Saltar ao contido

Bárbore: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Stromovous
Liña 52: Liña 52:
[[bs:Drvobradi]]
[[bs:Drvobradi]]
[[ca:Barbarbrat]]
[[ca:Barbarbrat]]
[[cs:Stromovous]]
[[da:Træskæg]]
[[da:Træskæg]]
[[en:Treebeard]]
[[en:Treebeard]]
[[es:Bárbol]]
[[es:Bárbol]]
[[fi:Puuparta]]
[[fr:Sylvebarbe]]
[[fr:Sylvebarbe]]
[[id:Treebeard]]
[[id:Treebeard]]
Liña 62: Liña 64:
[[pl:Drzewiec]]
[[pl:Drzewiec]]
[[ru:Древень]]
[[ru:Древень]]
[[fi:Puuparta]]
[[sv:Lavskägge]]
[[sv:Lavskägge]]
[[th:ทรีเบียร์ด]]
[[th:ทรีเบียร์ด]]

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2008 ás 12:09

Bárbore (Sindarin: Fangorn) é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien. O máis vello da especie dos Ents, del dise que vive no antigo Bosque de Fangorn, que mide catorce pés de alto e que o seu aspecto asemella o dunha árbore, cos seus frondosos cabelos e rexa complexión.[1] O Bosque de Fangorn esténdese preto de Isengarda, onde reside Saruman o Branco. N' As Dúas Torres coñece a Meriadoc Brandigamo e mais Peregrin Tuc, dous Hobbits da Comarca, tamén coñecidos como Merri e Pippin.[1] A Bárbore repútaselle un intenso odio polos Orcos, e por Saruman trala súa traizón aos Ents.[1][2]

Literatura

En tempos antigos, Eru Ilúvatar enviara espíritos a Arda para habitaren as árbores, creadas pola Vala Yavanna xunto con outras plantas ou olvars. A Vala anceiaba protección para as súas creacións, xa que Morgoth (daquela coñecido como Melkor) estaba a destruír as árbores e olvars, incapaces de se defender del. Os Ents foron creados por Ilúvatar a instancias de Yavanna para seren Pastores da Fraga ou Pastores das Árbores. Tamén creou Mullerents como compañeiras deles, mais foron expulsadas por Sauron na Segunda Idade.[1][2][3]

Bárbore é o máis vello dos tres Ents orixinais que fican.[1][4] Dise que outrora vagou por todas as fragas da Terra Media, incluídas as Montañas Bretemosas, o Bosque Escuro, e as Montañas Azuis. Após a perda das Mullerents, contra a fin da Terceira Idade, el e mais o resto dos Ents trasladáronse ao Bosque de Fangorn. Isto provocou que os Ents que ficaban se illasen, e que no lles chegase ningunha información do mundo exterior.[1] A chegada de Merri e Pippin atraeu a atención de Bárbore e fixo que emprendese accións contra Saruman por ter tallado as súas árbores. Así, liderou os Ents á guerra contra o mago e o seus Orcos.

Bárbore fora amigo de Saruman noutro tempo. N' As Dúas Torres descríbese como ambos viaxaran xuntos e conversaran sobre asuntos de importancia. Saruman foi reunindo información acerca do Bosque de Fangorn, e amosábase especialmente interesado nas súas entrelazadas sendas. Máis tarde Saruman abandonou a Bárbore e decidiu permanecer en Isengarda e construír un exército para Sauron.[1]

Após o encontro de Merri e Pippin con Bárbore, este último convocou a reunión da Asemblent, que durou tres días e levou á decisión de lanzar un ataque sobre Isengarda e Saruman.[1][2][4] Posto que Leaflock e Skinbark eran os Ents de maior idade xunto con Bárbore, negáronse a loitar; Bárbore, pola súa banda, pensaba que camiñaba cara á súa perdición durante "a derradeira marcha dos Ents."[1][4] Bárbore esperaba que algúns dos Ents máis novos virían para suplir aos outros dous, e durante a noite fixo correr a voz. Despois comezou a ataque a Isengarda.[1][2][4]

Durante o asalto, os Ents derrubaron as murallas de Saruman e destruíron todo o que se atopaba dentro e fóra de Isengarda; non foron quen de entrar na Torre de Orthanc, mais Saruman ficou atrapado no seu interior. Bárbore interrompeu o ataque á torre ao se decatar de que os seus esforzos eran en van: a torre era forte de máis. Os Ents recibiron a orde de liberar as augas do Río Isen, que asolagou Isengarda.[2] Ao partiren Merri e Pippin, Bárbore pediulles que estivesen alerta por se vían algunha Mullerent.[1] Nun determinado punto do libro, Tolkien dá indicios acerca do paradoiro das Mullerents. Especúlase que foron albiscadas por Hal, curmán de Samsagaz Gamllí na Caderna do Norte. No entanto, isto podería ser unha mera conxectura.

En 1495 dos Anos das Árbores, cando os Ents estaban a prosperar, Morgoth volveu estabelecer o seu reino na Terra Media.[1] Isto provocou que as Mullerents se trasladasen ao leste, por onde discorría o río Anduin.[1] A Mullerent de Bárbore, Fimbrethil, foi expulsada da súa terra e os dous víronse separados para sempre. Isto podería ser a causa principal da perda das Mullerents e da súa descendencia.[1][5]

O reino élfico de Lothlórien estaba situado preto do Norte do Bosque de Fangorn, e Bárbore tivera ocasión de coñecer os Señores dos Galadhrim of Lothlórien, que o chaman "O máis vello".[1][6] Isto marcou o momento no que os Ents e os Elfos ficaron separados. Amais Bárbore coñecera a Galadriel e Celeborn.[1] Co tempo os Ents e os Elfos distanciáronse e estes últimos deixaron de ter nada que ver cos asuntos dos Ents.[1][6]

Concepto e creación

Tense conxecturado que moitas das peculiaridades de Bárbore están baseadas no amigo de Tolkien C. S. Lewis, un home aparatoso e ruidoso célebre polo seu forte paso e abrumadora presenza (como se di nos comentarios dos DVDs da adaptación cinematográfica de Peter Jackson).

Representación en adaptacións

Na adaptación animada de Ralph Bakshi en 1978 d' O Señor dos Aneis, John Westbrook puxo a voz de Bárbore. Stephen Thorne interpretou o personaxe no serial radiofónico da BBC Radio en 1981. Sobre o escenario, Brian Amidei deu vida a Bárbore na producción d As Dúas Torres representada no Lifeline Theatre en 1999.

Nos filmes de Peter Jackson As Dúas Torres (2002) e O Regreso do Rei (2003), Bárbore é unha combinación dun enorme modelo animatrónico e infografía; a súa voz correu a cargo de John Rhys-Davies, quen tamén interpretou ao anano Gimli. Nesta adaptación, os Ents presentes na Asemblent rexeitan a petición de axuda de Merri e Pipin. Mentres Bárbore carrexa os Hobbits a través do Bosque de Fangorn, a Pipin ocórreselle unha idea: pídelle a Bárbore que os leve cara a Isengarda, porque ese era o "derradeiro lugar" no que Saruman procuraría por eles. Ao se achegar Bárbore aos límites da fraga, é testemuña da devastación provocada polos Orcos de Saruman. As árbores foran talladas como combustíbel para as máquinas de guerra de Saruman. Bárbore, alporizado, convoca o resto dos Ents, que saen da fraga. Xuntos atacan e asolagan Isengarda, e Bárbore envía os Cuornos ao Abismo de Helmo, para atacaren os Orcos de Saruman.

Existe un proxecto para erixir unha estatua de Bárbore realizada por Tim Tolkien, sobriño neto de J.R.R. Tolkien, preto da antiga casa deste último en Moseley, Birmingham. Tamén existe unha estatua dun Ent que asemella moito a Bárbore en Grizdale Forest, Cumbria (Reino Unido).

Bárbore tamén aparece no videoxogo "The Lord of the Rings: The Two Towers", como personaxe non xogábel. Debía aparecer no videoxogo "Lord of the Rings: The Treason of Isengard" como personaxe xogábel durante a destrución de Isengarda, mais o xogo acabou sendo cancelado.

Na serie de videoxogos "Battle for Middle Earth", Bárbore é un dos personaxes que se poden comprar co bando das forzas da luz.

No xogo de cartas da franquía Top Trumps dise que a idade de Bárbore é de 17.051 anos.[7]

No disco "Dawn in Rivendell" (the Tolkien Ensemble) Christopher Lee achega a voz de Bárbore.

Véxase Tamén

Referencias

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 Treebeard
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ents
  3. The Silmarillion - "Of Aule and Yavanna" p. 46 and "Of the Ruin of Doriath" p. 235
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Tolkien, J.R.R. The Two Towers. 
  5. The Letters of J.R.R. Tolkien - Letters #144 and #338 - "Fate of the Entwives"
  6. 6,0 6,1 Unfinished Tales - "The History of Galadriel and Celeborn; Appendix C - The Boundaries of Lórien
  7. Top Trumps card game ISBN-5-036905-004060