palabra
Galego
- Etimoloxía: do latín parabŏla 'comparación', en latín tardío 'proverbio', 'parábola', e este do grego παραβολή parabolḗ.
palabra
- Son ou conxunto de sons que expresan unha idea e constitúen unha unidade autónoma.
- Exemplo: A palabra fútbol é un neoloxismo
.
- Exemplo: A palabra fútbol é un neoloxismo
Sinónimos
- Representación gráfica dese conxunto de sons.
- Exemplo: Unha frase de tres palabras.
- Exemplo: Unha frase de tres palabras.
- Facultade de falar.
- Exemplo: O home ten o don da palabra. Perder a palabra.
- Exemplo: O home ten o don da palabra. Perder a palabra.
Sinónimos
- Maneira de falar.
- Exemplo: Ten facilidade de palabra. Quedouse sen palabras
.
- Exemplo: Ten facilidade de palabra. Quedouse sen palabras
- Mensaxe divina que se contén nas Escrituras.
- Exemplo: Palabra de Deus
.
- Exemplo: Palabra de Deus
- Promesa feita sobre a honra de que o que se di é certo.
- Exemplo: Douche a miña palabra de que foi así. El non foi, palabra
.
- Exemplo: Douche a miña palabra de que foi así. El non foi, palabra
- Dereito a falar nunha reunión, vez para falar.
- Exemplo: Pedir a palabra. Dar a palabra.
- Exemplo: Pedir a palabra. Dar a palabra.
- Exercicio da facultade de falar.
- Exemplo: Corteille a palabra
.
- Exemplo: Corteille a palabra
- Ditos que non se corresponden con ningunha realidade.
- Exemplo: Todo se quedou en palabras. Non son máis ca palabras, non lle fagas caso
. - Exemplo: Aquilo que se di.
- Exemplo: Todo se quedou en palabras. Non son máis ca palabras, non lle fagas caso
Exemplo: Debes pronunciar unhas palabras. Citas literalmente as palabras do autor
.
Termos relacionados
- con boas palabras
- con medias palabras
- dar palabra
- deixar coa palabra na boca (a alguén)
- de palabra
- dirixirlle a palabra (a alguén)
- en poucas palabras
- faltar á palabra
- medir as palabras
- non dar palabra
- non dicir palabra
- nunha palabra
- palabra composta
- palabra de honor
- palabras maiores
- quitarlle (a alguén) a palabra da boca
- ser de poucas palabras
- ter o don da palabra
- tomar a palabra
- última palabra