Saltar ao contido

Método científico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Tipoloxías
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Características: corrixido dedutivo
Liña 15: Liña 15:
Son dous os piares básicos do método científico. O primeiro deles é a [[reproducibilidade]], é dicir, a capacidade de repetir un determinado experimento en calquera lugar e por calquera persoa. Este piar emprega para a súa práctica, esencialmente, a comunicación e a publicidade dos resultados obtidos (por ex. en xeito de [[artigo científico]]).
Son dous os piares básicos do método científico. O primeiro deles é a [[reproducibilidade]], é dicir, a capacidade de repetir un determinado experimento en calquera lugar e por calquera persoa. Este piar emprega para a súa práctica, esencialmente, a comunicación e a publicidade dos resultados obtidos (por ex. en xeito de [[artigo científico]]).


O segundo piar é a [[falseamento|falsabilidade]]. É dicir, que toda proposición científica ten que ter a posibilidade de ser falsada. Isto implica que se podan deseñar experimentos que no caso de dar resultados distintos ós preditos negarían a hipótese posta a proba. A falsabilidade no é máis que o ''[[modus tollendo tollens]]'' do [[método hipotético deductivo]] experimental.
O segundo piar é a [[falseamento|falsabilidade]]. É dicir, que toda proposición científica ten que ter a posibilidade de ser falsada. Isto implica que se podan deseñar experimentos que no caso de dar resultados distintos ós preditos negarían a hipótese posta a proba. A falsabilidade no é máis que o ''[[modus tollendo tollens]]'' do [[método hipotético deductivo|método hipotético dedutivo]] experimental.


Na actualidade os resultados da investigación científica son publicados en [[revista científica|revistas científicas]] especializadas tras críticas ou comentarios doutros expertos, correccións por parte dos autores e aínda verificación dos experimentos por outros equipos de investigación. Asemade, está comezando a ser usual que se publiquen na rede ([[internet]]) ó tempo que nas revistas científicas ou exclusivamente.
Na actualidade os resultados da investigación científica son publicados en [[revista científica|revistas científicas]] especializadas tras críticas ou comentarios doutros expertos, correccións por parte dos autores e aínda verificación dos experimentos por outros equipos de investigación. Asemade, está comezando a ser usual que se publiquen na rede ([[internet]]) ó tempo que nas revistas científicas ou exclusivamente.

Revisión como estaba o 6 de outubro de 2013 ás 17:50

Artigo principal: Ciencia.
Este artigo trata dos diversos métodos científicos usados históricamente. Para o uso da palabra en entornos técnicos actuais ver investigación científica.

O método científico constitúe o estudo sistemático, controlado, empírico e crítico de proposicións hipotéticas sobre presuntas relacións entre varios fenómenos naturais e é o mecanismo utilizado nas ciencias experimentais para validar ou invalidar unha teoría, por medio da experimentación ou da observación.

René Descartes, filósofo, matemático e físico francés, considerado pai da filosofía moderna, e un dos nomes máis destacados da revolución científica.

O método científico (do grego: -μετά = cara a, ó longo de- -οδός = camiño-; e do latín scientia = coñecemento; camiño ó coñecemento) é un método de investigación usado de xeito principal na produción de coñecemento nas ciencias. Para chamarse científico, un método de investigación debe basearse no empirismo e na medición, suxeito ós principios específicos das probas de razoamento.[1] O Oxford English Dictionary, di que o método científico é: "un método ou procedemento que ten caracterizado á ciencia natural dende o século XVII, que consiste na observación sistemática, medición e experimentación, e a formulación, análise e modificación das hipóteses."[2]

Segundo James B. Conant, non existe un método científico. O científico usa métodos de definición, métodos de clasificación, métodos estadísticos, métodos hipotético-dedutivos, procedementos de medición, ... polo que referirse a un único método científico é referirse ó conxunto de tácticas empregadas para constituír o coñecemento, suxeitas ó entorno histórico, e que de xeito eventual poderían ser outras no futuro.[3] Iso lévanos a tentar sistematizar as distintas pónlas no interior do método científico.

Características

Son dous os piares básicos do método científico. O primeiro deles é a reproducibilidade, é dicir, a capacidade de repetir un determinado experimento en calquera lugar e por calquera persoa. Este piar emprega para a súa práctica, esencialmente, a comunicación e a publicidade dos resultados obtidos (por ex. en xeito de artigo científico).

O segundo piar é a falsabilidade. É dicir, que toda proposición científica ten que ter a posibilidade de ser falsada. Isto implica que se podan deseñar experimentos que no caso de dar resultados distintos ós preditos negarían a hipótese posta a proba. A falsabilidade no é máis que o modus tollendo tollens do método hipotético dedutivo experimental.

Na actualidade os resultados da investigación científica son publicados en revistas científicas especializadas tras críticas ou comentarios doutros expertos, correccións por parte dos autores e aínda verificación dos experimentos por outros equipos de investigación. Asemade, está comezando a ser usual que se publiquen na rede (internet) ó tempo que nas revistas científicas ou exclusivamente.

Historia

Fronte ós límites do azar ou á casualidade que en poucas ocasións provén coñecemento ou sabiduría, -ben coñecemento científico, do ben ou, como indica Aristóteles na súa Ética a Nicómaco, do ben máximo que é a felicidade-, Platón e mismo Aristóteles advertían da necesidade de seguir un método cun conxunto de regras ou axiomas que debían levar ó fin proposto. Sócrates, Platón e Aristóteles, entre outros grandes filósofos gregos, propuxeron os primeiros métodos de razoamento filosófico, matemático, lóxico e técnico.

Mentras durou a época medieval, foron os filósofos, físicos, matemáticos, astrónomos e médicos do mundo islámico os que fixeron súa, desenvoltaron e difundiron a herdanza da filosofía grega -entre outros Alhazen, Al-Biruni e Avicena-. Tamén debe recoñeocerse ós que contribuíron á difusión de ditos coñecementos por Europa; figuras como Roberto Grosseteste e Roger Bacon, coa imprescindible labor da Escola de Tradutores de Toledo.

Pero non foi ata a idade moderna cando se consolidou unha nova Filosofía Natural. Descartes (1596-1650) no seu Discurso do método define por primeira vez unhas regras do método para dirixir ben a razón e procurar a verdade nas ciencias.[4] Aínda con diferenzas notables, foron moitos os que defenderon a necesidade dun método que permitira a investigación da verdade.

Dun punto de vista empírico ou científico, como agora o entendemos, débese nomear a precursores do método científico como Leonardo da Vinci (1452-1519), Copérnico (1473-1543), Kepler (1571-1630) e Galileo (1564-1642), os que aplicaban regras metódicas e sistemáticas para acadar a verdade. Galileo Galilei contribuiu a reforzar a idea de separar o coñecemento científico da autoridade, a tradición e a fe.

Dende a filosofía e a ciencia -daquela o coñecemento aínda era unitario e non estaba dividido- debemos nomear, además de a René Descartes, a Francis Bacon (1561-1626) o que consolidou o método indutivo dando paso ó empirismo, a Pascal (1623-1662), Spinoza (1632-1677), Locke (1632-1704), Malebranche (1638-1715), Newton (1643-1727), Leibniz (1646-1716), David Hume (1711-1776), Kant (1724-1804) e Hegel (1770-1831).

A filosofía recoñece moitos métodos, entre eles, o método por definición, demostración, dialéctico, transcendental, intuitivo, fenomenolóxico, semiótico, axiomático, ou o indutivo.[5] A filosofía da ciencia é a que, en conxunto, mellor establece os supostos ontolóxicos e metodolóxicos das ciencias, sinalando a súa evolución na historia da ciencia e os distintos paradigmas que desenvolve.

Tipoloxías

A sistematización dos métodos científicos é complexa. Non existe unha única clasificación, nin aínda que só sexaá hora de considerar cántos métodos distintos existen. Ademáis é importante saber que ningún método é un camiño infalible para o coñecemento, todos constitúen unha proposta racional para chegar a el.

Véxase tamén

Outros artigos

Referenzas

  1. "Rules for the study of natural philosophy", Newton 1999, pp 794-6, libro 3, The System of the World.
  2. Oxford English Dictionary - entrada para scientific.
  3. Gregorio Klimovsky, Las desventuras del conocimiento científico. Una introducción a la epistemología, A-Z editora, Bs.As., 1997, ISBN, 950-534-275-6
  4. René Descartes. Discurso do método. Segundo título ou indicación ó título principal: Discours de la methode. Pour bien conduire la raison & chercher
  5. Método en Diccionario de Filosofía J. Ferrater Mora, Ariel, Barcelona, 1994, ISBN 84-344-0500-8, p. 2402