Monforte de Lemos: Diferenzas entre revisións
ine |
Sen resumo de edición |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
'''Monforte de Lemos''' é un concello [[Galicia|galego]], capital da comarca da [[Terra de Lemos]] e da [[Ribeira Sacra]]; o segundo concello máis poboado da [[provincia de Lugo]], despois de [[Lugo]]. Recibiu o título de [[cidade]] en [[1885]].<ref>[http://www.jrcasan.com/MONFORTE/ciudadm/ciudad.htm O título de cidade foi concedido a Monforte en 1885, por decreto real de Afonso XIII, polo "''aumento da súa poboación, progreso da súa industria e comercio e a súa constante adhesión á Monarquía Constitucional''"]</ref> |
'''Monforte de Lemos''' é un concello [[Galicia|galego]], capital da comarca da [[Terra de Lemos]] e da [[Ribeira Sacra]]; o segundo concello máis poboado da [[provincia de Lugo]], despois de [[Lugo]]. Recibiu o título de [[cidade]] en [[1885]].<ref>[http://www.jrcasan.com/MONFORTE/ciudadm/ciudad.htm O título de cidade foi concedido a Monforte en 1885, por decreto real de Afonso XIII, polo "''aumento da súa poboación, progreso da súa industria e comercio e a súa constante adhesión á Monarquía Constitucional''"]</ref> |
||
Cunha poboación de |
Cunha poboación de 18.783 habitantes en [[2017]] segundo o [[IGE]], Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da [[provincia de Lugo]], só superado pola capital. Durante o [[século XX]] chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o»<ref group="nota">Segundo Xosé-Henrique Costas González a forma correcta debería ser «montefortina/o», xa que o -ino sobre a forma do topónimo é sospeitoso de ser un castelanismo.</ref> ou «limés/limesa»<ref group="nota">Xosé-Henrique Costas González sinala que este xentilicio fai referencia a toda a comarca de Lemos.</ref>.<ref>{{Cita libro |url=http://anl.uvigo.es/opencms/export/sites/anl/anl_gl/documentos/Xentilicios.pdf |título=Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua e cultura galega |ligazónautor=Xosé-Henrique Costas González |nome=Xosé-Henrique |apelidos=Costas González |páxina=52 |editorial=[[Universidade de Vigo]] |ano=2016}}</ref> |
||
Cunha orixe que se remonta á época [[Cultura castrexa|castrexa]], Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos [[século XVI|XVI]] e [[Século XVII|XVII]], como capital do [[condado de Lemos]]. A chegada do [[ferrocarril]] en [[1883]] converteuna no nó ferroviario máis importante de [[Galicia]] e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o [[mosteiro de San Vicente do Pino]], no alto do monte que dá nome á cidade, e o [[colexio da Nosa Señora da Antiga]], considerado o "Escorial" galego. |
Cunha orixe que se remonta á época [[Cultura castrexa|castrexa]], Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos [[século XVI|XVI]] e [[Século XVII|XVII]], como capital do [[condado de Lemos]]. A chegada do [[ferrocarril]] en [[1883]] converteuna no nó ferroviario máis importante de [[Galicia]] e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o [[mosteiro de San Vicente do Pino]], no alto do monte que dá nome á cidade, e o [[colexio da Nosa Señora da Antiga]], considerado o "Escorial" galego. |
||
Liña 210: | Liña 210: | ||
|----- |
|----- |
||
! Censo total (habitantes) |
! Censo total (habitantes) |
||
! |
! 18.783 <sup>(2017)</sup> |
||
|----- |
|----- |
||
| Menores de 15 anos |
| Menores de 15 anos |
||
| 2. |
| 2.069 (11,02 %) |
||
|----- |
|----- |
||
| Entre 15 e 64 anos |
| Entre 15 e 64 anos |
||
| 11. |
| 11.288 (60,1 %) |
||
|----- |
|----- |
||
| Maiores de 65 anos |
| Maiores de 65 anos |
||
| 5. |
| 5.426 (28,89 %) |
||
|} |
|} |
||
Revisión como estaba o 4 de xullo de 2018 ás 16:12
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Monforte de Lemos | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Monforte de Lemos. | ||||||
Situación | ||||||
Xentilicio[1] | monfortino/monfortina | |||||
Xeografía | ||||||
Provincia | Provincia de Lugo | |||||
Comarca | Comarca da Terra de Lemos | |||||
Poboación | 18.234 hab. (2023)[2][3] | |||||
Área | 199,5 km²[3] | |||||
Densidade | 91,4 hab./km² | |||||
Entidades de poboación | 27 parroquias[4] | |||||
Capital do concello | Monforte de Lemos | |||||
Política (2015) | ||||||
Alcalde | José Tomé Roca (PSdeG) | |||||
Concelleiros | BNG: 5 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 6 Outros: espertamonforte! 1 | |||||
Eleccións municipais en Monforte de Lemos | ||||||
Uso do galego[5] (2011) | ||||||
Galegofalantes | 34,75% | |||||
Na rede | ||||||
monfortedelemos.es | ||||||
[ editar datos en Wikidata ] |
Monforte de Lemos é un concello galego, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra; o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, despois de Lugo. Recibiu o título de cidade en 1885.[6]
Cunha poboación de 18.783 habitantes en 2017 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o»[nota 1] ou «limés/limesa»[nota 2].[7]
Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.
Historia
A orixe: do Paleolítico aos romanos
A historia de Monforte de Lemos remóntase ao paleolítico, e os seus primeiros habitantes coñecidos foron os Oestrimnios; na chamada época castrexa ou cultura dos castros, propia das tribos célticas, a tribo que poboaba Monforte, era coñecida como tribo dos Lemavos, e as primeiras referencias escritas a ela, datan dos historiadores Romanos Plinio e Estrabón, no século I a.C. A palabra lemos, que dá nome tamén á comarca, coñecida como Terra de Lemos, sería unha palabra céltica que significa "terra húmida ou fértil" e parece entroncar directamente coa raíz da palabra galega lama; crese que durante a prehistoria, Monforte, agora val, foi unha gran lagoa, e probas diso atópanse na dura arxila vermella que emerxe ao escavar uns metros no chan da cidade. Así mesmo o seu río, o Cabe (Chalibes), era xa coñecido polas súas propiedades ferruxinosas e moi apreciado á hora de temperar as espadas dos guerreiros célticos, que acudían de moitos lugares con ese fin.
Dos romanos, cuxo vestixio quedou patente na cidade, provén a palabra Monforte, do latín Montem Fortem 'monte fortificado'. Sucesivamente, os suevos e os visigodos deixaron as súas propias pegadas: en época sueva as Terras de Lemos pertenceron en gran parte ao Condado Pallarense (relacionado co lugar de Pallares na parroquia de Baamorto); desta etapa consérvase un valioso broche visigótico, chamado "O broche de Baamorto", e conservado no Museo Arqueolóxico de Lugo. A poboación xudía tivo tamén grande importancia, contando cun barrio xudeu, no cal, ata a expulsión dos xudeus de España, acometida na Idade Media polos Reis Católicos, residiron importantes familias de esa etnia; entre eles destacaron os Gaibor, familia da que se conserva a casa medieval e escudo de armas, no casco histórico de Monforte, así como a súa estela funeraria, no Museo Arqueolóxico de Ourense, datos, que xunto con outros de distinto xénero, nos fan avaliar o poder que ostentaba esta familia na vila medieval. É ilustrativo tamén o dato de que o apelido Lemos, moi estendido por diferentes partes do mundo, relaciónase con descendentes de xudeus monfortinos.
Da Idade Media á Ilustración
Pero é a idade media un dos períodos máis relevantes na historia de Monforte; establécese no mosteiro de San Vicente do Pino, actualmente parador, a comunidade beneditina. A data exacta é imposible de precisar porque os documentos que o podían acreditar arderon durante o século XIX nun espectacular incendio, que acabou tamén con valiosos tapices e con gran parte do palacio que flanquea ao mosteiro, do que que só se conserva unha parte.
A torre da homenaxe e a muralla foron derruídas durante a Revolta Irmandiña, que enfrontou ao pobo coa nobreza; os responsables, unha vez sufocada a rebelión foron forzados a reconstruír o derruído. O conde de Lemos abstívose de practicar execucións dos rebeldes, quedando na memoria histórica a a famosa frase do conde, pronunciada fronte ó Mariscal Pardo de Cela (quen suxería encher de Vasalos os Carballos): "Eu non me manteño de carballos".
Dous das máis grandes figuras a apuntar na historia da cidade, son o cardeal Rodrigo de Castro e Pedro Fernández de Castro y Andrade, sétimo conde de Lemos. O primeiro é coñecido como gran benfeitor da cidade; débeselle a construción do colexio de A nosa Señora da Antiga, de estilo herreriano un dos grandes tesouros monumentais de Galicia; coñecido como o Escorial galego, a súa praza adquiriu o nome de "A Compañía", pola Compañía de Xesús, á que o cardeal encomendou esta fundación. Arquitectos xesuítas trazaron o edificio e mestres xesuítas rexentaron o colexio ata 1767. Na espectacular igrexa da nosa Señora da Antiga gárdase, entre outras pezas, un enorme retablo esculpido polo gran mestre galego Francisco de Moure; nel é curioso comprobar un espazo en branco, presidindo o conxunto, no que debería figurar a insignia da Compañía de Xesús, borrada trala súa expulsión de España. O colexio, que conta cunha importante pinacoteca na que destacan varios Grecos, está rexentado desde entón polos Pais Escolapios.
En canto a Pedro Fernández de Castro y Andrade, VII conde de Lemos, destacar que foi un fervente impulsor da cultura; mecenas de Cervantes, Góngora, Lope de Vega, os irmáns Argensola e Quevedo, foi definido por este último como "honra da nosa idade" e a el está dedicada a segunda parte do Quixote. Ocupou, así mesmo, entre 1603 e 1618, os cargos de Presidente do Consello de Indias, Vicerrei de Nápoles e Presidente do Consello Supremo de Italia; a el e á súa esposa, Catalina de la Cerda y Sandoval, débeselle a fundación de importantes conventos como o de San Xacinto e Santa Clara, este último cun dos museos de arte sacra máis importantes de España.
Tamén se recorda o protagonismo do conde de Lemos en pugnas de poder entre a nobreza galega e a Monarquía, nunha época que se caracterizaba por constantes friccións; nun ton de ameaza apenas disimulado, escribiu ao rei nestes términos: "Nos que somos tanto como Vos, pero que todos xuntos somos máis que Vos".
Ocupación napoleónica
- Artigo principal: Batalla de Monforte de Lemos.
Monforte ocupaba unha situación estratéxica no territorio galego durante a Guerra da Independencia española, o que fixo que fose atacada tres veces polos franceses, quen bombardeaban a poboación desde o próximo monte de Piñeira. Todas as disputas tiveron lugar en 1809: o 18 de xaneiro, o 20 de abril e desde o 4 ao 11 de xuño.
José Fernández Neira describiu que, a finais de marzo, Monforte converteuse nun centro de fabricación e distribución de armas, baixo o mando dunha delegación da Xunta Superior de Galicia. Tamén se recrutaba e equipaba a soldados. Todo iso puido motivar aos franceses a arrasar Monforte (na segunda disputa) e así acabar con estas actividades.
O 18 de xaneiro tivo lugar a primeira das disputas. As tropas francesas dividíronse ao entrar en Galicia: unha parte seguiu polo camiño de Carlos III, mentres outra parte seguiu polo curso do río Sil. Foron seguramente estes últimos os que entraron en Monforte.
A segunda tivo lugar o 20 de abril de 1809, a máis sanguenta con diferenza. As tropas de Soult e Ney saíron de Lugo e cruzaron o río Sil en persecución das tropas do Marqués da Romana, as cales acababan de desbandar, e Monforte estaba no seu camiño. Os habitantes do pobo enfrontáronse a 6.000 soldados do 6º Exército Francés, comandados polo mariscal Soult, nun momento en que non se atopaban no pobo nin o Batallón de Lemos nin o xeneral Martinengo, o encargado da defensa. José Fernández Neira chegara fai poucos días a Monforte a entregar dous sacas de correo roubadas aos franceses, e puido relatar as preparacións dos defensores no seu libro Proezas de Galicia.
A terceira foi entre o 4 e 11 de xuño, aínda que non houbo realmente ningunha batalla real. O marqués da Romana acababa de pasar por Monforte cara o 2 de xuño, fuxindo de Soult. Soult saíu na súa persecución con 17.000 homes. Ao pasar por Monforte, atopouno deserto xa que os habitantes retiráronse ás penas de ao redor, e decidiu parar alí para descansar ás súas tropas e limpar os seus flancos, que estaban cheos de guerrilleiros. Os soldados sufriron constantes ataques que minguaron constante e fortemente o número e a moral das forzas francesas, mentres que os monfortinos sufrían poucas baixas.
En 1883 o rei Afonso XII inaugura a liña férrea entre Madrid e A Coruña. Monforte convértese nun importante nó ferroviario,[8] ao ser a entrada natural a Galicia. Dous anos mais tarde, en 1885, outórgaselle, por Decreto Real, o título de "cidade" a Monforte de Lemos, en agradecemento polos seus traballos e esforzos para a chegada do ferrocarril. Comeza unha época de crecemento social, económico e cultural, no que a sociedade bule, numerosas asociacións políticas sociais e culturais, así como revistas e periódicos, aparecen na vida Monfortina. Estivo situada en Monforte unha das Irmandades da Fala, organización con moita relevancia na vida cultural galega da época.
En 1916, a petición de Correos, o Estado aprobou que o nome oficial de Monforte pasara a ser Monforte de Lemos para así diferenciar a cidade de outras poboacións españolas e do resto do mundo que tamén se chamaran Monforte.[9]
A guerra civil deixou tamén a súa pegada, e o alcalde Monfortino Juan Tizón Herreros fuxiu a Portugal despois de realizar labores de organización da resistencia na vila,[10] mentres que o seu antecesor no cargo, Rosendo Vila, foi asasinado por sectores incontrolados de Falange Española.[11][12]
Posteriormente, o motor da vida en Monforte, é dicir a súa estación de ferrocarril, foi desmantelado, o seu nó ferroviario e o posto de mando foron trasladados a Ourense, e comezou unha terrible decadencia económica que deu lugar a numerosas pechaduras de establecementos, perda de servizos e empobrecemento.[12]
Actualmente, a cidade parece experimentar un tímido rexurdir, produto de novas ideas, iniciativas e reformas, e das ganas de persoas de diversas ideoloxías de facer recuperar á cidade o status que lle corresponde; ideas destinadas tanto ao turismo, como o caso do seu Parador, como ó intento de mellorar a súa maltreita industria e atraer novos proxectos, como a construción dun Porto Seco ou a instalación na cidade de empresas como Transfesa e Tradisa.[Cómpre referencia]
Un dos puntais de este rexurdimento espérase que sexa a autovía A-76, que uniría a Monforte con Ponferrada e Ourense; tida como imprescindible para o desenvolvemento da zona, está sendo obxecto de polémica, xa que un trazado alternativo desatou un enfrontamento con Ourense, que afonda no conflito iniciado co desmantelamento do nó ferroviario e o seu traslado, xunto con posto de mando, á provincia veciña. Iso provocou multitudinarios movementos de opinión e protesta, que tras varias xuntanzas dos axentes sociais, deron paso a un período de espera, ante o que a comarca considera un irrenunciable dereito.[Cómpre referencia]
Símbolos
O escudo de armas de Monforte de Lemos foi aprobado tras o preceptivo informe do Consello Heráldico de Galicia, polo Goberno autonómico segundo Decreto 166/2002, do 25 de abril de 2002. O proceso espertou certa controversia ao contemplar inicialmente a retirada da tau de goles,[13] unha figura heráldica asociada, entre outros, á Orde Hospitalaria de San Antón, e utilizada tradicionalmente como emblema da vila, quedando finalmente brasoado, atendendo a esta particularidade xunto á súa condición histórica de fortaleza e a súa relación coa casa de Lemos,[14] da seguinte forma:
De prata (branco) un monte de ouro (amarelo), sumado dunha torre do mesmo, acompañado no centro do xefe dunha tau de goles (vermello) e de seis roeis de azur (azul) nos flancos. Ó timbre, a coroa real pechada.
Xeografía
O concello sitúase nunha chaira da Galicia centro-oriental, coñecida como o Val de Lemos. A súa altitude é de 363 metros sobre o nivel do mar e está regado pola conca do río Cabe. Limita cos concellos de Bóveda e O Saviñao ó norte, cos concello de Sober e Castro Caldelas ó sur, cos concellos da Pobra do Brollón e Ribas de Sil ó leste, e cos concellos de Pantón e Sober ó oeste.
O río Cabe, afluente do Sil, é o principal curso fluvial do concello. Entra no seu territorio polo nordés procedente do concello da Pobra do Brollón, aos pés do Moncai, na serra de Fornelas. Pouco despois recibe as augas do río Mao na parroquia da Parte. Logo de pasar por Ribas Altas, entra pola zona norte na cidade. No seu tramo urbano recibe as augas do río Seco e pequenos regatos. Sae pola zona suroeste cara Piñeira e Distriz para entrar xa no concello de Pantón. No límite con este recibe as augas do río Cinsa, o segundo río máis importante, que nace na zona norte do concello.
Parroquias
Clima
O clima en Monforte é oceánico continental, motivado polo afastamento do mar e a protección das serras que fan descender a cantidade de precipitacións, aínda que pola escaseza de precipitacións e a temperatura media anual ás veces é considerado como un clima de transición ao mediterráneo[15] O clima de Monforte está caracterizado por unha temperatura media anual moderada en torno aos 13,6 °C baixas precipitacións e oscilacións térmicas considerables. Os invernos son fríos e os veráns, secos e calorosos.[16]
Aínda que as precipitacións son suaves e regulares ao longo do ano, o máximo prodúcese entre os meses de novembro a marzo, mentres que entre maio e setembro hai un lixeiro déficit hídrico.[15][16]" mes máis chuvioso é decembro, cunha media de 123 mm,[16] e as xeadas e as néboas son moi frecuentes no inverno no val.
Rexistros medios de Monforte de Lemos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | |
Temperatura media máxima (°C) | 10,7 | 12,5 | 14,7 | 16,9 | 20,2 | 23,8 | 26,5 | 26,8 | 23,7 | 18,7 | 13,6 | 11,1 | |
Temperatura media diaria (°C) | 6,8 | 8,3 | 10,5 | 12,1 | 15,2 | 18,4 | 20,9 | 21,2 | 18,4 | 14,3 | 9,5 | 7,2 | |
Temperatura media mínima (°C) | 2,9 | 4,1 | 6,3 | 7,3 | 10,2 | 13,1 | 15,4 | 15,6 | 13,2 | 9,9 | 5,5 | 3,4 | |
Precipitacións (mm) | 100 | 95 | 93 | 68 | 67 | 43 | 22 | 25 | 56 | 91 | 109 | 123 | |
Fonte: Climate-data.org[16] |
Demografía
A poboación do concello en 2015 era de 19.061 habitantes, sendo o segundo da provincia por detrás da capital, Lugo. En canto á distribución por sexos, 10.040 son mulleres e o restante 9.021 son homes. No tocante ao lugar de nacemento, tan só 1.021 habitantes (5,08%) son estranxeiros, 509 proceden do resto da Unión Europea, habendo 21 non comunitarios, 392 de América, 63 de África, 12 de Asia e un de Oceanía. Ademais, cunha extensión de 199,5 km², Monforte ofrece unha das densidades máis altas do conxunto provincial. Desde 2008 Monforte volve gañar habitantes logo dun retroceso que comezou no 2001 e que só dera un respiro cun leve aumento no 2005 (con 24 máis). Porén, o concello parece aínda lonxe de recuperar a cota dos 20.000 habitantes, perdida nos anos noventa.
O conxunto demográfico municipal sufriu un forte aumento desde o 1910 ata 1940, como resultado do crecemento da cidade de Monforte, unha vez convertida nun dinámico centro comercial e económico do sur da provincia de Lugo. Este crecemento enmascarou a perda de poboación na área rural, produto da emigración transoceánica, moi significativa ata a década de 1930. Entre 1930 e 1940 o proceso migratorio detívose pola crise económica mundial e da inestabilidade política do momento. Desde 1940 ata 1970 a poboación descendeu, lentamente, nos anos inmediatamente posteriores á guerra e, dun modo brusco, entre 1950 e 1960. A falta de lugares cara a onde emigrar e o desenvolvemento dalgunhas industrias na capital do municipio explican que, entre 1970 e 1981, os efectivos demográficos aumentasen en un 37%. Pola contra, nos núcleos rurais o envellecemento da poboación e a decadencia do sector primario levaron diminucións xeneralizadas que aínda se manteñen.
Censo total (habitantes) | 18.783 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 2.069 (11,02 %) |
Entre 15 e 64 anos | 11.288 (60,1 %) |
Maiores de 65 anos | 5.426 (28,89 %) |
Gráfico da evolución demográfica entre 1900 e 2010[17] |
---|
Fonte:INE. Gráfica elaborada por: Wikipedia |
Cultura
Toponimia
Da época romana provén a palabra Monforte, do latín mont(e)[m] forte[m] "monte fortificado".
Patrimonio
Patrimonio arquitectónico
- Mosteiro de San Vicente do Pino
- Artigo principal: Mosteiro de San Vicente do Pino.
Situado no alto do monte da cidade, ten a súa orixe no século X, aínda que o actual edificio data do século XVI. Tanto a fachada como o claustro da praza do edificio son neoclásicos. A igrexa do mosteiro é gótico de transición, aínda que a portada é renacentista. Destacan as súas bóvedas, o coro con órgano de estilo barroco e un baixorrelevo de orixe románica. Na actualidade, parte do antigo edificio do mosteiro alberga o Parador de Turismo da cidade.
- Torre da homenaxe
A torre da homenaxe foi construída entre os séculos XIII e XV. Durante a Guerra Irmandiña (1467-1469), tanto a torre como a muralla medieval sufriron danos importantes. Unha vez finalizados os enfrontamentos foron reconstruídas. A torre, que era o lugar onde se celebraban as cerimonias da homenaxe (rito de unión do señor e o vasalo), conserva a súa altura de 30 metros, con muros de 3 metros de grosor e 13 metros de lado.
- Pazo dos condes de Lemos
Construído no século XVI, foi a residencia señorial dos condes de Lemos, unha das familias nobres máis importantes de España. No século XVII sufriu un devastador incendio e tivo que ser reconstruído. Actualmente, alberga parte das dependencias do Parador de Turismo, xunto co mosteiro de San Vicente.
- Colexio de Nosa Señora da Antiga
- Artigo principal: Colexio de Nosa Señora da Antiga.
É un edificio de estilo herreriano, construído entre os séculos XVI e XVII, coñecido popularmente como "o Escorial de Galicia", pola súa similitude co seu homónimo madrileño. Conta con dúas ás simétricas e unha igrexa no centro, da que cabe destacar a súa cúpula rematada en lanterna. A súa construción foi iniciada en 1593, baixo as ordes do cardeal Rodrigo de Castro, que da nome á unha das rúas da cidade. Actualmente, alberga o colexio dos Pais Escolapios e unha pinacoteca con obras de importantes artistas como El Greco.
- Ponte Vella
- Artigo principal: Ponte Vella.
Segundo a tradición, esta ponte da cidade é de orixe romana, aínda que a actual foi edificada a finais do século XVI polo mestre Pedro Rodríguez Remberde. Está formada por seis arcos semicirculares, dous deles cubertos en reformas posteriores. Nos arcos centrais pódense ler diversas marcas do canteiro. A ponte recibe o nome de Vella en contraposición á outra ponte importante da cidade construída no século pasado e coñecida como Ponte Nova. Desde ela, pode accederse aos paseos fluviais das ribeiras do Cabe.
- Xudería e burgo medieval
Monforte pertence, xunto con outras 25 cidades españolas e portuguesas, á Rede Española de Xuderías, por estar ligada a súa historia á cultura sefardí. Aínda que os xudeus vivías mesturados coa poboación, habitaban na zona entre as rúas Zapaterías, Falagueira, Pescaderías e a actual Praza de España. No mesmo barrio atopamos o convento da Régoa, o antigo cárcere e parte das murallas medievais.
- Pazo de Tor
- Artigo principal: Pazo de Tor.
Situado nun outeiro na parroquia de Tor, é de estilo barroco e data do século XVIII, aínda que conserva algún vestixio anterior. Segundo os documentos, a súa orixe dátase do século IX. Relacionouse con varias liñaxes, como as dos Garza, Quiroga, Losada, Sarmiento ou Taboada. É un dos poucos pazos de Galicia que conserva todo o seu mobiliario e obxectos. Ademais, alberga unha completa biblioteca.[Cómpre referencia]
- Outros monumentos de interese
- Parroquias, igrexas e capelas do concello:
- Igrexa do Sagrado Corazón de Jesús, no barrio da Estación
- Capela de San Pedro, no barrio de San Pedro
- Igrexa de Santa María da Régoa.
- Capela hospital de Carude, no barrio de Carude
- Igrexa de San Atón.
- Igrexa das Clarisas
- Igrexa da Parte.
- Igrexa de Valverde.
- Igrexa da Penela.
- Igrexa de Baamorto.
- Igrexa de Ribas Altas.
- Igrexa de Reigada
- Igrexa de Bascós
- Igrexa de Chavaga
Rúas e prazas
No centro histórico atopamos as rúas máis comerciais. A máis importante da cidade é a rúa do cardeal Rodrigo de Castro que é peonil no seu tramo céntrico e está chea de tendas. Esta pasa pola Praza de España, onde atopamos a Rúa do Comercio, estreita e tamén peonil, onde atopamos a maioría dos comercios. Outra rúa a destacar pola súa concorrencia é a Avenida de Galicia, coas sedes dos grandes bancos e caixas, vértebra da cidade. Praza da Estación e Praza dos Chaos.
Tamén atopamos dúas grandes prazas que reciben o nome de campos, o Campo da Compañía, onde se atopa o colexio de Nosa Señora da Antiga, e o Campo de San Antón, cun cruceiro na honra a un antigo convento e onde atopamos tamén a sede do concello.
Cabe destacar tamén o Paseo do Malecón, que bordea todo o río Cabe polas dúas beiras, e a Rúa Duquesa de Alba, onde atopamos a zona de discotecas.
Museos
- Museo de Arte Sacra das Clarisas
A súa colección convérteo no museo máis destacado da cidade e nun dos máis importantes de España en arte sacra. Os VII condes de Lemos e vicerreis de Nápoles, que fundaron o convento no século XVII, doaron parte da súa colección particular.
- Pinacoteca dos Escolapios
- Artigo principal: Colexio de Nosa Señora da Antiga.
Esta pinacoteca de pequenas dimensións destaca polo valor das obras que garda. As dúas obras de maior importancias son de El Greco: Fray León meditando sobre a morte, e a Aparición da Virxe co Neno a San Lourenzo. Tamén conta con cinco táboas de Andrea del Sarto, un retrato de Francisco Pacheco e dous óleos da escola compostelá.
- Centro do Viño da Ribeira Sacra
Conta cunha exposición sobre o viño e a tradición do seu cultivo na zona. Tamén ten unha sala de catas, tapería e unha tenda con case todos os viños que se colleitan na Ribeira Sacra. O museo inaugurouse en 2009, nun edificio construído como hospital en 1583.
- Museo do Ferrocarril de Galicia
- Artigo principal: Museo do Ferrocarril de Galicia.
Inaugurado en 2007 é o único museo do ferrocarril que existe en Galicia e está situado nas antigas instalacións que albergaron no seu día un dos depósitos de tracción vapor máis importantes do norte de España. Nel atopamos varios coches e locomotoras históricas.
Nela atopamos as vaixelas, figuras e xoias de porcelana dura producidas por Sargadelos nas súas factorías no norte de Galicia.
Inaugurado en 2016.
Festividades
Festas patronais
Celébranse do 11 ó 16 de agosto na honra á patroa da cidade, a Virxe de Montserrat. Destacan nas festas os fogos de artificio desde o castelo, os fogos de artificio do río (actualmente non se realizan por motivos de seguridade), os concertos, o domingo gaiteiro, a procesión e o desfile de carrozas (suspendido dende o 2000).
Renovación do Voto
Celébrase o Martes de Pascua Consiste na renovación do voto por parte do Alcalde e pobo en xeral á patroa, a Virxe de Montserrat. Destacan a misa de renovación do voto, a procesión, e a bendición dos campos.
Patronais pequenas
Celébranse na honra a San Antón o 13 de xuño. Destaca a procesión dos pans. Hai pasarrúas, procesións, fogos de artificio desde a Ponte Vella.
San Brais
Tradición celebrada o 3 de febreiro. Nela os monfortinos bendicen roscas e cintas contra o mal da gorxa que se pasan polo pescozo do santo. A misa máis multitudinaria celébrase na igrexa parroquial conventual de San Vicente do Pino. Celébranse tamén misas por todas as igrexas da vila para celebrar esta festividade.
Semana Santa
- Procesión do Domingo de Ramos na ingresa parroquial do Sagrado Corazón de Xesús e Virxe do Carme da Estación.
- Destaca a procesión do Cristo Xacente de Gregorio Fernández, celebrada o Venres Santo, que parte da igrexa conventual das M.M. Clarisas, rezando o Via Crucis cara á actual parroquia de San Antón, e logo regresa ó convento.
- Procesión do Divino Ecce Homo e Nosa Señora das Dores e as súas confrarías, celebrada nos exteriores da igrexa conventual da Nosa Señora da Antiga ó rematar os Oficios de Venres Santo e que conta con numerosos fiéis.
- A Vixilia Pascual, ó Sábado Santo nas igrexas: PP. Escolapios, MM. Clarisas, Santa María da Régoa e Sagrado Corazón da Estación. Destaca a bendición do fogo, da auga dos asistentes e das candeas. Procesión de candeas e repartición de candeas e agua bendita para os fogares.
- Procesión da patroa, Nosa Señora de Montserrat, o Martes de Pascua, na igrexa de San Vicente do Pino, contando con numerosa asistencia, xa que é festivo local.
Romaría do San Mateo
Celébrase na parroquia da Parte, o 21 de setembro. É a romaría de máis sona da Terra de Lemos, e a ela achéganse moitas persoas de diversa procedencia.
Outras festas
- Festas da Estación. Na honra a Nosa Señora do Carme. No barrio da Estación o 16 de xullo.
- San Pedro. O 29 de xuño no barrio de San Pedro (actualmente non se fai, so hai misa na Capela de San Pedro).
- Santa Eufemia. O 16 de setembro. No barrio da Florida e San Vicente (actualmente non se celebra).
- San Xosé O 19 de marzo no barrio do Morín (actualmente non se celebra).
- San Xoán. O 23 e 24 de xuño no barrio dos Chaos.
- Festa de Santa Gemma, no barrio do Malvarón. Destaca a novena, a procesión, e a bendición de rosas na capela das Casas Baratas.
- Festas da Ascensión, no barrio de Rioseco, a fin de semana correspondente á solemnidade da Ascensión.
- Santa Lucía. O 13 de decembro no barrio de Ramberde.
- Festas de San Lázaro, a fin de semana anterior a Domingo de Ramos, no barrio de Carude.
- Entroido, celébrase na capital en febreiro. Destaca o desfile do Martes de Entroido.
- Feira Medieval, coincidindo co sábado de gloria organízase unha feira medieval que se sitúa na zona monumental do casco vello de Monforte.
- Festas do Río, festas de recente creación, celebradas no río Cabe en Monforte, o último fin de semana de xullo.
- Os Maios, no mes de maio.
- Festival de Jazz, en agosto.
- Verán Cultural, durante xullo e agosto.
- FanCine de Lemos, festival de cine fantástico e de terror, no mes de agosto.
Deporte
O principal club da cidade é o Club Lemos. Adicado á práctica do fútbol, o Club Lemos fundado en 1923 e xogou 51 tempadas en Terceira División,[18] sendo en 2017 o 12º equipo que máis tempadas competiu na categoría.[19] Os principais logros do club foron os campionatos do Campionato de Galicia e a Copa Galicia, conquistados nas tempadas 1935-36 e 1963-64.[20] Na tempada 2016-17 o equipo competiu na Preferente Autonómica de Galicia.
O equipo máis exitoso da cidade foi a Agrupación Deportiva A Pinguela, que chegou a competir na máxima categoría do voleibol español en categoría feminina, a Superliga, e que conquistou o título da segunda categoría en 2009, ano no que conseguiu o subcapionato da Copa da Princesa. O equipo foi fundado en 1987 e disolveuse en 2013 pola crise económica e a falta de xogadoras locais.[21]
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Monforte de Lemos.
-
Casa do concello.
-
Claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino.
-
Torre da homenaxe do castelo.
-
Torre da homenaxe.
-
Ponte de madeira en Monforte.
-
Monforte dende o Cabe, con San Vicente do Pino ó fondo.
-
Aeródromo das Lamas.
Lugares de Monforte de Lemos
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monforte de Lemos vexa: Lugares de Monforte de Lemos.
Parroquias
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Monforte de Lemos | |
---|---|
Baamorto (Santa María) | Bascós (San Martiño) | Caneda (Santalla) | O Chao do Fabeiro (San Ramón) | Chavaga (San Xoán) | Distriz (Santo André) | Fiolleda (San Cosmede) | Gullade (Santo Acisclo) | Guntín (Santa Lucía) | Marcelle (San Miguel) | Monforte de Lemos | Moreda (San Salvador) | As Nocedas (Santo Estevo) | A Parte (Santa María) | A Penela (Santa María) | Piñeira (San Martiño) | Reigada (San Salvador) | Ribas Altas (San Pedro) | Rozavales (Santa María) | San Xillao de Tor (San Xillao) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Seoane (San Salvador) | Sindrán (San Pedro) | Tor (San Xoán) | Valverde (San Pedro) | A Vide (San Cibrao) | Vilamarín (San Fiz) |
Notas
- ↑ Segundo Xosé-Henrique Costas González a forma correcta debería ser «montefortina/o», xa que o -ino sobre a forma do topónimo é sospeitoso de ser un castelanismo.
- ↑ Xosé-Henrique Costas González sinala que este xentilicio fai referencia a toda a comarca de Lemos.
- Referencias
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Monforte de Lemos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ O título de cidade foi concedido a Monforte en 1885, por decreto real de Afonso XIII, polo "aumento da súa poboación, progreso da súa industria e comercio e a súa constante adhesión á Monarquía Constitucional"
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua e cultura galega (PDF). Universidade de Vigo. p. 52.
- ↑ López de Prado y López & López de Prado 2010, p. 191.
- ↑ Aira Pardo, Felipe. "FAMILIAS JUDÍAS SEFARDITAS DE APELLIDO “LEMOS” O “DE LEMOS”" (en castelán). jrcasan.com. Consultado o 16 de outubro de 2016.
- ↑ Aira Pardo, Felipe. "ALCALDES DEL SIGLO XX EN MONFORTE 1931 - 1933" (en castelán). jrcasan.com. Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
- ↑ Aira Pardo, Felipe. "ALCALDES DEL SIGLO XX EN MONFORTE 1933 - 1936" (en castelán). jrcasan.com. Consultado o 5 de xaneiro de 2018.
- ↑ 12,0 12,1 "Un pouco de historia". Concello de Monforte de Lemos. Consultado o 30 de abril de 2017.
- ↑ 02/07/2002, Monforte pecha trinta anos de polémicas coa aprobación do escudo oficial
- ↑ Fundamentos do escudo de Monforte de Lemos, Servizo de Heráldica Admon Local de Galicia
- ↑ 15,0 15,1 "Monforte de Lemos" (en castelán). esgalicia.com. Consultado o 17 de outubro de 2016.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 "CLIMA: MONFORTE DE LEMOS" (en castelán). es.climate-data.org. Consultado o 17 de outubro de 2016.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (INE) España (ed.). "Poboación de municipios españois. Serie histórica. Monforte de Lemos.". Consultado o 7 de decembro de 2011.
- ↑ "La historia de un Club casi centenario..." (en castelán). Club Lemos. Consultado o 7 de maio de 2017.
- ↑ "Clasificación Histórica de Tercera División" (en castelán). arefepedia.es. Consultado o 7 de maio de 2017.
- ↑ "Palmarés" (en castelán). Club Lemos. Consultado o 7 de maio de 2017.
- ↑ Conde, Luis (14 de xullo de 2013). "Adeus a un hisórico do volei". La Voz de Galicia. Consultado o 7 de maio de 2017.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monforte de Lemos |
Bibliografía
López de Prado y López, Fernando; López de Prado, Marcos Mailoc (2010). Memorial de la Casa de Lemavia (en castelán). Vínculo y Mayorazgo de Lemavi. ISBN 5-800040-525328 |isbn=
incorrecto: invalid prefix (Axuda).
Outros artigos
- I Asemblea Agraria de Monforte
- II Asemblea Agraria de Monforte
- III Asemblea Agraria de Monforte
- Historia da comunidade xudía de Monforte de Lemos