Hermann Heinrich Gossen: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Personalidades da economía; engado a Categoría:Economistas mediante HotCat |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5 |
||
(Non se amosa unha revisión feita por outro usuario.) | |||
Liña 24: | Liña 24: | ||
* [https://web.archive.org/web/20091024081044/http://www.isftic.mepsyd.es/w3/recursos/bachillerato/economia/economistas/gossen.htm Hermann Heinrich Gossen (1810-1858)] |
* [https://web.archive.org/web/20091024081044/http://www.isftic.mepsyd.es/w3/recursos/bachillerato/economia/economistas/gossen.htm Hermann Heinrich Gossen (1810-1858)] |
||
* [http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/gossen.htm Biografía de Hermann Heinrich Gossen] |
* [http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/gossen.htm Biografía de Hermann Heinrich Gossen] |
||
* [http://www.eumed.net/cursecon/economistas/gossen.htm Grandes economistas-Hermann Heinrich Gossen (1810-1858)] |
* [http://www.eumed.net/cursecon/economistas/gossen.htm Grandes economistas-Hermann Heinrich Gossen (1810-1858)] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20190913221633/http://www.eumed.net/cursecon/economistas/gossen.htm |date=13 de setembro de 2019 }} |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
[[Categoría:Nados en 1810]] |
[[Categoría:Nados en 1810]] |
||
[[Categoría:Finados en 1858]] |
[[Categoría:Finados en 1858]] |
||
[[Categoría:Economistas]] |
[[Categoría:Economistas de Alemaña]] |
||
[[Categoría:Ensaístas]] |
[[Categoría:Ensaístas]] |
||
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]] |
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]] |
Revisión actual feita o 20 de novembro de 2023 ás 23:06
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1810 Düren, Alemaña |
Morte | 13 de febreiro de 1858 (47 anos) Colonia, Alemaña |
Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía |
Ocupación | economista |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Госсен Герман Генрих) Allgemeine Deutsche Biographie |
Hermann Heinrich Gossen, nado en Düren o 7 de setembro de 1810 e finado en Colonia o 13 de febreiro de 1858, foi un economista alemán, autor de "Evolución das leis do intercambio humano", obra en que enuncia unha serie de leis que logo serviron de base para a teoría da utilidade marxinal.[1][2]
Gossen estudou en Bonn e traballou na administración prusiana ata a súa retirada en 1847. Posteriormente, dedicouse á venda de seguros. Precursor do marxinalismo e da economía matemática, permaneceu totalmente ignorado ata que o primeiro Jevons e despois Walras rescatárono do esquecemento, poñendo de manifesto os importantes logros do seu Entwicklung der Gesetze des menschlichen Verkehrs ("Desenvolvemento das leis do intercambio entre os humanos") de 1854.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Antes de Gossen, numerosos teóricos, incluídos Gabriel Cramer,[4] Daniel Bernoulli,[5] William Forster Lloyd,[6] Nassau William Senior,[7] e Jules Dupuit[8] empregaron ou afirmaron a importancia dalgún concepto de utilidade marxinal. Porén, Cramer, Bernoulli e Dupuit centráronse en problemas específicos, Lloyd non presentou ningunha aplicación e se Senior realmente empregou o desenvolvemento dunha teoría máis xeral,[9] fíxoo cunha linguaxe que provocou que a maioría dos lectores non se desen de conta da aplicación.
Gossen partía da idea de que o obxecto da conduta humana era conseguir o máximo gozo posible. Baseándose nisto, formulou dúas leis que levan o seu nome:
- A primeira lei de Gossen, coñecida como "Lei do decerecemento da utilidade marxinal", supón que a cantidade de gozo que un individuo obtén dunha unidade dun ben diminúe a medida que van satisfacendo as súas necesidades con outras unidades de devandito ben.
- A segunda lei de Gossen, coñecida como "Lei da igualdade das utilidades marxinales ponderadas", sostén que o máximo gozo se consegue cando para todos os bens a última unidade monetaria investida neles produce a mesma utilidade.
A partir delas, os autores neoclásicos puxeron de manifesto a súa oposición á explicación teórica de que os valores de cambio (prezos) dos bens son os custos de produción, tal como sostiñan os autores clásicos, para quen o valor de uso dun bien (ou utilidade) non servía para explicar os prezos aos que se efectuaba o intercambio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario enciclopédico universal, Oceano Color, ISBN 84-7764-793-3
- ↑ White, Michael V; "Diamonds Are Forever(?): Nassau Senior and Utility Theory" en The Manchester School of Economic & Social Studies 60 (1992) #1 (marzo).
- ↑ Jevons, William Stanley; The Theory of Political Economy, "Preface the Second Edition" (1879).
- ↑ Cramer, Garbriel; carta do 21 de maio de 1728 a Nicolaus Bernoulli (excerpted in PDF Arquivado 09 de setembro de 2008 en Wayback Machine.)
- ↑ Bernoulli, Daniel (1738). "Specimen theoriae novae de mensura sortis" [Exposition of a new theory on the measurement of risk]. Commentarii Academiae Scientiarum Imperialis Petropolitanae [Memoirs of the Imperial Academy of Science at St. Petersburg] (en latín e francés) 5: 175–192.
- ↑ Lloyd, William Forster; Lectures on Population, Value, Poor Laws and Rent (1837).
- ↑ Senior, Nassau William (1836). An Outline of the Science of Political Economy. Londres: W. Clowes and Sons.
- ↑ Dupuit, Jules; “De la mesure de l’utilité des travaux publics”, Annales des ponts et chaussées, Second series, 8 (1844).
- ↑ White, Michael V; “Diamonds Are Forever(?): Nassau Senior and Utility Theory” in The Manchester School of Economic & Social Studies 60 (1992) #1 (marzo)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gossen, Hermann Heinrich; Die Entwickelung der Gesetze des menschlichen Verkehrs, und der daraus fließenden Regeln für menschliches Handeln (1854). Translated into English as The Laws of Human Relations and the Rules of Human Action Derived Therefrom (1983) MIT Press, ISBN 0-262-07090-1. Reproducido por Google books en alemán.
- Klaus Hagendorf: A Critique of Gossen's Fundamental Theorem of the Theory of Pleasure