Antonov: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (Bot: Modifico: uk:Авіаційний науково-технічний комплекс імені Олега Антонова |
|||
Liña 9: | Liña 9: | ||
== Produtos == |
== Produtos == |
||
[[Ficheiro:Antonov An-22 1.jpg|right|250px|thumb|[[Antonov An-22|An-22]].]] |
[[Ficheiro:Antonov An-22 1.jpg|right|250px|thumb|[[Antonov An-22|An-22]].]] |
||
Os avións Antonov van desde o desgarbado [[Antonov An-2]], ([[biplano]] demasiado grande para ser biplano), o avión de recoñecemento [[Antonov An-28]], ata os enormes estratéxicos [[Antonov An-124]] e [[Antonov An-225]] ( |
Os avións Antonov van desde o desgarbado [[Antonov An-2]], ([[biplano]] demasiado grande para ser biplano), o avión de recoñecemento [[Antonov An-28]], ata os enormes estratéxicos [[Antonov An-124]] e [[Antonov An-225]] (este último o maior avión xamais construído e o maior en servizo, verdadeiro xigante dos ceos). Outros menos famosos serven coma transporte de pasaxeiros de curto, mediano e longo alcance, especialmente en Rusia e [[Europa Oriental]]. O [[Antonov An-70|An-70]] exteriormente se asemella ó [[Airbus]] [[Airbus A400M|A400M]]. |
||
As actividades do complexo Antonov inclúen: |
As actividades do complexo Antonov inclúen: |
Revisión como estaba o 23 de decembro de 2011 ás 00:13
Antonov, ou Complexo Cientifico/Técnico Aeronáutico Antonov (Antonov ASTC) (en ucraíno:Авіаційний науково-технічний комплекс імені Антонова, АНТК ім. Антонова), antigamente a Compañía de Deseño Antonov, é unha compañía de deseño e fabicante de aeronaves e proveedora de servizos aeronáuticos con base en Kiev, Ucraína (desde 1952) con particular experiencia no campo da construción de aeronaves moi grandes, tanto para uso comercial (carga e pasaxe) coma para defensa.
Historia
O nome da compañía ven do enxeñeiro ucraíno Oleg Antonov, que a fundou o 31 de maio de 1946, e principal deseñador do Antonov An-2. An-8, An-24, An-22 e outros lexendarios avións. É unha empresa de propiedade estatal. A compañía carece das instalacións necesarias para a construción total de algunhas naves, como resultado das restrincións impostas polo goberno central da Unión Soviética que repartía a construción da industria militar entre as súas diferentes rexións. Tal distribución minimizou os riscos de guerra interna, e evitaba que as repúblicas desenrrolaran unha autosuficiencia económica. Dado isto, os avións Antonov eran con frecuencia contruídos polas compañías Járkov (Ucraína), Novosibirsk (Rusia) e Tashkent (Usbequistán).
Produtos
Os avións Antonov van desde o desgarbado Antonov An-2, (biplano demasiado grande para ser biplano), o avión de recoñecemento Antonov An-28, ata os enormes estratéxicos Antonov An-124 e Antonov An-225 (este último o maior avión xamais construído e o maior en servizo, verdadeiro xigante dos ceos). Outros menos famosos serven coma transporte de pasaxeiros de curto, mediano e longo alcance, especialmente en Rusia e Europa Oriental. O An-70 exteriormente se asemella ó Airbus A400M.
As actividades do complexo Antonov inclúen:
- Deseño e construción de aeronaves.
- Transporte de carga (Aeroliñas Antonov).
- Mantemento e mellora de aeronaves.
- Apoio en Enxeñería aerospacial.
- Operación do Aeroporto Antonov.
- Deseño e construción de trolebuses.
Aeronaves
Nave | Nome | Designación OTAN | Primeiro vó | Observación |
---|---|---|---|---|
A-40 | Krylayaty Tank | 1942 | Tanque alado | |
An-2 | Colt | 31 de agosto de 1947 | Biplano monomotor multiusos | |
An-3 | Colt | Conversión a turbinas do An-2 | ||
An-4 | Colt | An-2 con flotadores | ||
An-6 | Meteo | Colt | Avión de recoñecemento baseado no An-2 | |
An-8 | Camp | 1955 | Transporte militar lixeiro | |
An-10 | Ukraina | Cat | marzo de 1957 | Transporte medio a turbinas |
An-12 | Cub | 16 de decembro de 1957 | Transporte militar a turbinas, baseado no An-10 | |
An-14 | Pchelka | Clod | 1958 | Bimotor lixeiro |
An-22 | Antei | Cock | febreiro de 1965 | Transporte pesado para longas distancias |
An-24 | Coke | 20 de outubro de 1959 | Dobre turbina | |
An-26 | Curl | 1969 | Dobre turbina, baseado no An-24 | |
An-28 | Cash | setembro de 1969 | Transporte lixero de dobre turbina, baseado no An-14 | |
An-30 | Clank | 1967 | An-24 adaptado para fotografía aérea | |
An-32 | Cline | 1976 | Dobre turbina, estrutura do An-26 con motor extra | |
An-38 | 1994 | Transporte lixeiro de dobre turbina, An-28 ensanchado | ||
An-70 | 16 de decembro de 1994 | Transporte pesado, con 4 motores de turbohélice, para reemplazar o An-12 | ||
An-71 | Madcap | 12 de xullo de 1985 | Avión de radar naval desenrrolado xunto co An-72 | |
An-72 | Cheburashka | Coaler | 31 de agosto de 1977 | Transporte de moi curto alcance, emprega o Efecto Coanda |
An-74 | Cheburashka | Coaler | 1983 | Versión civil do An-72 |
An-88 | Proxecto para avión de radar, no completado | |||
An-124 | Ruslán | Cóndor | 1982 | Transporte militar; o maior avión xamáis producido en masa |
An-140 | 18 de setembro de 1994 | Avión a turbinas de curto alcance para aeroliñas | ||
An-148 | 17 de decembro de 2004 | Desenrrolo rexional a chorro do An-140, con motores frente baixo as ás. | ||
An-174 | An-74 agrandado con motores frente baixo as ás. | |||
An-180 | en desenrrolo | Avión a turbinas de mediano alcance para aeroliñas, aredor de 175 pasaxeiros | ||
An-204 | ||||
An-218 | postergado | Turbohélice grande para aeroliñas | ||
An-225 | Mriya | Cossack | 21 de decembro de 1988 | Derivado do transporte militar An-124 |
OKA-38 | ||||
SKV |
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonov |