Xeve, Pontevedra
Santo André de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1.066 habitantes (560 mulleres e 506 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 1.219 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve como concello independente, aínda que agora pertence ó de Pontevedra. Nesta parroquia naceu a escritora Fina Casalderrey.
Santo André de Xeve | |
---|---|
Antiga casa consistorial | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°27′45″N 8°35′02″O / 42.4625, -8.58388889 |
Área | 11,01 km² |
Poboación | 1.066 hab. (2017) |
Densidade | 96,82 hab./km² |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A parroquia sitúase no nordeste da cidade e linda con Santa María de Xeve, Mourente, Bora, así como co veciño concello de Cerdedo-Cotobade.
Lugares de interese
editarNa parroquia emprázase o campo de tiro de Cernadiñas Novas, onde se celebran competicións nesta modalidade deportiva. Destacan a igrexa parroquial (do século XVI e reformada no XVII), a casa reitoral, situada nas súas inmediacións, e a capela de san Roque.
Celebracións relixiosas
editarO patrón da parroquia é santo André e a súa festa celébrase o día 30 de novembro. Tamén se celebran os días de san Roque, do Santísimo (no primeiro domingo despois do Corpus Christi) e da Virxe do Carme (o terceiro domingo de agosto).
Xeve na literatura popular
editarOs dous refráns seguintes foron recollidos por Bouza Brey[2] aplicados ós afamados canteiros de Xeve e da parroquia estremeira de Bora. Explica que os canteiros desta localidade teñen sona de aduaneiros.
- De Bora, un, e de Xeve, ningún.
- Un de Xeve e outro de Bora botan ao mestre fóra da obra.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de Santo André de Xeve.
Lugares e parroquias
editarLugares de Xeve
editarLugares da parroquia de Xeve no concello de Pontevedra | |
---|---|
O Couso | Filgueira | Fragoso | Maúnzo | Santa Cruz | Sobral |
Parroquias de Pontevedra
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Teatro de carnaval de Galicia", en Etnografía y folklore de Galicia. tomo II, Xerais 1982, 203. O artigo fora xa publicado en Revista de Dialectología y tradiciones populares, tomo V, Madrid 1949.