Saltar ao contido

Josephine Baker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Artista musical Freda Josephine McDonald, máis coñecida polo pseudónimo de Josephine Baker, nada en Saint Louis o 3 de xuño de 1906 e finada en París o 12 de abril de 1975, foi unha bailarina e cantante afroamericana, coñecida como a Venus negra, cidadá francesa dende 1937.

Traxectoria

Gañou o seu primeiro concurso de baile aos 14 anos, e comezou a actuar en vodeviles en Nova York. O 2 de outubro de 1925 actuou en París e obtivo un éxito inmediato co seu espectáculo de baile erótico no que aparecía case espida, despois dunha xira exitosa por Europa instalouse en París onde se converteu nunha estrela, nos seus espectáculos facíase acompañar do leopardo Chiquita, adornado cun colar de diamantes. O escritor Ernest Hemingway dixo dela que era a muller máis sensacional que ninguén vira nunca.[Cómpre referencia]

Convertida nunha musa para pintores e escultores, Baker protagonizou os filmes Zouzou (1934) e Princesse Tamtam (1935). Durante a segunda guerra mundial participou na Resistencia francesa.

Véxase tamén

Ligazóns externas