Saltar ao contido

Asfalto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de maio de 2009 ás 08:33 por TXiKiBoT (conversa | contribucións) (bot Modificado: ko:아스팔트 콘트리트)
Asfalto en estrada

O asfalto é un material viscoso, pegañento e de cor negra, usado como aglomerante en mesturas asfálticas para a construción de estradas ou autoestradas. Tamén é empregado en impermeabilizantes. Está presente no petróleo cru e composto case por completo de bitumen. O seu nome recorda o Lago Asfaltites (o Mar Morto), na cuenca do río Xordán.

Ademais do sitio mencionado, atópase en estado natural formando unha mestura complexa de hidrocarburos sólidos en lagoas dalgunhas concas petroleiras, como sucede no lago de Guanoco, o lago de asfalto máis extenso do mundo (Estado Sucre, Venezuela), con 4 km² de extensión e 75 millóns de barriles de asfalto natural.