cantiga
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués cantiga, derivado ben de cantar ou dun substrato celta *cantǐcā ou *cantīcā.
- Pronuncia: /kɑn.ˈti.ɣɐ/ (AFI)
cantiga (sg: cantiga; pl: cantigas)
- (Literatura) Composición en verso á que se lle pon música para ser cantada. Son de carácter profano e propias da lírica galaico-portuguesa, e desenvolvéronse na Idade Media, especialmente entre os séculos XIII e mediados do XIV. Divídense, principalmente, en tres grandes xéneros: as cantigas de amor, as cantigas de amigo e as cantigas de escarño e maldicir.
- Exemplo: As cantigas medievais galego-portuguesas
.
- Exemplo: As cantigas medievais galego-portuguesas