Saltar ao contido

Saartjie Baartman: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Engade 1 libro para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Estevoaei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
(Non se amosan 6 revisións feitas por 4 usuarios.)
Liña 1: Liña 1:
{{sen notas}}
{{sen notas}}
{{Biografía}}
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Sawtche ( dite Sarah Saartjie Baartman), étudiée comme Femme de race Bôchismann, Histoire Naturelle des Mammifères, tome II, Cuvier, Werner, de Lasteyrie.jpg|miniatura|Sarah ''Saartjie'' Baartman]]
[[Ficheiro:Sawtche ( dite Sarah Saartjie Baartman), étudiée comme Femme de race Bôchismann, Histoire Naturelle des Mammifères, tome II, Cuvier, Werner, de Lasteyrie.jpg|miniatura|dereita|Sarah ''Saartjie'' Baartman.]]
[[Ficheiro:Baartman.jpg|miniatura|Unha caricatura de Baartman]]
[[Ficheiro:Baartman.jpg|miniatura|dereita|Unha caricatura de Baartman.]]
'''Saartjie Baartman''', tamén coñecida polo alcume de '''A venus hotentote''', foi unha bailarina surafricana, nada en [[1789]] preto do río [[Gamtoos]], na [[Colonia do Cabo]] (actual [[República de Suráfrica]]) e falecida o [[15 de decembro]] de [[1815]] en [[París]].


'''Saartjie Baartman''', nada preto do río [[Gamtoos]], na [[Colonia do Cabo]] (actual [[República de Suráfrica]]) en [[1789]] e finada en [[París]] o [[15 de decembro]] de [[1815]], foi unha bailarina surafricana, tamén coñecida polo alcume de '''A venus hotentote'''.
== A vida ==
== Traxectoria ==
Saartjie Baartman nace nunha familia [[khoisan]] na fronteira oriental da provincia [[Países Baixos|neerlandesa]] de [[Colonia do Cabo]], que se estendía por toda a metade occidental do cono sur surafricano. Cando nena, queda orfa logo dun ataque do exército neerlandés, e é levada como criada a unha facenda preto de [[Cidade do Cabo]], onde lle impoñen este nome, que vén significando ''Sariña''. O seu nome real descoñécese.
Saartjie Baartman naceu nunha familia [[khoisan]] na fronteira oriental da provincia [[Países Baixos|neerlandesa]] de [[Colonia do Cabo]], que se estendía por toda a metade occidental do cono sur surafricano. Cando nena, quedou orfa logo dun ataque do exército neerlandés, e foi levada como criada a unha facenda preto de [[Cidade do Cabo]], onde lle impoñen este nome, que vén significando ''Sariña''. O seu nome real descoñécese.


O seu dono é Hendryk Cesars, un asistente de [[raza negra]] e [[escravismo|libre]] do doutor e militar británico Alexander Dunlop. Dunlop convence a Cesars de que lle pode sacar partido económico ao corpo de Baartman en Inglaterra, posto que como correspondía á súa raza, tiña unhas [[nádega]]s moi prominentes, o que se coñece co nome científico de [[esteatopixía]], e uns labios [[vaxina]]is moi visíbeis ([[frontal hotentote]]). Con 21 anos, por volta de 1810, é levada máis ou menos ás agachadas dende Cidade do Cabo, xa baixo o dominio [[Reino Unido|británico]] ata [[Londres]]. Algunhas fontes apuntan que o gobernador británico [[Du Pre Alexander]] sabía desta viaxe; outras a que se fixo sen o seu permiso.
O seu dono foi Hendryk Cesars, un asistente de [[raza negra]] e [[escravismo|libre]] do doutor e militar británico Alexander Dunlop. Dunlop convenceu a Cesars de que lle podía sacar partido económico ao corpo de Baartman en Inglaterra, posto que como correspondía á súa raza, tiña unhas [[nádega]]s moi prominentes, o que se coñece co nome científico de [[esteatopixía]], e uns labios [[vaxina]]is moi visíbeis ([[frontal hotentote]]). Con 21 anos, por volta de 1810, levárona máis ou menos ás agachadas dende Cidade do Cabo, xa baixo o dominio [[Reino Unido|británico]], ata [[Londres]]. Algunhas fontes apuntan que o gobernador británico [[Du Pre Alexander]] sabía desta viaxe; outras a que se fixo sen o seu permiso.


Publicitada como a ''[[venus]] [[hotentote]]'' Baartman actuou como bailarina por primeira vez o [[24 de setembro]] de [[1810]] en [[Piccadilly]] (Londres). A súa sona fíxose importante a gran velocidade, axudada polo contexto social e político, e especialmente polas súas [[caricatura]]s. Porén, só uns meses despois, os [[abolicionismo|abolicionistas]] británicos, convencidos de que a Baartman a trouxeran ao Reino Unido pola forza, abren un preito público sobre a súa situación legal. Ela di que quere quedar, e ante a falta de probas, o caso remata aí, outorgándolle unha maior publicidade aínda.
Publicitada como a ''[[venus]] [[hotentote]]'' Baartman actuou como bailarina por primeira vez o [[24 de setembro]] de [[1810]] en [[Piccadilly]] (Londres). A súa sona fíxose importante a gran velocidade, axudada polo contexto social e político, e especialmente polas súas [[caricatura]]s. Porén, só uns meses despois, os [[abolicionismo|abolicionistas]] británicos, convencidos de que a Baartman a trouxeran ao Reino Unido pola forza, abriron un preito público sobre a súa situación legal. Ela dixo que quere quedar, e ante a falta de probas, o caso rematou aí, outorgándolle unha maior publicidade aínda.


En [[1814]] viaxa a [[Francia]], onde é recibida como unha grande estrela. Daquela é un comerciante de animais o que se fai cargo da súa representación e exhibición. En [[1815]] posa durante tres días como modelo vivente diante de científicos ([[Georges Cuvier]], [[Henri de Blainville]], [[Étienne Saint-Hilaire]]...) e artistas ([[Léon de Wailly]], [[Nicolas Huet]], [[Jean-Baptiste Berré]]...).
En [[1814]] viaxou a [[Francia]], onde foi recibida como unha grande estrela. Daquela un comerciante de animais fíxose cargo da súa representación e exhibición. En [[1815]] posou durante tres días como modelo vivente diante de científicos como [[Georges Cuvier]], [[Henri de Blainville]], [[Étienne Saint-Hilaire]]...) e artistas ([[Léon de Wailly]], [[Nicolas Huet]] ou [[Jean-Baptiste Berré]]. Só unhas semanas despois, o [[15 de decembro]] faleceu, con 26 anos, probabelmente vítima das [[vexigas]]. Disecouse o seu cadáver, fervéronse os [[óso]]s e os xenitais e mais o cerebro conserváronse en [[formol]], exhibíndose durante case dous séculos no [[Muséum National d'Histoire Naturelle]] de París primeiro, e logo no [[Musée de l'Homme]].

Só unhas semanas despois, o [[15 de decembro]] faleceu, con 26 anos, probabelmente vítima das [[vexigas]]. Disecouse o seu cadáver, fervéronse os [[óso]]s e os xenitais e mais o cerebro conserváronse en [[formol]], exhibíndose durante case dous séculos no [[Muséum National d'Histoire Naturelle]] de París primeiro, e logo no [[Musée de l'Homme]].


== Iconografía ==
== Iconografía ==
A súa imaxe non foi a única, pero si unha das máis reproducidas como emblema da beleza da [[muller]] africana, vista, iso si, dende a perspectiva do ollo masculino e [[colonialismo|colonial]], especialmente [[Reino Unido|británico]] e [[Francia|francés]]. A súa figura foi reproducida en gravados científicos e [[anatomía|anatómicos]], en folletos e pósters, en [[banda deseñada]], en pinturas e en [[escultura]]s.
A súa imaxe non foi a única, pero si unha das máis reproducidas como emblema da beleza da [[muller]] africana, vista, iso si, dende a perspectiva do ollo masculino e [[colonialismo|colonial]], especialmente [[Reino Unido|británico]] e [[Francia|francés]]. A súa figura reproduciuse en gravados científicos e [[anatomía|anatómicos]], en folletos e pósters, en [[banda deseñada]], en pinturas e en [[escultura]]s.


Quizais a súa representación máis coñecida foi a que lle fixo o pintor Léon de Wailly, imitando a pose da [[Renacemento|renacentista]] [[Venus Cnidia]].
Quizais a súa representación máis coñecida foi a que lle fixo o pintor Léon de Wailly, imitando a pose da [[Renacemento|renacentista]] [[Venus Cnidia]].
Liña 24: Liña 22:


== Papel político ==
== Papel político ==
Na sociedade [[Xurxo III do Reino Unido|xurxiá]] británica, o [[Cu (anatomía)|cu]] prominente era un tema de discusión permanente, e a aparición de Saartjie Baartman non fixo máis que acender os debates. Coincidiu no tempo co ascenso ao posto de [[Primeiro ministro do Reino Unido|primeiro ministro]] de [[William Wyndham Grenville]], que tiña unhas nádegas avultadas tamén. De feito, a coalición [[Whig]] que apoiaba a Grenville eran chamados os ''cu-grandes'' e os ''cuístas'' (''bottomites''). Baartman foi así empregada tamén no xénero do caricaturismo político, como símbolo da coalición gobernante.
Na sociedade [[Xurxo III do Reino Unido|xurxiá]] británica, o [[nádegas|cu]] prominente era un tema de discusión permanente, e a aparición de Saartjie Baartman non fixo máis que acender os debates. Coincidiu no tempo co ascenso ao posto de [[Primeiro ministro do Reino Unido|primeiro ministro]] de [[William Wyndham Grenville]], que tiña unhas nádegas avultadas tamén. De feito, a coalición [[Whig]] que apoiaba a Grenville eran chamados os ''cu-grandes'' e os ''cuístas'' (''bottomites''). Baartman foi así empregada tamén no xénero do caricaturismo político, como símbolo da coalición gobernante.


== A repatriación ==
== A repatriación ==
Co remate do [[apartheid]] e o ascenso ao poder en Suráfrica de [[Nelson Mandela]] ([[1994]]), Baartman regresa á actualidade. O [[antropoloxía|antropólogo]] Philip Tobias iniciou unha campaña para o regreso do cadáver ao continente africano, e o tema foi central na axenda política durante a primeira visita de [[François Mitterrand]] á Suráfrica de Mandela. A repatriación do cadáver foi respaldada polos políticos e a opinión pública francesa, pero tivo que enfrontar as críticas dalgúns conservadores de arte e responsábeis de museos, que entendían que o seu corpo formaba parte do [[patrimonio]] francés.
Co remate do [[apartheid]] e o ascenso ao poder en Suráfrica de [[Nelson Mandela]] ([[1994]]), Baartman regresa á actualidade. O [[antropoloxía|antropólogo]] Philip Tobias iniciou unha campaña para o regreso do cadáver ao continente africano, e o tema foi central na axenda política durante a primeira visita de [[François Mitterrand]] á Suráfrica de Mandela. A repatriación do cadáver foi respaldada polos políticos e a opinión pública francesa, pero tivo que enfrontar as críticas dalgúns conservadores de arte e responsábeis de museos, que entendían que o seu corpo formaba parte do [[patrimonio]] francés.


Pero as cousas levaron o seu tempo, e non foi ata o ano [[2002]] cando Baartman regresou a Suráfrica. En maio de [[2002]] os seus restos chegaron a Suráfrica, e o [[9 de agosto]], o día nacional da muller, Baartman foi [[incineración|incinerada]] con funeral de estado no val do río [[Gamtoos]], nun outeiro sobre a viliña de [[Hankey]] onde se supón que naceu.
Pero as cousas levaron o seu tempo, e non foi ata o ano [[2002]] cando Baartman regresou a Suráfrica. En maio de [[2002]] os seus restos chegaron a Suráfrica, e o [[9 de agosto]], o día nacional da muller, Baartman foi [[cremación|incinerada]] con funeral de estado no val do río [[Gamtoos]], nun outeiro sobre a viliña de [[Hankey]] onde se supón que naceu.

== Cinema ==
En [[1998]], a directora [[Zola Maseko]] rodou un documental en Francia sobre a súa vida, titulado ''A venus hotentote''.


== Curiosidades ==
== Na cultura popular ==
* En [[1998]], a directora [[Zola Maseko]] rodou un documental en Francia sobre a súa vida, titulado ''A venus hotentote''.
{{Curiosidades}}
* O escritor de [[ciencia ficción]] [[Paul Di Filippo]] usou a súa historia como base da segunda parte da súa ''[[Steampunk Trilogy]]''.
* O escritor de [[ciencia ficción]] [[Paul Di Filippo]] usou a súa historia como base da segunda parte da súa ''[[Steampunk Trilogy]]''.
* A dramaturga [[Suzan-Lori Parks]] fixo o propio na súa obra de teatro ''Venus''.
* A dramaturga [[Suzan-Lori Parks]] narrou a súa historia na súa obra de teatro ''Venus''.
* O primeiro buque de protección ambiental de Suráfrica recibiu o nome de Sarah Baartman ([[2005]]).
* O primeiro buque de protección ambiental de Suráfrica recibiu o nome de Sarah Baartman ([[2005]]).
* [[Victor Hugo]] fala dela na súa obra ''[[Les Misérables]]'' en [[1862]]: ''«Paris est bon enfant. Il accepte royalement tout ; il n'est pas difficile en fait de Vénus ; sa callipyge est hottentote ; pourvu qu'il rie, il amnistie ; la laideur l'égaye, la difformité le désopile, le vice le distrait [...] »''. Tamén o cantante [[Georges Brassens]] a cita na peza ''Entre la rue Didot et la rue de Vanves'': ''« Passait une belle gretchen au carrefour du château [...] callipyge à prétendre jouer les Vénus chez les hottentots. »''
* [[Victor Hugo]] fala dela na súa obra ''[[Les Misérables]]'' en [[1862]]: ''«Paris est bon enfant. Il accepte royalement tout ; il n'est pas difficile en fait de Vénus ; sa callipyge est hottentote ; pourvu qu'il rie, il amnistie ; la laideur l'égaye, la difformité le désopile, le vice le distrait [...] »''.
* O cantante [[Georges Brassens]]cítaa en "Entre la rue Didot et la rue de Vanves": « Passait une belle gretchen au carrefour du château [...] callipyge à prétendre jouer les Vénus chez les hottentots».


== Bibliografía ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{cita libro
* {{cita libro | apelidos=Gilman|nome=Sander L. | título =Black Bodies, White Bodies: Toward an Iconography of Female Sexuality in Late Nineteenth-Century Art, Medicine, and Literature | ano =1986 | publicación =In Gates, Henry (Ed.). ''Race, Writing and Difference''. Chicago, University of Chicago Press | id = ISBN 0226284344 }}
| autor =Gilman, Sander L.
* {{cita libro | ligazón-autor=Stephen Jay Gould|apelidos=Gould|nome=Stephen Jay | título =The Hottentot Venus | ano =1985 | publicación =In ''The flamingo's smile: reflections in natural history''. New York, W.W. Norton and Company | id = ISBN 0393022285 }}
| título =Black Bodies, White Bodies: Toward an Iconography of Female Sexuality in Late Nineteenth-Century Art, Medicine, and Literature
* {{cita libro | apelidos=Holmes|nome=Rachel | título =African queen: the real life of the Hottentot Venus | url =https://archive.org/details/africanqueenreal00holm | ano =2006 | publicación =New York. Random House | id = ISBN 1400061369 }}
| ano =1986
* {{cita libro |apelidos=Strother|nome=Z.S. | título =Display of the Body Hottentot | ano =1999 | publicación =In Lindfors, B. (Ed.). ''Africans on stage: studies in ethnological show business''. Bloomington, Indiana University Press | id = ISBN 0253334683 }}
| publicación =In Gates, Henry (Ed.). ''Race, Writing and Difference''. Chicago, University of Chicago Press
| id = ISBN 0226284344
}}
* {{cita libro
| autor =[[Stephen Jay Gould|Gould, Stephen Jay]]
| título =The Hottentot Venus
| ano =1985
| publicación =In ''The flamingo's smile: reflections in natural history''. New York, W.W. Norton and Company
| id = ISBN 0393022285
}}
* {{cita libro
| autor =Holmes, Rachel
| título =African queen: the real life of the Hottentot Venus
| url =https://archive.org/details/africanqueenreal00holm
| ano =2006
| publicación =New York. Random House
| id = ISBN 1400061369
}}
* {{cita libro
| autor =Strother, Z.S.
| título =Display of the Body Hottentot
| ano =1999
| publicación =In Lindfors, B. (Ed.). ''Africans on stage: studies in ethnological show business''. Bloomington, Indiana University Press
| id = ISBN 0253334683
}}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión actual feita o 31 de marzo de 2024 ás 22:24

Modelo:BiografíaSaartjie Baartman

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Sarah Baartman Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1789 Editar o valor en Wikidata
Colonia do Cabo Editar o valor en Wikidata
Morte29 de decembro de 1815 Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteVaríola Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHankey (en) Traducir 33°50′14″S 24°53′05″L / -33.8372, 24.8848 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónintérprete Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1798120
Sarah Saartjie Baartman.
Unha caricatura de Baartman.

Saartjie Baartman, nada preto do río Gamtoos, na Colonia do Cabo (actual República de Suráfrica) en 1789 e finada en París o 15 de decembro de 1815, foi unha bailarina surafricana, tamén coñecida polo alcume de A venus hotentote.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Saartjie Baartman naceu nunha familia khoisan na fronteira oriental da provincia neerlandesa de Colonia do Cabo, que se estendía por toda a metade occidental do cono sur surafricano. Cando nena, quedou orfa logo dun ataque do exército neerlandés, e foi levada como criada a unha facenda preto de Cidade do Cabo, onde lle impoñen este nome, que vén significando Sariña. O seu nome real descoñécese.

O seu dono foi Hendryk Cesars, un asistente de raza negra e libre do doutor e militar británico Alexander Dunlop. Dunlop convenceu a Cesars de que lle podía sacar partido económico ao corpo de Baartman en Inglaterra, posto que como correspondía á súa raza, tiña unhas nádegas moi prominentes, o que se coñece co nome científico de esteatopixía, e uns labios vaxinais moi visíbeis (frontal hotentote). Con 21 anos, por volta de 1810, levárona máis ou menos ás agachadas dende Cidade do Cabo, xa baixo o dominio británico, ata Londres. Algunhas fontes apuntan que o gobernador británico Du Pre Alexander sabía desta viaxe; outras a que se fixo sen o seu permiso.

Publicitada como a venus hotentote Baartman actuou como bailarina por primeira vez o 24 de setembro de 1810 en Piccadilly (Londres). A súa sona fíxose importante a gran velocidade, axudada polo contexto social e político, e especialmente polas súas caricaturas. Porén, só uns meses despois, os abolicionistas británicos, convencidos de que a Baartman a trouxeran ao Reino Unido pola forza, abriron un preito público sobre a súa situación legal. Ela dixo que quere quedar, e ante a falta de probas, o caso rematou aí, outorgándolle unha maior publicidade aínda.

En 1814 viaxou a Francia, onde foi recibida como unha grande estrela. Daquela un comerciante de animais fíxose cargo da súa representación e exhibición. En 1815 posou durante tres días como modelo vivente diante de científicos como Georges Cuvier, Henri de Blainville, Étienne Saint-Hilaire...) e artistas (Léon de Wailly, Nicolas Huet ou Jean-Baptiste Berré. Só unhas semanas despois, o 15 de decembro faleceu, con 26 anos, probabelmente vítima das vexigas. Disecouse o seu cadáver, fervéronse os ósos e os xenitais e mais o cerebro conserváronse en formol, exhibíndose durante case dous séculos no Muséum National d'Histoire Naturelle de París primeiro, e logo no Musée de l'Homme.

Iconografía

[editar | editar a fonte]

A súa imaxe non foi a única, pero si unha das máis reproducidas como emblema da beleza da muller africana, vista, iso si, dende a perspectiva do ollo masculino e colonial, especialmente británico e francés. A súa figura reproduciuse en gravados científicos e anatómicos, en folletos e pósters, en banda deseñada, en pinturas e en esculturas.

Quizais a súa representación máis coñecida foi a que lle fixo o pintor Léon de Wailly, imitando a pose da renacentista Venus Cnidia.

O corpo de Baartman foi un dos modelos empregados polo pintor Henri Matisse como inspiración do seu libro O espido azul (1907).

Papel político

[editar | editar a fonte]

Na sociedade xurxiá británica, o cu prominente era un tema de discusión permanente, e a aparición de Saartjie Baartman non fixo máis que acender os debates. Coincidiu no tempo co ascenso ao posto de primeiro ministro de William Wyndham Grenville, que tiña unhas nádegas avultadas tamén. De feito, a coalición Whig que apoiaba a Grenville eran chamados os cu-grandes e os cuístas (bottomites). Baartman foi así empregada tamén no xénero do caricaturismo político, como símbolo da coalición gobernante.

A repatriación

[editar | editar a fonte]

Co remate do apartheid e o ascenso ao poder en Suráfrica de Nelson Mandela (1994), Baartman regresa á actualidade. O antropólogo Philip Tobias iniciou unha campaña para o regreso do cadáver ao continente africano, e o tema foi central na axenda política durante a primeira visita de François Mitterrand á Suráfrica de Mandela. A repatriación do cadáver foi respaldada polos políticos e a opinión pública francesa, pero tivo que enfrontar as críticas dalgúns conservadores de arte e responsábeis de museos, que entendían que o seu corpo formaba parte do patrimonio francés.

Pero as cousas levaron o seu tempo, e non foi ata o ano 2002 cando Baartman regresou a Suráfrica. En maio de 2002 os seus restos chegaron a Suráfrica, e o 9 de agosto, o día nacional da muller, Baartman foi incinerada con funeral de estado no val do río Gamtoos, nun outeiro sobre a viliña de Hankey onde se supón que naceu.

[editar | editar a fonte]
  • En 1998, a directora Zola Maseko rodou un documental en Francia sobre a súa vida, titulado A venus hotentote.
  • O escritor de ciencia ficción Paul Di Filippo usou a súa historia como base da segunda parte da súa Steampunk Trilogy.
  • A dramaturga Suzan-Lori Parks narrou a súa historia na súa obra de teatro Venus.
  • O primeiro buque de protección ambiental de Suráfrica recibiu o nome de Sarah Baartman (2005).
  • Victor Hugo fala dela na súa obra Les Misérables en 1862: «Paris est bon enfant. Il accepte royalement tout ; il n'est pas difficile en fait de Vénus ; sa callipyge est hottentote ; pourvu qu'il rie, il amnistie ; la laideur l'égaye, la difformité le désopile, le vice le distrait [...] ».
  • O cantante Georges Brassenscítaa en "Entre la rue Didot et la rue de Vanves": « Passait une belle gretchen au carrefour du château [...] callipyge à prétendre jouer les Vénus chez les hottentots».

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gilman, Sander L. (1986). Black Bodies, White Bodies: Toward an Iconography of Female Sexuality in Late Nineteenth-Century Art, Medicine, and Literature. In Gates, Henry (Ed.). Race, Writing and Difference. Chicago, University of Chicago Press. ISBN 0226284344. 
  • Gould, Stephen Jay (1985). The Hottentot Venus. In The flamingo's smile: reflections in natural history. New York, W.W. Norton and Company. ISBN 0393022285. 
  • Holmes, Rachel (2006). African queen: the real life of the Hottentot Venus. New York. Random House. ISBN 1400061369. 
  • Strother, Z.S. (1999). Display of the Body Hottentot. In Lindfors, B. (Ed.). Africans on stage: studies in ethnological show business. Bloomington, Indiana University Press. ISBN 0253334683.