Bandeira da India: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m Bot Engadido: es:Bandera de la India; cambios estética |
||
Liña 62: | Liña 62: | ||
[[Categoría:Bandeiras|India]] |
[[Categoría:Bandeiras|India]] |
||
⚫ | |||
{{Link FA|de}} |
{{Link FA|de}} |
||
{{Link FA|en}} |
{{Link FA|en}} |
||
{{Link FA|hu}} |
{{Link FA|hu}} |
||
{{Link FA|ml}} |
{{Link FA|ml}} |
||
⚫ | |||
[[ar:علم الهند]] |
[[ar:علم الهند]] |
||
Liña 81: | Liña 81: | ||
[[el:Σημαία της Ινδίας]] |
[[el:Σημαία της Ινδίας]] |
||
[[en:Flag of India]] |
[[en:Flag of India]] |
||
[[es:Bandera de la India]] |
|||
[[et:India lipp]] |
[[et:India lipp]] |
||
[[eu:Indiako bandera]] |
[[eu:Indiako bandera]] |
Revisión como estaba o 1 de setembro de 2010 ás 12:18
Bandeira da India | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 22 de xullo de 1947 |
Cores | Azafrán Branco Verde Azul |
A bandeira da India é unha enseña tricolor rectangular de cores azafrán, branco e verde indio, co Ashoka Chakra, unha roda de vinte e catro radios, de cor azul no centro. Foi aprobada na súa forma actual durante unha reunión da Asemblea Constituínte celebrada o 22 de xullo de 1947, cando se fixo a bandeira oficial do Dominio da India. A bandeira foi posteriormente mantida como a da República da India. Na India, úsase para denominar á banderia o termo "tricolor" (en hindi: तिरंगा, Tirangā). A bandeira está baseada na bandeira Swaraj, unha bandeira do Congreso Nacional Indio deseñada por Pingali Venkayya.
A bandeira, por lei, debe ser feita de khadi, un tipo especial de pano fiado de algodón ou seda que fixo popular Mahatma Gandhi. O proceso de fabricación e as especificacións para a súa sinalización está definido polo Bureau of Indian Standards. O dereito de fabricación da bandeira posúeo a superintendencia da Khadi and Village Industries Commission. A partir de 2009, o Karnataka Khadi Gramodyoga Samyukta Sangha é o único fabricante da bandeira.
Uso da bandeira está rexido polo Código de Bandeira da India e outras leis relacionadas cos emblemas nacionais. O código orixinal prohibía o uso da bandeira por particulares, excepto en feirados nacionais, como o Día da Independencia e o Día da República. En 2002, ao escoitar o chamamento dun cidadán particular, a Corte Suprema da India dirixiuse ao Goberno da India para cambiar o código e permitir o uso da bandeira polos cidadáns. Posteriormente, o Consello de Ministros trocou o código para permitir o uso limitado. O código foi cambiado unha vez máis, en 2005, para permitir algunha utilización adicional, incluíndo adaptacións de certos tipos de roupa. O código de bandeira tamén regula o protocolo de voar a bandeira e a súa utilización xunto con outras bandeiras nacionais e non nacionais.
Simbolismo
Poucos días antes da independencia da India, o 15 de agosto de 1947, a Asemblea constituínte decicidiu que a bandeira da India tería que ser aceptable para todos os partidos e grupos da época. Escolleuse unha bandeira con tres cores, azafrán, branco e verde co ashoka chakra, a roda da xustiza. Sarvepalli Radhakrishnan, que despois se converteu no primeiro vicepresidente da India, deixou claro que a bandeira adoptada tiñan un significado claro:
A cor azafrán denota renuncia. Os nosos líderes teñen que ser indiferentes ás ganancias materiais e dedicarse só ao seu traballo. O branco no centro marca o caminio da verdade para guiar a nosa conduta. O verde mostra a nosa relación co sol, a nosa relación coa vida vexetal. O ashoka chakra no centro do branco é a roda da xustiza de dharma. India non debería resistir máis o cambio, debe moverse e ir cara adiante. A roda representa o dinamismo dun cambio pacífico. Representa tamén as 24 horas dun día.
Unha interpretación que é coñecida popularmente, aínda que non é oficial, é que o azafrán significa pureza e espiritualidade, o branco paz e verdade mentres que o verde é fertilidade e prosperidade. Por última a roda signficiaría xustiza.
Historia
A comezos do século XX, dado que o movemento de independencia da India, que buscabar a liberdade permanente do Dominio colonial británico, conseguiu gañar terreo, viuse a necesidade dunha bandeira nacional que servise como un podereso símbolo desas inspiracións de independencia. En 1904 Irmã Nivedita, unha discípula de Swami Vivekananda, suxeriu unha primeira bandeira da India, que máis tarde se coñeceu como «bandeira de Irmã Nivedita». Era un cadrado de cor vermello cun encadre amarelo; mostraba unha vajra (raio) cun loto sacro a cada lado. Inscribíronse as palabras «nai [terra], inclínome diante túa» en Bengala. A cor vermella ejemplificaba a loita pola liberdade, o amarelo significaba vitoria e o loto a pureza.
A primeira bandeira tricolor saíu á luz o 7 de agosto de 1906, durante unha protesta contra a partición de Bengala, por Schindra Prasad Bose en Calcuta. Esa bandeira foi coñecida como a Bandeira de Calcuta. Tiña tres bandas horizontais de igual tamaño, a superior de cor laranxa, a do centro de amarelo e o inferior verde. Tiña oito flores de loto semi abertas na parte superior, mentres que abaixo había unha figura dun sol e dunha lúa crecente. As palabras vande mataram foron escritas no centro con letra devánagari.[1]
O 22 de agosto de 1907 Bhikaiji Cama despregou outra bandeira tricolor en Stuttgart, Alemaña. A parte superior era verde, azafrán a central e vermella a inferior. O verde facía referencia ao Islam, o azafrán á vez para hinduísmo e budismo. A bandeira tiña oito lotos na banda verde, representado ao oito provincias da India británica. Tiña escritas as mesmas palabras que a bandeira de Calcuta. Na parte inferior había unha lúa crciente e á beira oposto un sol. Foi deseñada por Bhikaiji Cama, Veer Savarkar e Shyamji Krishna Varma.[1] Esta bandeira, a partir da Primeira Guerra Mundial, foi usada polo Comité de Berlín que reunía aos revolucionarios indios exiliados. Doutra banda e ao mesmo tempo, a bandeira do Partido Ghadar foi usada en Estados Unidos como símbolo da India aínda que só por un curto período.
A Liga de Autogoberno de Toda a India, formada por Bal Gangadhar Tilak e Annie Besant en 1917 adoptou unha nova bandeira, a cal incluía cinco bandas vermellas e catro verdes horizontais. Sobre o cuadrante superior esquerdo situábase a bandeira do Reino Unido, o que significaba o status de dominio que a liga tentaba alcanzar. Unha lúa crecente e unha estrela, ambas as en branco atopábanse no lado oposto á bandeira británica. Sete estrelas brancas dispúñase como a constelación da Osa Maior que ten un carácter sacro para o hindúismo.
Un ano antes, en 1916, Pingali Venkayya, de Machilipatnam, tentou elaborar unha bandeira nacional común a todos. Os seus esforzos chamaron a atención de Umar Sobani e SB Bomanji que xuntos formaron a Misión da Bandeira Nacional Indiana. Cando Venkayya busco a aprobación de Mahatma Gandhi para a bandeira, Mahatma suxeriu a incorporación do chakra, como unha roda de fiar na bandeira, que simboliza a "personificación da India e a redención de todos os seus males". A humilde roda converteuse nun símbolo da recuperación económica da India. Venkayya pensou nunha bandeira co chakrá sobre un fondo vermello e verde. Con todo, Gandhi respondeu que esa bandeira non representaba a todas as relixións da India.
Deseñar outra bandeira para abordar as preocupacións de Gandhi. Nesta ocasión foi tricolor, con branco na parte superior, verde no medio e vermello na inferior, simbolizando ás relixións minoritarias, musulmáns e hindús, respectivamente, co chakrá situado entre o tres bandas. As paralelas foron retiradas por ser moi semellantes á Bandeira de Irlanda, símbolo doutra loita pola independencia do Imperio Británico. Esta bandeira foi, primeiramente, enarborada na reunión do congreso en Ahmedabad. Aínda que esta bandeira non fora adoptada como banderal oficial do Congreso Nacional Indio, esta foi usada durante o movemento de independencia.
Con todo, houbo moitos que non quedaron satisfeitos coa interpretación da bandeira. O Congreso da India Sánscrita, que reuniu en Calcuta en 1924, suxeriu a inclusión da cor azafrán ou o ocre e a maza de Vishnú como símbolo dos hindús. Mais tarde, nese ano, suxeriuse o geru (unha terra de cor avermellada) que, segundo eles, "caracteriza o espírito de renuncia e simboliza un ideal común para algúns hindús e musulmáns". Os sijs reforzaron a súa reivindicación para a inclusión da cor amarela, que os representaría. Se esa petición non se atendía, persistirían na idea de que a bandeira abandonase totalmente o simbolismo relixioso.
Para resolver estas cuestións o Cómite de Traballo do Congreso nomeou un Comité da Bandeira de sete membros o 2 de abril de 1931. Como resultado das súas deliberacións, propuxo unha bandeira nunha só cor, ocre, e unha Chakra na parte superior do rectángulo. A pesar da recomendación do comité de bandeira, o Congreso Nacional Indio non a adoptou ao considerala un proxecto cunha ideoloxía comunista.
Máis tarde, aprobouse a resolución final sobre a bandeira nunha reunión do Comité do Congreso en Karachi en 1931. A bandeira tricolor foi aprobada e, deseguido, deseñada por Pingali Venkayya. Esta composta por tres bandas horizontais de cor azafran, branco e verde, cunha Chakra situada no centro. As cores foron interpretados da seguinte forma: azafrán polo valor; branco pola verdade e a paz; verde pola fé e a prosperidade. A Chakra simboliza a revitalización económica da India e a laboriosidade do seu pobo.
Ao mesmo tempo estábase usando unha variante de bandeira polo Exército Nacional Indio, a cal incluía as palabras Azad Hind cun trigre no lugar da Chakra. Facía referencia á loita armada de Subhas Chandra Bose en oposición á política de "non violencia" de Gandhi. Esta, tricolor, foi izada por primeira vez en chan indio en Manipur por Bose.
Poucos días antes de que a India consiguera a súa independencia do Imperio Británico en agosto de 1947, a Asemblea Constituínte formouse para discutir sobre a bandeira da India. Crearon un comité respecto diso presidido por Rajendra Prasad que incluía a Abul Kalam Azad, Sarojini Naidu, C. Rajagopalachari, Kanhaiyalal Maneklal Munshi e B.R. Ambedkar como seis membros. O Comité de Bandeira constituíuse o 23 de xuño de 1947 cando se iniciaron as deliberacións sobre o asunto. Despois de tres semanas tomaron unha decisión o 4 de xullo de 1947, considerando que a bandeira do Congreso Nacional Indio debería ser adoptada como Bandeira Nacional de India coas adecuadas modificacións para que fose aceptada por todos os partidos e comunidades do país. Entre eses cambios adoptouse a Roda do dharma no canto da Chakra. A bandeira foi enarborada por primeira vez como a dun país independente o 15 de agosto de 1947.[2]
Proceso manufacturero
Despois de que India se conviertiese nunha república en 1950, o Consello da Norma de India (CNI), impuxo as especificacións da bandeira por primeira vez en 1951. Foron revisadas en 1964 para seguir o sitema métrico, que se aprobou na India. As especificacións foron novamente alteradas o 17 de agosto de 1968.[2] As especificacións abarcan todos os requisitos esenciais para a fabricación da bandeira india, incluíndo tamaños, cor, valores cromáticos, brillo, fíos e cordas de cáñamo. Estas orientacións son moi rigorosas e calquera defecto na manufactura da bandeira considérase unha seria ofensa e delito, suxeito a termos de multa, prisión ou ambos.[3]
Notas
Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA