Saltar ao contido

Marea vermella: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Acerto (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 698739 de 80.33.204.209 (disc.)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 20: Liña 20:
Na nosa Comunidade, os primeiros estudos sobre a presenza e distribución estacional das mareas vermellas foron realizados en [[1918]] por [[Ramón Sobrino Buhígas]], na ría de [[Vigo]] ("La purga de mar o hematotalasia”, en ''Memorias da Real Sociedade Española de Historia Natural'' 10(9), 407-458). A revista ''[[Ultreya]]'' publicou en [[1919]] un breve dando noticia desta publicación, na que Sobrino defendía a responsabilidade como causa única do dinoflaxelado ''Gonyaulux polyedra'', fronte ás teorías dominantes nese momento que atribuían as mareas vermellas á presenza dun [[radiolario]] (un protozoario con cuberta dura de sílice).
Na nosa Comunidade, os primeiros estudos sobre a presenza e distribución estacional das mareas vermellas foron realizados en [[1918]] por [[Ramón Sobrino Buhígas]], na ría de [[Vigo]] ("La purga de mar o hematotalasia”, en ''Memorias da Real Sociedade Española de Historia Natural'' 10(9), 407-458). A revista ''[[Ultreya]]'' publicou en [[1919]] un breve dando noticia desta publicación, na que Sobrino defendía a responsabilidade como causa única do dinoflaxelado ''Gonyaulux polyedra'', fronte ás teorías dominantes nese momento que atribuían as mareas vermellas á presenza dun [[radiolario]] (un protozoario con cuberta dura de sílice).


==As causas das mareas vermellas ==
==As causas das mareas vermellas==
A aparición de mareas vermellas está asociada a determinadas condicións ambientais nas augas superficiais, como son o aumento da temperatura da auga, da insolación e da disponibilidade de nutrientes. Nestas condicións, a reprodución das algas é extremadamente intensa, puidendo chegar en cuestións de horas a cifras de 1 a 1.000 millóns de células por litro. Esta masa de algas coloreadas acumúlase nas augas superficiais e provoca a aparición das manchas de cor.
A aparición de mareas vermellas está asociada a determinadas condicións ambientais nas augas superficiais, como son o aumento da temperatura da auga, da insolación e da disponibilidade de nutrientes. Nestas condicións, a reprodución das algas é extremadamente intensa, puidendo chegar en cuestións de horas a cifras de 1 a 1.000 millóns de células por litro. Esta masa de algas coloreadas acumúlase nas augas superficiais e provoca a aparición das manchas de cor.
Hai anos eran un fenómeno habitual nos meses de outono, pero actualmente se presentan en calquera época do ano.
Hai anos eran un fenómeno habitual nos meses de outono, pero actualmente se presentan en calquera época do ano.

Revisión como estaba o 22 de xullo de 2008 ás 06:26

Debuxo esquemático dos dinoflaxelados.

Co nome de marea vermella denominámo-la aparición de manchas máis ou menos amplas de cor parda ou vermella na superficie do mar, provocadas polo crecemento explosivo de certas algas chamadas dinoflaxelados, posuidores de pigmentos fotosintéticos.

Os dinoflaxelados son algas microscópicas e forman parte, xunto ás diatomeas e outros grupos de algas, do fitoplancto presente de modo natural nas augas mariñas. Tamén están presentes en Galicia.

Como xa dixemos, a presenza destas algas nas nosas augas é habitual e serven de fonte de alimento a moluscos e peixes sen que se produza problema ningún. É máis, a riqueza marisqueira das nosas rías débese en boa parte á súa riqueza en plancto, xa que representa o nivel trófico primario dos ecosistemas acuáticos, o alimento fundamental para os nosos moluscos bivalvos, de alimentación por filtración.

Antecedentes históricos

Unha "marea vermella" na costa de La Jolla, California

As mareas vermellas son un fenómeno descrito en practicamente todo o mundo e coñecido desde antigo. En Galicia, os mariñeiros máis vellos chamábanas purgas do mar. Tamén aparecen citadas nos textos científicos antigos como hematotalasia (do grego hematos= sangue, e thalasos= mar).

Na literatura técnica, estas explosións de células denomínanse florecementos, floracións ou proliferacións (blooms; e, no caso de se trate de especies tóxicas: Harmful Algal Blooms).

Alguns autores levan a primeira referencia histórica dunha marea vermella á cita bíblica das pragas de Exipto: “E toda a auga que estaba no Nilo converteuse en sangue. E os peixes que había no Nilo morreron. E o Nilo contaminouse de tal modo que os exipcios non podían beber a auga do Nilo” (Éxodo 7:20-21).

As primeiras referencias escritas que se poden relacionar claramente cunha marea vermella débense ó explorador Alvar Núñez Cabeza de Vaca, que escribía no seu diario de a bordo en 1530 que nas costas de Florida observara abundante peixe morto a consecuencia da extraña cor das augas.

En 1793 témolo primeiro dato de intoxicación por consumo de moluscos nos mariñeiros dun barco que exploraba as costas da Columbia británica. Outro caso citado na bibliografía é outra intoxicación por consumo de ostras en Florida, en 1884.

Na nosa Comunidade, os primeiros estudos sobre a presenza e distribución estacional das mareas vermellas foron realizados en 1918 por Ramón Sobrino Buhígas, na ría de Vigo ("La purga de mar o hematotalasia”, en Memorias da Real Sociedade Española de Historia Natural 10(9), 407-458). A revista Ultreya publicou en 1919 un breve dando noticia desta publicación, na que Sobrino defendía a responsabilidade como causa única do dinoflaxelado Gonyaulux polyedra, fronte ás teorías dominantes nese momento que atribuían as mareas vermellas á presenza dun radiolario (un protozoario con cuberta dura de sílice).

As causas das mareas vermellas

A aparición de mareas vermellas está asociada a determinadas condicións ambientais nas augas superficiais, como son o aumento da temperatura da auga, da insolación e da disponibilidade de nutrientes. Nestas condicións, a reprodución das algas é extremadamente intensa, puidendo chegar en cuestións de horas a cifras de 1 a 1.000 millóns de células por litro. Esta masa de algas coloreadas acumúlase nas augas superficiais e provoca a aparición das manchas de cor. Hai anos eran un fenómeno habitual nos meses de outono, pero actualmente se presentan en calquera época do ano.

Das aproximadamente 5.000 especies de algas microcópicas coñecidas, só unhas 300 producen alteracións na cor da auga cando se dan as circunstancias medioambientais favorables e alcanzan concentracións elevadas, dando lugar ás mareas vermellas.

En ocasións, estas mareas vermellas están constituídas por determinadas especies de algas capaces de producir toxinas e, ó seren inxeridas e acumuladas polos moluscos bivalvos, poden causar problemas de intoxicación alimentaria nos consumidores deste marisco. Neste caso falamos xa de biotoxinas, e cómpre aplicar un sistema de vixilancia por parte das Administracións de Pesca e de Sanidade sobre as zonas de produción para segui-la evolución das cifras de algas presentes e dictar distintas medidas de control sobre a extracción e a comercialización de moluscos bivalvos, chegando, en caso necesario, a prohibi-la extracción de molusco naquelas zonas nas que as concentracións de algas tóxicas fagan que o molusco non sexa apto para o consumo.

Non son mareas, nin só vermellas nin son sempre tóxicas

Marea vermella nunha canle

En realidade, a denominación de marea vermella é incorrecta xa que nin están relacionadas co devalo das mareas nin son sempre de cor vermella, pero o termo está xa absolutamente imposto na sociedade, nos mariñeiros e na comunidade científica.

Tampouco é certa a crenza xeral de que estean necesariamente relacionadas coa toxicidade dos moluscos, o que nos debería levar a falar de mareas vermellas tóxicas e de mareas vermellas non tóxicas.

A coloración que dan á auga débese á altísima densidade de células e á presenza de pigmentos nas mesmas. Estes pigmentos, cos que captan a luz solar para a fotosíntese son de diversos tipos: clorofilas a, b y c, carotenoides, fucoxantina, ß-caroteno, peridinina, etc., e de aí as diferentes cores en función do tipo de pigmento e das proporcións entre eles.

En Galicia describíronse xa situacións coma as descritas das seguintes cores:

  • Cor vermella, debidas ó dinoflaxelado Gonyaulax polygramma e ó ciliado Messodinium rubrum.
  • Cor vermella-laranxa, debidas ó dinoflaxelado Noctilluca scintillans.
  • Cor marrón-vermella, debidas a diatomeas (dos xéneros Chaetoceros, Rhizosolenia, etc.) e a dinoflaxelados Gymnodinium catenatum e Glenodinium foliaceum.
  • Cor marrón-chocolate, debidas ó flaxelado Heterosigma akashiwo.
  • Cor marrón-verdosa, debidas ós dinoflaxelados Karenia mikimotoi e Prorocentrum minimum.

Dinoflaxelados ictiotóxicos

Outra posibilidade que poden presentar estas proliferacións masivas de algas é a de afectar negativamente ó crecemento dos peixes e mariscos presentes nesa zona, chegando incluso a provocárlle-la morte por dano físico (que aumenta a susceptibilidade de infección bacteriana), por diminución da concentración de osíxeno na auga (que provoca anoxia), por formación de mucus sobre os organismos mariños (que taponan as branquias e lles impiden respirar), por concrentracións elevadas de amonio, etc. Neste caso denomínanse algas ictiotóxicas.

Así, o silicoflaxelado Dictyocha speculum pode provocar mortandade nas piscifactorías de salmón e o dinoflaxelado Glenodinium foliaceum provoca mortandade en peixes silvestres. Outras especies ictiotóxicas son Heterosigma akashiwo, Karenia mikimotoi, Phaeocystis pouechetii, Chaetoceros convolutus, C. concavicornis e Noctilluca scintillans, relacionadas con episodios de mortandades elevadas de peixes e moluscos.