Henrique I de Luxemburgo: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio web móbil Edición móbil avanzada |
m elimino a Categoría:Monarcas mediante HotCat |
||
Liña 69: | Liña 69: | ||
[[Categoría:Nados en Luxemburgo]] |
[[Categoría:Nados en Luxemburgo]] |
||
[[Categoría:Nados en 1955]] |
[[Categoría:Nados en 1955]] |
||
[[Categoría:Monarcas]] |
|||
[[Categoría:Grandes Duques de Luxemburgo]] |
[[Categoría:Grandes Duques de Luxemburgo]] |
Revisión como estaba o 14 de outubro de 2024 ás 19:56
Henrique de Nassau-Weilburg e Borbón-Parma, nado o 16 de abril de 1955 no Castelo de Betzdorf, é o actual gran duque de Luxemburgo, e polo tanto, correspóndelle asumir a función de xefe de Estado do país.[1]
É fillo do anterior gran duque Xoán I de Luxemburgo e da súa esposa, a princesa Xosefina Carlota de Bélxica, irmá dos reis Balduíno I e Alberte II de Bélxica.[1]
Acadou o título o 7 de outubro de 2000 ao abdicar o gran duque Xoán,[1] reinando co nome de Henrique I de Luxemburgo. En 2024 anunciou a súa intención de nomear o seu fillo, Guillerme, tenente-representante en outubro dese ano. Deste xeito, aínda que Henrique I seguirá tendo o título de gran duque, Guillerme será o rexente.[2]
Traxectoria
Infancia
Bautizado cos nomes de Henri Albert Gabriel Félix Marie Guillaume tivo como padriños a Alberte II de Bélxica, entón príncipe de Liexa, e a María Gabriela de Luxemburgo, os seus tíos por parte de nai e de pai, respectivamente.
Estudos
Fixo os ensino básico e secundario entre Luxemburgo e Francia, onde obtivo o Bacharelato en 1974.[3] Ingresou logo na Real Academia Militar de Sandhurst, no Reino Unido, graduándose como oficial en 1975.[4]
Licenciado en Ciencias Políticas polo Instituto de Graduados de Xenebra en 1980, ao igual que a súa esposa, María Teresa Mestre Batista.[5] Precisamente en dito centro universitario se coñeceron e iniciaron a súa relación.[6]
Herdeiro o trono
En 1973, con 18 anos, foi declarado maior de idade polo seu pai, o gran duque Xoán. Deste xeito concedéronlle os títulos de herdeiro do Gran duque (en francés, Grand-Duc Héritier de Luxembourg), príncipe herdeiro de Nassau e príncipe de Borbón-Parma.[7] A partires de entón asumiu responsabilidades públicas sendo dende 1977 presidente do Comité de Desenvolvemento Económico, para a promoción internacional do Gran Ducado de Luxemburgo como centro de investimento financeiro, e incorporouse ao Consello de Estado en 1980, órgano de asesoramento ao monarca e, ata 1997, máximo tribunal administrativo do país.[8] En 1998 foi nomeado membro do Comité Olímpico Internacional.[9]
No ano 1998, o seu pai, o gran duque Xoán, de 77 anos, nomeouno tenente represenante da Súa Alteza Real o gran duque (en francés, Lieutenant-Représentant de Son Altesse Royale le Grand-Duc), delegando nel funcións representativas reservadas ao xefe do Estado.[4]
Matrimonio e descendencia
O 14 de febreiro de 1981, Henrique casou na Catedral de Santa María de Luxemburgo con María Teresa Mestre Batista, orixinaria de Marianao, A Habana, Cuba.
A parella reside no Palacio Gran Ducal de Luxemburgo (residencia oficial) e no Castelo de Berg (residencia privada), e ten catro fillos e unha filla:[1]
- Príncipe Guillerme de Luxemburgo (11 de novembro de 1981), herdeiro do Gran Ducado.
- Príncipe Félix de Luxemburgo (1984).
- Príncipe Luís de Luxemburgo (1986). Casado en 2006 con Tessy Antony, coa que ten dous fillos, Gabriel Miguel (2006) e Noah Guillerme (2007).
- Princesa Alexandra de Luxemburgo (1991).
- Príncipe Sebastián de Luxemburgo (1992).
Gran duque de Luxemburgo
No ano 2000, Xoán I do Luxemburgo, abdicou, asumindo Henrique o cargo de gran duque o 7 de outubro. Nese día, o gran duque saínte e o entrante asinaron a acta de abdicación canda a familia real, as altas autoridades do Estado, o primeiro ministro Jean-Claude Juncker, e os reis Beatriz dos Países Baixos e Alberte II de Bélxica. Posteriomente, Henrique xurou o cargo ante a Cámara de Deputados e celebrouse unha misa de acción de grazas na Catedral de Santa María de Luxemburgo.[1][4]
En 2008, Henrique I rexeitou asinar a lei de eutanasia do Gran Ducado, un requirimento preciso segundo a Constitución do país para promulgar dita normativa.[10] Henrique alegou ás súas conviccións católicas para xustificar a negativa.[11] Finalmente, acordouse reducir os poderes do xefe do Estado mediante unha reforma constitucional no ano 2009 que eliminou a necesidade do asentimento real.[12][13]
Recoñecementos
O gran duque Henrique é doutor Honoris causa en Letras pola Universidade Sacred Heart de Fairfield, Connecticut, Estados Unidos, en Dereito pola Universidade Miami de Oxford, Ohio, Estados Unidos, en Economía pola Universidade Khon Kaen, Tailandia, e en Ciencias Políticas pola Universidade de Trier, Alemaña.[1]
Entre outras distincións, foi nomeado o 13 de abril de 2007 cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro.[14]
Outras funcións
Desde 1998 é membro do Comité Olímpico Internacional e da Fundación Charles Darwin para a preservación das illas Galápagos. Ultimamente centraou as súas actividades nunha fundación patrocinada pola Organización Mundial da Saúde dedicada á prevención dos abusos de menores.[1]
-
De esquerda a dereita: o gran duque herdeiro Guillerme, o gran duque Henrique e a súa consorte María Teresa
-
O gran duque Henrique con Vladimir Putin
-
Os grandes duques na voda da princesa herdeira Vitoria de Suecia
Predecesor: Xoán |
Gran Duque de Luxemburgo Desde o 7 de outubro de 2000 |
Sucesor: No cargo |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Enrique de Luxemburgo". www.cidob.org (en castelán). 2000-10-07. Consultado o 2024-06-25.
- ↑ "À la surprise générale: Le Grand-Duc passera la lieutenance à son fils à l'automne". infos.rtl.lu (en francés). Consultado o 2024-06-25.
- ↑ "Biographie Grand Duc Henri (english)" (PDF). monarchie.lu. Consultado o 25-6-2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "La familia granducal de Luxemburgo" (PDF). sip.gouvernement.lu. Consultado o 25-6-2024.
- ↑ "HRH Grand Duchess to Celebrate 64th Birthday". Chronicle.lu. Consultado o 2024-06-25.
- ↑ Familia de Henrique I Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. (en francés).
- ↑ "Luxemburger Wort". viewer.eluxemburgensia.lu. 17-4-1973. Consultado o 2024-06-26.
- ↑ "Membres depuis 1857". conseil-etat.public.lu (en francés). 2024-05-21. Consultado o 2024-06-26.
- ↑ "Grand Duke Henri of Luxembourg". Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- ↑ "Le grand-duc de Luxembourg bloque la loi sur l\'euthanasie". RTL Info (en francés). 2008-12-02. Consultado o 2024-06-26.
- ↑ "Le coup d'éclat du grand-duc de Luxembourg". Le Figaro (en francés). 2008-12-10. Consultado o 2024-06-26.
- ↑ "Loi du 12 mars 2009 portant révision de l'article 34 de la Constitution.". Journal officielle du Grand-Duché de Luxembourg.
- ↑ "Euthanasia Controversy: Grand Duke of Luxembourg Will Lose His Veto". Der Spiegel (en inglés). 2008-12-04. ISSN 2195-1349. Consultado o 2024-06-26.
- ↑ [1]Boletín Oficial del Estado .
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |