Saltar ao contido

Mol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: clean up, removed: {{Química en progreso}} using AWB
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 21: Liña 21:


Para facérmonos unha idea, toda a Terra dividida en bolas de uns 15 cm de diámetro daría un número de bolas igual á constante de Avogadro.
Para facérmonos unha idea, toda a Terra dividida en bolas de uns 15 cm de diámetro daría un número de bolas igual á constante de Avogadro.

{{Química en progreso}}


[[Categoría:Química]]
[[Categoría:Química]]
[[Categoría:Unidades de medida]]
[[Categoría:Unidades de medida]]

{{Química en progreso}}

Revisión como estaba o 3 de maio de 2016 ás 18:46

A magnitude que expresa o número de partículas presentes nas sustancias é a magnitude básica de substancia. A súa unidade no SI e o mol.

Un mol é a cantidade de substancia que contén tantas entidades elementais (átomos, moléculas, electróns,...) como átomos hai en 0,012 kg de carbono 12. O número de átomos presentes en 12 g de carbono 12 é unha constante chamada constante de Avogadro, NA. Por isto, un mol é a cantidade de materia que contén un número de partículas igual a NA.

Non podemos contar os átomos ou as moléculas, pero existen métodos para determinar o número de partículas presentes nas substancias. Mediante estes métodos calculouse que o valor da constante de Avogadro é:

NA = 6.022045 · 1023 mol−1

A partir de agora, utilizaremos como valor da constante de Avogadro NA = 6.022 · 1023 mol−1 para simplificar os cálculos.

Un mol é a cantidade de substancia que contén 6,022 · 1023 unidades. Así:

  • 1 mol de moléculas contén: 6,022 · 1023 moléculas.
  • 1 mol de átomos contén: 6,022 · 1023 átomos.
  • 1 mol de electróns contén: 6,022 · 1023 electróns.

O mol refírese sempre a un número fixo de partículas, sexan átomos, ións... E incluso lapis e bolígrafos.

Para facérmonos unha idea, toda a Terra dividida en bolas de uns 15 cm de diámetro daría un número de bolas igual á constante de Avogadro.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.