Saltar ao contido

Río Ruhr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de setembro de 2009 ás 08:17 por TXiKiBoT (conversa | contribucións) (bot Engadido: sr:Рур (река))

Modelo:Rio

Situación do Ruhr en Alemaña. Corre de leste a oeste
Situación do Ruhr en Alemaña. Corre de leste a oeste

O Ruhr é un río da Alemaña, afluente do Rhin pola súa beira dereita. Ten unha lonxitude de curso de 221,2 km, cun caudal medio de 79 m3/s perto da súa foz en Duisburg, o que o torna no quinto afluente do Rhin polo seu fornecemento de augas. Tal caudal é semellante ao do inglés río Támese.

Percorrido

O Ruhr ten un curso de sentido leste - oeste. Nace na rexión montañosa do Sauerland, na Renania do Norte-Westphalia (Nordrhein-Westphalen), a unha altitude de 670 m. Logo dun percurso de máis de 100 km através do Sauerland, recibe o seu tributario principal, o Lenne, ao sur da cidade de Dortmund. De seguido forma o límite meridional da coñecida rexión industrial do Ruhr, densisimamente poboada (posto 42º na lista des megalópoles, con máis de 6 millóns de habitantes).

O Ruhr é navegábel en 41 km, desde Mülheim an der Ruhr até Essen-Rellinghausen.

Conca

A conca ou bacía do Ruhr cobre 4.485 km2.

Afluentes

O máis importante dos seus tributarios é o río Lenne, que recibe pola marxe esquerda, e que alcanza 121,2 km de longo.

Cidades que atravesa

O Ruhr baña primeiro as cidades de Meschede, Arnsberg, Wickede, Fröndenberg, Holzwickede, Iserlohn e Schwerte.

Logo o seu curso marca o límite meridional da área do Ruhr area, pasando polas cidades de Hagen, Dortmund, Herdecke, Wetter, Witten, Bochum, Hattingen, Essen, Mülheim e máis Duisburg, onde se xunta con o Rhin.