Xacemento xeolóxico
Un xacemento, en xeoloxía, é unha formación na que está presente unha concentración estatisticamente anómala (superior á normal) de minerais (depósitos minerais) presentes na codia terrestre (ou na litosfera).
Un xacemento mineiro é aquel xacemento no cal a cantidade e calidade dos minerais presentes xustifica un maior estudo, que ten por obxectivo definir en cantidade, calidade, profundidade e dimensión do depósito co fin de desenvolver as actividades mineiras para que a explotación do xacemento sexa economicamente rendíbel coas tecnoloxías dispoñíbeis no momento.
A maioría dos elementos químicos naturais, incluso os menos abundantes, encóntranse na codia en cantidades considerábeis. Porén, para que sexan extraíbeis necesítanse concentracións que só aparecen de maneira excepcional e, ademais, dunhas adecuadas condicións de accesibilidade. Algúns procesos xeolóxicos internos e externos poden producir localmente concentracións económicas de materiais como menas explotábeis de metais, carbóns ou hidrocarburos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Meléndez, B. e Fuster, J. Mª (1981): Geología. 4ª ed. Madrid: Paraninfo S.A. ISBN 84-283-0956-6.