Saltar ao contido

Torremolinos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: oc:Torremolinos
Liña 32: Liña 32:
[[nl:Torremolinos]]
[[nl:Torremolinos]]
[[nn:Torremolinos]]
[[nn:Torremolinos]]
[[oc:Torremolinos]]
[[pl:Torremolinos]]
[[pl:Torremolinos]]
[[ro:Torremolinos]]
[[ro:Torremolinos]]

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2012 ás 12:11

Vista da baía de Málaga desde Torremolinos

Torremolinos é un municipio español situado na provincia de Málaga, na costa mediterránea da comunidade autónoma de Andalucía. É a cabeza do partido xudicial homónimo e está integrado na comarca da Costa do Sol Occidental, a mancomunidade do mesmo nome e o área metropolitana de Málaga.[1]

Características

Está situado na Costa do Sol, no lado occidental da baía de Málaga e ás costas da Sierra de Mijas. Atópase a unha altitude de 49 msnm e a 13 km de Málaga, a capital de provincia. Está comunicado mediante a autovía A-7, que circunvala a cidade polo norte, así como por tren de proximidades.

No ano 2008 contaba con 63.077 habitantes, que o converten no sexto municipio máis poboado da provincia. O seu termo municipal ten unha superficie de 20 quilómetros cadrados e unha densidade de poboación de 3.153,85 hab/km², que se multiplica durante os meses de verán.

Desde os anos 50, Torremolinos, que anteriormente foi un pequeno pobo de pescadores, é un dos principais destinos turísticos de sol e praia de España e o primeiro de Andalucía. A afluencia de estranxeiros e turistas en xeral crearon un ambiente liberal e permisivo que aínda se respira na actualidade.

Torremolinos tamén é coñecido localmente como Torroles[2].

Notas