época
Galego
- Etimoloxía: do latín epocha, e este do grego antigo εποχή (período de tempo, era), derivado do verbo grego antigo επέχο (ocupar, encher [un espazo], estenderse, dominar, reinar, conter, continuar).
- Pronuncia: [ˈɛ.pʊ.kɐ] (AFI)
época (sg: época; pl: épocas)
- Período de tempo marcado por algún suceso ou personaxe importante, ou por unhas determinadas características.
- (Xeoloxía) Unidade cronoxeolóxica que corresponde ao tempo durante o cal se depositaron os materiais pertencentes a unha serie. É unha subdivisión dun período xeolóxico. V.
Locucións
- época anaglacial. (Xeoloxía) V. anaglacial.
- época cataglacial. (Xeoloxía) V. cataglacial.
- época pleniglacial. (Xeoloxía) Época de máis baixas temperaturas nun ciclo glacial, con arrefriamento xeral dos mares e redución da cantidade de precipitacións, ou que determina climas fríos e áridos.