folla
Galego
- Pronuncia: /ˈfo.ʎa̝/ (AFI)
folla (sg: folla; pl: follas)
- (Botánica) Cada un dos órganos das plantas, xeralmente de forma laminar e de cor verde, que cumpren funcións de respiración, excreción e fotosíntese.
- Exemplo: O que se acolle debaixo da folla, dúas veces se molla.
- Exemplo: O que se acolle debaixo da folla, dúas veces se molla.
- (Por extensión) Tipo de follas (órganos das plantas).
- Lámina delgada e plana.
- Cada unha das partes dun tipo de porta, dividida transversalmente en dous, que poden abrir e pechar independentemente.
- Termos relacionados: postigo.
- Corpo do bacallau estendido e desecado.
- (Agricultura) Parcela de terra que se sementa en sistemas de rotación de cultivos.
- Exemplo: Este ano está o pan nesta folla; o ano que vén estará na outra.
- Exemplo: Este ano está o pan nesta folla; o ano que vén estará na outra.