Virxilio Fernández

pintor galego

Virxilio Fernández Cañedo, nado en Ourense en 1925 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 2011, foi un pintor galego.

Modelo:BiografíaVirxilio Fernández
Biografía
Nacemento1925 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1049216 BUSC: virxilio-1925

Traxectoria

editar

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Integrouse no grupo "Sete artistas galegos" (Os Artistiñas), con Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Manuel Buciños, Arturo Baltar, Acisclo Manzano e Xavier Pousa Carrera. Expuxo por primeira vez en 1954 no Liceo ourensán. En 1957 ingresou na École Nationale Supérieure des Beaux Arts de París, para completar a súa formación. En 1972 expuxo por primeira vez en Milán e a partir de 1975 deuse a coñecer en Alemaña. En 1991 realizou unha exposición antolóxica no Centro Cultural Caixavigo que o consagrou definitivamente en Galicia.

Virxilio é un debuxante minucioso e un paisaxista conciso. Tamén é autor de retablos, pintura a modo de baixorrelevo, que transmite un enorme lirismo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar