo lugar o 14 de novembro de 1305, na igrexa de Saint-Just, contando coa asistencia do rei Filipe IV de Francia.
Clemente estivo durante todo o seu pontificado suxeito ós desxeos de Filipe IV, e nada máis ser coroado, o seu primeiro acto foi o nomeamento de nove cardeais franceses cercanos ó monarca.
Convertido nunha mera ferramenta en mans de Filipe, anulou en 1306 as sentencias eclesiásticas que este consideraba contrarias ós seus intereses, especialmente as bulas Clerecis laicos e Unam Sanctam, que promulgara Bonifacio VIII.
Os aspectos máis importantes do seu pontificado foron a eliminación da orde do Temple e o translado da sé pontificia a Avignon.
Supresión dos Templarios
O 13 de outubro de 1307 Filipe IV, endebedado coa orde do Temple, ordeou o arresto de tódolos templarios que se encontrasen en territorio francés, acusándoos de herexía, se ben a súa verdadeira motivación era facerse cos numerosos bens que a orde tiña en Francia e evitar o pago das débedas que mantiña coa mesma.
A detención dos templarios sen a autorización do pontífice, de quen dependía directamente a orde, fixo protestar a Clemente, pero Filipe convenceuno presentándolle as confesións obtidas baixo tortura, conseguindo que o Papa promulguara a bula Pastoralis praeminen, decretando a detención dos templarios en tódolos territorios cristiáns.
Presionado polo rei, Clemente convocou en 1308, mediante a publicación da bula Regnums in coelis, o concilio de Vienne, celebrado entre 1311 e 1312. Este concilio deu lugar á bula Vox in excelso pola que se suprimía, aínda que non condenaba por herexía, a orde templaria.
Avignon
En 1309 Clemente V transladou a sé papal de Roma a Avignon, que daquela pertencía ó Reino de Nápoles.
O translado tivo inicialmente un carácter provisional, motivado pola situación de inseguridade e caos en que se encontraba Roma, inmersa en loitas e intrigas políticas, e para aproveitar a relativa cercanía con Vienne, onde en 1311 comezou un concilio. Pero o que se iniciara como un acto pasaxeiro, convertiuse en permanente ata 1377 durante sete pontificados. Ese periodo çe coñecido como "a segunda cautividade de Babilonia". Este periodo rematou ó regresar Gregorio XI a Roma.
Outros feitos
Clemente V completou o Corpus Iuris Canonici coa publicación dunha colección de decretais, coñecida como "Liber Clementarium".
Fundou as universidades de Perugia e Orleans.
As profecías de San Malaquías refírense a el como De fasciis Aquitanicis (Dos lazos de Aquitania), facendo referencia a que foi arcebispo de Burdeos, en Aquitania, antes de ser elexido pontífice, e a que no seu escudo de armas figuran tres fasces de gulas.