William Daniel Phillips
William Daniel Phillips, nado en Wilkes-Varre (Pensilvania) o 5 de novembro de 1948, é un físico estadounidense.
Traxectoria
editarA súa tese doutoral trataba sobre o momento magnético do protón na auga. Despois traballou co condensado Bose-Einstein. En 1997 gañou o Premio Nobel de Física xunto con Claude Cohen-Tannoudji e Steven Chu polas súas contribucións ao campo da refrixeración mediante láser, unha técnica para mover átomos en estado gasoso para estudalos mellor desenvolvidos no NIST. Phillips é tamén profesor de física na Universidade de Maryland.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Curriculum Vitae (en inglés).
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |