A zoofilia (do grego zoon, "animal", e philia, "afinidade") ou bestialismo é unha parafilia que consiste na atracción sexual dun humano cara a un animal irracional. As persoas que senten esta afinidade ou atracción sexual son coñecidas como zoófilos. Bestialidade refírese á actividade sexual entre especies entre humanos e animais non humanos.[a] Debido á falta de investigación sobre o tema, é difícil concluír como é a prevalencia da bestialidade.[2] Pola súa banda, un estudo estimouse que a zoofilia prevalece no 2% da poboación en 2021.[3]

Prácticas sexuais zoofílicas

Historia

editar
Véxase tamén: Historia da zoofilia.
 
Un kylix que representa a Sileno mantendo relacións sexuais cun cervatillo, datado despois do 500 a.C.
 
Lámpada de aceite romana que data dos séculos I-III d.C. que representa un acto zoofílico

A perspectiva histórica sobre a zoofilia e a bestialidade varía moito, desde a era prehistórica, onde aparecen representacións da bestialidade na arte rupestre europea,[4] ata a Idade Media, onde a bestialidade castigábase coa execución. En moitas partes do mundo, a bestialidade é ilegal segundo as leis de maltrato animal ou as leis que tratan a sodomía ou crimes contra a natureza.

Características

editar

Dende unha perspectiva psicanalítica, o animal debe ser considerado un "obxecto de transición" para superar o complexo de Edipo.[5]

Na preadolescencia poden darse xogos masturbatorios e ata o coito con animais, sobre todo en rapaces que viven en zonas rurais. Estas experiencias adoitan ser transitorias, pois o número de adultos que as manteñen é moi reducido. Nestes casos non se pode falar de individuos zoófilos.[6]

A zoofilia semella aparecer en situacións de carestía sexual, en ocasións entre oligofrénicos. Frecuentemente os actos zoofílicos van asociados ao consumo de alcohol e non poucas veces acompañados dun comportamento sádico. A zoofilia non é legalmente punible en Europa, salvo cando implica un sufrimento para o animal.[7]

  1. Os termos adoitan usarse indistintamente, pero é importante facer unha distinción entre a atracción (zoofilia) e o acto (bestialidade).[1]

Referencias

editar
  1. Ranger, R.; Fedoroff, P. (2014). "Commentary: Zoophilia and the Law". Journal of the American Academy of Psychiatry and the Law Online 42 (4): 421–426. PMID 25492067. 
  2. Holoyda, Brian; Sorrentino, Renee; Hatters Friedman, Susan; Allgire, John (2018). "Bestiality: An introduction for legal and mental health professionals". Behavioral Sciences & the Law 36 (6): 687–697. PMID 30306630. doi:10.1002/bsl.2368. Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  3. Campo-Arias, Adalberto; Herazo, Edwin; Ceballos-Ospino, Guillermo A. (marzo 2021). "Review of cases, case series and prevalence studies of zoophilia in the general population" (PDF). Revista Colombiana de Psiquiatría (en castelán) 50 (1): 34–38. ISSN 0034-7450. PMID 33648694. doi:10.1016/j.rcp.2019.03.003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2022-02-04. 
  4. Paul G. Bahn (1998). The Cambridge Illustrated History of Prehistoric Art. Cambridge University Press. p. 188. ISBN 978-0-521-45473-5. 
  5. GISBERT CALABUIG, J.A.; VILLANUEVA CAÑADAS, E. (2004). [Médicina legal y toxicología]. Elsevier España. ISBN 84-458-1415-X.  (en castelán)
  6. Trastornos del comportamiento y de la personalidad. Salud mental del niño de 0 a 12 años. Módulo 8. EUNED. 2008. ISBN 9977-64-378-4.  (en castelán)
  7. SCHARFETTER, Ch. (1988). [Introducción a la psicopathologia general]. Ediciones Morata. ISBN 84-7112-327-4.  (en castelán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar