Galego

 
Farol chinés
  •   Pronuncia: /fa.'ɾɔl/ (AFI)

  Substantivo masculino

farol (sg: farol; pl: farois)

  1. Obxecto en forma de caixa ou cilíndrico, portátil ou fixo a un poste, a un muro ou ao teito, con paredes de vidro ou outro material translúcido e con respiradeiros, en cuxo interior se coloca unha luz para alumar, que pode ser de combustión (de gas, de petróleo ou de aceite) ou eléctrico.
    • Exemplo: Ás oito da tarde acendéronse os farois das rúas.

      .
  2. Dito ou feito sen fundamento que se fai para presumir ante alguén.
    • Exemplo: O vello botou un farol.

      .
  3. (Figurado) Envite feito para desorientar aos contrarios nos xogos de cartas.
    • Exemplo: O tahúr fixo un farol na partida de póquer.

      .

Véxase tamén

Termos relacionados

farol de situación, medio farol, adiante cos farois