Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 63: Liña 63:


{| class="wikitable sortable" style="width: 40%"
{| class="wikitable sortable" style="width: 40%"
! style="width: 42%;" | Zona/rexión !! Cultural !! Natural !! Mixta !! Total !! % !! Estados con bens inscritos
! style="width: 100%;" | Zona/rexión !! Cultural !! Natural !! Mixta !! Total !! % !! Estados con bens inscritos
|- align=center
|- align=center
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en en África|África]]''' || 52 || 38 || 5 || 95 || 8.70% || 35
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en en África|África]]''' (non inclúe os países dos [[Liga de Estados Árabes|Estados árabes]]).<ref>{{Cita wb
|url= http://whc.unesco.org/en/list/?searchSites=&search=&search_by_country=&type=&media=&region=5&order=&criteria_restrication= |título= World Heritage List: Africa
|autor= Unesco
|idioma=inglés
|fechaacceso=23 de setembro de 2007
}}</ref>|| 52 || 38 || 5 || 95 || 8.70% || 35
|- align=center
|- align=center
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade nos estados árabes|Estados árabes]]''' || 76 || 5 || 3 || 84 || 7.69% || 18
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade nos estados árabes|Estados árabes]]''' (inclúe ademáis unha zona de [[Xerusalén]] proposta por [[Xordania]]).<ref>{{Cita web
|url= http://whc.unesco.org/en/list/?searchSites=&search=&search_by_country=&type=&media=&region=4&order=&criteria_restrication= |título= World Heritage List: Arab States
|autor= Unesco
|idioma=inglés
|fechaacceso=23 de septiembre de 2007
}}</ref>|| 76 || 5 || 3 || 84 || 7.69% || 18
|- align=center
|- align=center
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Asia|Asia]] e o [[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Oceanía|Pacífico]]''' || 181 || 65 || 12 || 258* || 23.63% || 36
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Asia|Asia]] e o [[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Oceanía|Pacífico]]''' (non inclúe os países dos Estados árabes, nin a Hawái).<ref>{{Cita web
|url= http://whc.unesco.org/en/list/?searchSites=&search=&search_by_country=&type=&media=&region=2&order=&criteria_restrication=
|título= World Heritage List: Asia and the Pacific
|autor= Unesco
|idioma=inglés
|fechaacceso=23 de septiembre de 2007
}}</ref>|| 181 || 65 || 12 || 258* || 23.63% || 36
|- align=center
|- align=center
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Europa|Europa]] e [[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Norte América|Norte América]]''' || 440 || 63 || 11 || 514* || 47.07% || 50
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Europa|Europa]] e [[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade en Norte América|Norte América]]''' (non inclúe a México; atópanse neste grupo Israel e Hawái).<ref>{{Cita web
|url= http://whc.unesco.org/en/list/?searchSites=&search=&search_by_country=&type=&media=&region=1&order=&criteria_restrication=
|título= World Heritage List: Europe and North America
|autor= Unesco
|idioma=inglés
|fechaacceso=23 de septiembre de 2007
}}</ref>|| 440 || 63 || 11 || 514* || 47.07% || 50
|- align=center
|- align=center
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade nas Américas|Latino América]] e o [[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade no Caribe|Caribe]]''' || 96 || 38 || 7 || 141* || 12.91% || 28
| align=left | '''[[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade nas Américas|Latino América]] e o [[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade no Caribe|Caribe]]''' <ref>{{Cita web
|url= http://whc.unesco.org/en/list/?searchSites=&search=&search_by_country=&type=&media=&region=3&order=&criteria_restrication=
|título= World Heritage List: Latin America and the Caribbean
|autor= Unesco
|idioma=inglés
|fechaacceso=23 de septiembre de 2007
}}</ref>|| 96 || 38 || 7 || 141* || 12.91% || 28
|- align=center
|- align=center
! Total || 845 || 209 || 38 || 1092 || 100% || 167
! Total || 845 || 209 || 38 || 1092 || 100% || 167

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2018 ás 20:38

Muralla de Lugo declarada Patrimonio da Humanidade desde o 30 de novembro do 2000

O título de Patrimonio da Humanidade é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.

O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade (ver os criterios[Ligazón morta]). Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións. O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.

En xullo de 2018, estaban catalogados un total de 1.092 sitios (845 culturais, 209 naturais e 38 mixtas) en 167 países diferentes. Italia, con 54 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China (53), España (47), Francia (44), Alemaña (44), India (37) e México (35).[1]

Criterios de selección

A fins de 2004, había seis criterios no ámbito cultural e catro no ámbito natural. En 2005 isto modificouse para que só haxa un grupo de dez criterios. Para ser incluído na lista de Patrimonios da Humanidade un sitio debe ter un "sobresaínte valor universal" e debe satisfacer polo menos un dos seguintes criterios de selección:

I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano.
II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico.
III. Achegar un testemuño único ou polo menos excepcional dunha tradición cultural ou dunha civilización existente ou xa desaparecida.
IV. Ofrecer un exemplo eminente dun tipo de edificio, conxunto arquitectónico ou tecnolóxico ou paisaxe, que ilustre unha etapa significativa da historia humana.
V. Ser un exemplo eminente dunha tradición de asentamento humano, utilización do mar ou da terra, que sexa representativa dunha cultura (ou culturas), ou da interacción humana co ambiente especialmente cando este se volva vulnerable fronte ao impacto de cambios irreversibles.
VI. Estar directa ou tanxiblemente asociado con eventos ou tradicións vivas, con ideas ou con crenzas, con traballos artísticos e literarios de destacada significación universal. (O comité considera que este criterio debe estar preferentemente acompañado doutros criterios).
VII. Conter fenómenos naturais superlativos ou áreas de excepcional beleza natural e importancia estética.
VIII. Ser un dos exemplos representativos de importantes etapas da historia da terra, incluíndo testemuños da vida, procesos xeolóxicos creadores de formas xeolóxicas ou características xeomórficas ou fisiográficas significativas.
IX. Ser un dos exemplos eminentes de procesos ecolóxicos e biolóxicos no curso da evolución dos ecosistemas.
X. Conter os hábitats naturais máis representativos e máis importantes para a conservación da biodiversidade, incluíndo aqueles que conteñen especies ameazadas de destacado valor universal desde o punto de vista da ciencia e o conservacionismo.

Desde 1992 a interacción entre o home e o ambiente é recoñecido como paisaxe cultural.

Patrimonio da Humanidade en Galiza

Galiza conta con tres monumentos Patrimonio da Humanidade e o Camiño de Santiago:

Candidatos provisionais

Na listaxe de sitios candidatos a ser escollidos Patrimonio da Humanidade están:

Patrimonio Mundial en Perigo

A conservación do Patrimonio Mundial é un proceso continuo. Se un país non protexe os lugares inscritos, corre o risco de que eses lugares sexan retirados da Lista do Patrimonio Mundial. Os países deben informar periodicamente o Comité do Patrimonio Mundial sobre o seu estado de conservación.

Se o Comité do Patrimonio Mundial é avisado sobre posíbeis perigos para un sitio, é incluído na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, co fin de chamar a atención mundial sobre as condicións, naturais ou creadas polo ser humano, que ameazan as características polas cales inicialmente se incribiu o sitio na Lista do Patrimonio Mundial.

Estatísticas

( mapa interactivo)

Hai 1092 sitios do Patrimonio Mundial situados en 167 estados. Destes, 845 son culturais, 209 son naturais e 38 son mixtas. O Comité do Patrimonio Mundial dividiu o mundo en cinco zonas xeográficas ás que se chama rexións: África, Estados árabes, Asia e Pacífico, Europa e América do Norte e América Latina e o Caribe.

Rusia e os estados do Cáucaso clasifícanse como europeos, mentres que México e Caribe clasifícanse como pertencentes á zona de América Latina e Caribe, malia a súa situación en América do Norte. As zonas xeográficas da UNESCO tamén fan máis énfase nas asociacións administrativas, en vez de nas asociacións xeográficas. Por iso, Illa Gough, situada no Atlántico Sur, forma parte da rexión de Europa e América do Norte porque o goberno do Reino Unido nomeou o sitio.

A táboa seguinte inclúe unha repartición dos sitios segundo estas zonas e a súa clasificación::[6][7]

Zona/rexión Cultural Natural Mixta Total % Estados con bens inscritos
África (non inclúe os países dos Estados árabes).[8] 52 38 5 95 8.70% 35
Estados árabes (inclúe ademáis unha zona de Xerusalén proposta por Xordania).[9] 76 5 3 84 7.69% 18
Asia e o Pacífico (non inclúe os países dos Estados árabes, nin a Hawái).[10] 181 65 12 258* 23.63% 36
Europa e Norte América (non inclúe a México; atópanse neste grupo Israel e Hawái).[11] 440 63 11 514* 47.07% 50
Latino América e o Caribe [12] 96 38 7 141* 12.91% 28
Total 845 209 38 1092 100% 167

Países con dez ou máis sitios

Países con quince ou máis sitios do Patrimonio Mundial, ata de xullo de 2018.

Listas de Lugares Patrimonio Mundial

Notas

  1. Centre, UNESCO World Heritage. [https:/whc.unesco.org/en/list "UNESCO World Heritage Centre - World Heritage List"] |url= incorrecto (Axuda). whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2018-07-03. 
  2. Ancares-Somiedo
  3. El Ferrol of the Illustration Historical Heritage
  4. The Ribeira Sacra, Lugo and Orense
  5. "La Xunta quiere que sean Patrimonio de la Humanidad todas las Islas Atlánticas" (en castelán). 2016-02-17. Consultado o 2016-08-09. 
  6. UNESCO World Heritage Centre. "World Heritage List Statistics". unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. 
  7. UNESCO World Heritage Centre. "UNESCO World Heritage Centre - World Heritage List". unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. 
  8. Modelo:Cita wb
  9. Unesco. "World Heritage List: Arab States" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  10. Unesco. "World Heritage List: Asia and the Pacific" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  11. Unesco. "World Heritage List: Europe and North America" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  12. Unesco. "World Heritage List: Latin America and the Caribbean" (en inglés).  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)

Véxase tamén

Ligazóns externas